|
CARNAVAL ou ENTROIDO- PROVINCIA DE OURENSE.
Pulsa en cada entroido, tendrás una explicación del mismo.
Web escrita por Secundino Lorenzo Fdez
|
Galos en San Pedro da Mezquita
![]()

Copiado de O Sil, especial Entroido en Galicia, onde Ir , que ver. Marzo 2019

Na vila de Seixalbo os protagonistas son uns mecos que forman parella e que durante todo o ano fican separados un do outro. Responden ao nome de Paquita e Nicanor.
Cando chega o Entroido son levados en procesión ata a Praza Maior para xuntalos de novo e presidir a celebración desta festa.
Colocados no escenario á fronte dos seus veciños, Paquita, Nicanor e seu fillo, acompañados polos seus peculiares compañeiros de desfile, aclaran a súa situación de parella. Teñen que ser sinceros, de aí que os "señores" e as "señoras" que os acompañan comentan algunhas das súas falcatruadas extramatrimoniais dos últimos meses nunhas regueifas que fan botar unhas cantas gargalladas aos asistentes.
Paquita e Nicanor deixan de lado as súas diferenzas pasadas e fúndense nun bico ante a ledicia de toda a vila.
Ver o artígo "Eles son Paquita e Nicanor, a voz do pobo de Seixalvo"
¡Noraboa!
Este foi o cartel do entroido 2026 en Seixalvo.
Esta imaxen salvouse da queima na Guerra Civil de milagre,
¡grazas a un veciño!.
Este foi o desglose, botarlle un vistazo; non falta detalle: a chocolatada, a Orellada e o Cocido Bacanal demostran os detalles deste entroido especial.
Pueblo sabio, sin dúbida, saben divertirse...Observar que teñen un domingo oleiro, un día da rapazada, coa participación do Alumnado e Profesorado do Colexio Público CEIP Plurilingüe de Seixalvo... e o domingo e o martes de Entroido. Non faltan as charangas varias, unha orquesta, nada menos que La Oca Band... e un Disk Jockey DELUXE...bueno, bueno diversión garantizada...
Gustaríame saber si se pode asistir a algún destos eventos, simplemente por ser amigo de algúns veciños de Seixalvo e en calquera caso por ser un admirador de como montan o entroido. Por suposto pagando ó que haxa que pagar...
Neste calendario entrou tamén a homenaxe a Palestina.
No ano 2026 foron, un ano mais, un entroido reivindicativo, nada menos que tiveron un día dedicado ao pueblo palestino, todo unha homenaxe ao pobo palestino; dende esta páxina web, que conta cousas do noso entroido na provincia, non teño mais que quitarme o sombreiro e felicitalos. O entroido reivindicativo é unha faceta que sempre tivo cabida nos entroidos e non se debe perder. A reivindicación e a troula sempre se mezclaron nestas festas...
¡Grazas Seixalvo!
Este é unha imaxen da homenaxe a Palestina. Mellor vedes o video que poño a continuación:
Nota importante:
Tamén gracias pola vosa loita en contra de Altri, xunto con moitísimos galegos; ao final, esta é noticia do 20/02/2026 grazas a motísima xente que se manifestou, conseguiuse, de momento, salvar o río Ulla. De tódolos xeitos ollo que co tempo poden volver a teima...hai moitos cartos por detrás...
No nome dos ríos de Galicia ¡Grazas, moitas grazas!
Río Ulla no Xirimbao. Foto de Secundino Lorenzo.
Por certo si gusta a fotografía, tendes algunhas máis e un video neste link da miña páxina web sobre os ríos de Galicia, nun apartado que puxen relativo o mismo tema de ¡Altri non!.
O río Ulla sempre me gustou moito visitalo na miña época de pescador de troitas. (Sigo sendo pescador de troitas, pero os ríos non están coidados e cada día hai menos vida neles e por suposto menos troitas. Levo loitando por eles toda a vida e denunciando desfeitas de todo tipo, pero o deterioro foi galopante nos últimos 50 anos). Na miña páxina web "A vida nos ríos galegos", tendes a miña filosofía de coidados dos ríos:
Ó que se coñece cóidase.
¡Coidemos ó que temos. É a nosa vida.!
|
Nota ao texto anterior: entendo por coñecer, non soio ver a imaxen ou a fotografía e listo, cando digo coñecer refirome a saber cousas, cantas mais mellor. Por exemplo no dibuxo saber que o paxaro é, un martíño peixeiro ou picapeixe e as súas características, onde vive etc. Vese tamén unha troita, púxenlle unhas pencas ou pintas bermellas no lombo e nas costas unha aleta moi pequeniña, a carón da aleta caudal e no lombo, que e distintivo delas. Tamén se ve un amieiro, que é unha árbore típica dos ríos galegos. Tamén unhas espadainas, por certo, cun feixe delas, eu apredín a nadare. Tamén vemos un río que ten todas esas cousas ao seu carón e sobre todo vida. Eso é coñecer un pouco o río...Eu seino...por eso amo os ríos e trato de coidalos dende o coñecemento... |
¡Grazas Seixalvo e a toda a xente que loitou en contra de Altri!
Ampliacións:
.-Nesta páxina de Facebook tendes moitos datos deste entroido. Trátase da web do pueblo de Seixalvo.
.- No apartado de textos do entroido puxen un artigo de Xosé Carballido que fala deste entroido.
Merece a pena lelo con calma xa que ó que conta, é unha historia moi interesante do entroido de Seixalvo; unha marabilla de escrito, un texto que se pode extrapolar a moitos pueblos de Galicia.
O texto chámase: Prohibido Prohibir e aparece na gran revista do Entroido en Galicia do ano 2023, que publica tódolos anos O Sil, por certo do que son socio dende o ano 2002, pero eso é outra historia.
![]()
Tranquilos: Tendes o texto neste link,
.-Fotografía importante:
Na fotografía o xogo das olas de Seixalvo que é un clásico e por suposto a Paquita e o Nicanor co Vicentiño. o fillo que representa a fertilidade e cos que troulea dende tempo inmemorial a veciñanza...No texto de Xosé Carballido tendes a historia desta parella, que seica levan xuntos motísimos anos pero casaron no entroido de 2022, moitos anos de concupiscencia e transgresións...e que inda por riba tuveron este fillo seica nunha descoidada noite de paixón...
Foto da familia. O Nicanor, a Paquita e o neno Vicentiño. É a misma que arriba, pero parece están máis enteiros, soio faltan parte dos zapatos do Vicentiño.
Tamén explica que as parellas que se casan no ano teñen por costume levar para a súa casa a esta familia, en realidade soio as cabezas, ata o ano seguinte de entroido, seica así terán descendencia antes...Xosé Carballido pensa que non está a ter moito éxito o feito...
Vamos: que tendes que ler o artigo Prohibido Prohibir de Xosé C. onde conta estas e outras cousas do entroido de Seixalvo.
Vellarón de Riós , vuelve a tomar las calles después de muchos años en el olvido.
La labor para rescatar esta máscara se apoyan en las investigaciones de José Rodríguez Cruz y su vestimenta fue confeccionada por la Asociación de mujeres do País de Riós.
Desconozco si este año 2007 se llevo a cabo o no, de momento la información la saco de O Sil periódico que referencia esta máscara. Desde luego está en la memoria de los mayores y en el 2007 está en mente que salga a desfilar.
Se parece mucho a los Boteiros de Vilariño de Conso.
Son curiosas las orejas tipo vieira, la barba de piel de oveja y que en la cabeza lleve un gorro hecho de vimbios.


Copiado de O Sil, especial Entroido en Galicia, onde Ir , que ver. Marzo 2019

Copiado de O Sil, especial Entroido en Galicia, onde Ir , que ver. Marzo 2019

Esta es la botarga de Ribadavia
Desconocía este disfraz.
Al parecer la Botarga lleva en la mano un vejiga de aire, en forma de cabrita y que al tirar de una cuerda suelta aire y hace huir a los que le persiguen, sobre todo niños.
Trataré de investigar un poco más.
De momento encuentro en google este link de la Voz de Galicia que las nombra.
Pero la prueba más importante de su existencia la aporta mi amigo Frutos Fernández, que hace referencia a que el gran Eladio Rodriguez, lo dejó registrado en su famoso diccionario:
"...Eladio Rodríguez, que fora presidente da Real Academia Galega entre 1926 e 1934, e natural de San Clodio de Leiro, deixou rexistrado no seu dicionario que: “Hasta comienzos del siglo XX, la botarga fue durante los carnavales la máscara más popular en el Ribeiro de Avia, lo mismo que en otras comarcas ourensanas. Traía en la mano una vejiga de cerdo, inflada, sujeta por un cordel, y una especie de rebenque con que ahuyentaba y perseguía a los muchachos..."
Este articulo está sacada de La Región. Ver este link.
Grupo de botargas, preparadas para desfilar, enRibadavia.
Pongo otra fotografía de botargas en el desfile de carnaval de Ribadavia, pero observo que no cumplen perfectamente las normas, i la vestimenta pero no llevan la vejiga de cerdo con el rebenque para perseguir a los niños...
Agradezco de todas formas la fotografía.