Onde está a Ponte de Castrelo de Miño?
Historia da súa construcción.
(Ourense no tempo. Con fotografías
marabillosas de Federico Román Alonso)
A labazada dos mortos e Castrelo de Miño.
(Historia recollida no blog
Diario de
un médico de Guardia)
Os mortos no 1936-39 remataban no meandro de Filgueira.
El País.



A Ponte de Castrelo no libro
O Miño, un caudal de
Historia de Anselmo López Carreira. Xerais. 2014.
Fotografías. Maio de 2015. S. Lorenzo.
Recobrará esplendor no 2018. Seis meses.
Asi
quedou. Fotos, de S. Lorenzo, febreiro 2020
Volver
a río Miño
Volver
a fotografías Miño
Volver a Pontes do río Miño.
Onde está a Ponte de
Castrelo.

Neste mapa vese que a Ponte de
Castrelo está en Galicia, na provincia de Ourense;
concretamente en Castrelo de Miño, xusto por baixo
do encoro; onde marca a flecha blanca do mapa. Non
chega o km. (560 m.) por debaixo da presa.

Aquí vese perfectamente onde está situada.

Fotografía da empresa
Eurofinsa que fixo o arranxo da Ponte de Castrelo

A Ponte de Castrelo vista dende a Ponte
Nova que fixeron.

A Ponte de Castrelo
vista dende o camiño a Presa. Non se ven os dous
arcos da parte dereita.
Estas dúas fotografías
son do autor da web.
Nota: en Castrelo de
Miño, o pe do monte había unha ponte do século
XII obra de San Pedro Telmo. Era de cinco arcos.
No século XVI esta
ponte foi destruida polo río e no seu lugar
quedou unha barca que pasaba a xente dun lado a
outro.
En 1907 fíxose esta
ponte metálica, que hoxe está impresentable...cousa
que non entendo.
Fai pouco que esta
ponte foi cerrada e construida unha nova un
pouco máis arriba. Vese na fotografía un dos
pilares.

A Ponte está con estas
señais, sin barandillas e con algunhas pedras
caídas. A estructura de ferro vese ben, eu penso
que se debera arranxar e facela peatonal. Esta
ponte ten moita historia como para deixala
morrer desta forma...
Esto era no 2015,
hoxe marzo de 2020 ten outro aspecto:

Ponte de Castrelo en marzo de 2020.
Marabillosa. Enhoraboa. Fot. Secundino Lorenzo.
Volver.
El puente de Castrelo recobrará esplendor tras 20 años cerrado
Parece ser que as obras comenzarán xa, e que en seis meses estará
listo.
Estarei atento para cando rematan e
porei as fotografías correspondentes, esta Ponte merece eso e
moito máis.
Ver a reseña do diario La Región do
26 de setembro de 2018.


Este é o cartel que hai a pe de obra. Foto Secundino L.
09/04/2019

Fotografía do 09/04/2019, xa ten outro aspecto inda que non
remataron as obras.
Fotografía Secundino Lorenzo.