O PLAN HIDROLÓXICO   

O PH  PARA TEMBLAR.

 

Esta claro e demóstrase día a día, que obras que se impusieron como de "utilidade pública", solo favoreceron a Fenosa, Iberdrola e outras compañias. Lamentable.

  • De momento é un plan de construcción de encoros ( ata 27 encoros, 22 xa estaban previstos fai tempo). En vez de un plan hidrolóxico é un plan hidroeléctrico. Unha desfeita máis dos nosos ríos, seguro.

  • O plan dependerá, de momento, da Consellería de Obras públicas e Augas Galicia, para temblar.  ¡ Deus nos colla confesados os galegos!!.

  • En ningún momento se fala de racionalizar o consumo de auga, en Galicia SOLO FACER ENCOROS.

Ver un video sobre o plan hidrolóxico.

Saír.      Salir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Plano Hidrolóxico ameaza os nosos ríos 

 



    O Plano Hidrolóxico (PH) das bacías de Galicia-Costa (as situadas integramente en territorio galego), aprobado o 17 de outubro pola Xunta de Goberno de Augas de Galicia co voto contrario do representante da FEG, propón a construcción de 24 encoros até o ano 2017. A FEG entende que o PH é fundamentalmente un catálogo de obras públicas subordinado aos intereses do sector da construcción e do sector hidroeléctrico. 

O PH de Galicia-Costa responde a unha forma de entender a xestión das augas como unha política de obras públicas, o que é máis propio de comezos do século XX que de comezos do XXI. En lugar de promover intensamente o aforro e a mellora da eficiencia na utilización da auga, propón a construcción de custosos encoros cun elevado impacto ambiental.

A Xunta xa o 17-03-1998 tiña previsto 22 encoros, de feito así apareceu publicado no Faro de Vigo:

Dito de outra forma: no hai plan, seguimos co mismo dos últimos anos, obras e máis obras para favorecer as empresas eléctricas. Un desastre. É famoso o caso publicado no diario O País en nov. de 1998 sobre o encoro de Riaño, un auténtico desfilfarro, un encoro que iba regar 83.000 hectáreas, encoro que foi aprobado en 1965, que comenzou a encherse o 31 de decembre de 1988, deixando sepultados nove pueblos sensacionais. Hoxe non rega nada. Soio foi feito para producir electricidade. O mesmo lle vai pasar a uns cantos en Galicia, están montados en base as empresas eléctricas e non sirven para nada máis. Eso si, a Xunta trata de vendelos como que van resolver........por exemplo o tema da auga no Salnés........mentira absoluta....o único resolver o tema a Hidroeléctricas Cortizo........a auga e as enchentas do Salnés non se resolven con ese encoro. É un exemplo do que pode e vai pasar con PH EN GALICIA SI NON SE REMEDIA. UNHA DESFEITA QUE VAI ENCHER OS BOLSILLOS DAS CONSTRUCTORAS E DAS EMPRESAS HIDROELÉCTRICAS.


Sete dos encoros previstos no PH son antigas  propostas de encoros hidroeléctricos. Como acontece no caso do encoro de Caldas no río Umia (xa en fase de construcción, paralisada temporalmente pola oposición da Coordenadora Antiencoro de Caldas, Cuntis e Moraña), a súa construcción tentaríase xustificar agora aludindo a supostas necesidades de abastecemento e/ou prevención de enchentes. A capacidade inicialmente prevista destes sete encoros coincide coa
considerada polas empresas eléctricas hai 20 anos, o que deixa ben ás claras a sensibilidade de Augas de Galicia ás presión do sector hidroeléctrico, en particular de Unión Fenosa.

Un dos aspectos deficientes do PH é o referido ao ordenamento das minicentrais hidroeléctricas. Aínda que impide a súa construcción nos tramos fluviais denominados “de interese natural” e de “interese medioambiental”, só determina un (o río Sor) e nin tan sequera define os criterios para a súa determinación, que fica pendente de “Programas e Estudios Específicos”. A FEG, facéndose eco dunha solicitude presentada este verán por 50 botánicos, zoólogos, ecólogos e edafólogos da Universidade Santiago, solicitou na Xunta de Goberno de Augas de Galicia unha moratoria na construcción de minicentrais mentres non se planifique adecuadamente a súa instalación.

Outro aspecto deficientes do PH é o referido o encauzamento de ríos, Galicia é unha desfeita neste tipo de construcción, inténtase gañar metros os ríos por medio de encauzamentos que tarde ou temprano traerán a desgracia os pueblos onde se encauza o río.

A FEG lamenta o nulo interese de Agustín Hernández, director xeral de Obras Públicas e presidente de Augas de Galicia, por promover un debate profundo sobre o PH, alomenos na Xunta de Goberno. A FEG presionará para que o PH sexa debatido no Consello Galego de Medio Ambiente, en cumprimento do decreto que o regula.

O PH aprobado onte mostra a necesidade imperiosa de que a planificación hidrolóxica non dependa só da Dirección Xeral de Obras Públicas, de que responda realmente aos intereses da maioría da sociedade e non sexa un “couto exclusivo” do Corpo de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos e dos sectores hidroeléctrico e da construcción.

Realmente o dito, para temblar.... a este paso non quedará río en pé, o que non leve unha minicentral ou un encoro, levará unha canalización ata as orellas......logo coas riadas os nosos políticos dirán de todo.... sobre todo moitas mentiras e xustificacións..... en Cataluña en octubre do 2002 xa se fala da mala xestión, das improvisacións, a xente está cansada de ver como se gastan os cartos en todo menos no que se debe.....en Galicia tamén se fala xa....polo menos dende está páxina.

O único que se fai ben son os encoros e as minicentrais.....ben para o bolsillo de algunhas multinacionais e dunhos cantos que aproveitan a ocasión....

Lamentable Plan hidrológico.

flecha.jpg (1051 bytes) Volver