|
Río Miño en
Portomarín
Foto voo americano 1956

Así era en 1956, antes de facer o encoro
de Belesar.
Foto sacada do voo americano de 1956.
Parte dereita Portomarín coa
iglesia de San Xoán e parte esquerda barrio de San Pedro.

Aquí vese a marxen dereita do río, ou sexa Portomarin.
Portomarín, fotografía sacada da WEBMORENO.
Portomarín. Portomarín:
páxina que firma Manuel López Vazquez (o que lle dou as gracias).
En frente o barrio de San Xoan. Portomarín.
"Era
un pobo da ribeira do río, coas súas casas de pedra do país ás dúas
marxes. Tellados de lousado e os cerrados das hortas e fincas
delimitaban o espacio vital daquelas xentes coma codechas de pan para
comer." 
Aquí vese a parte
esquerda, fotografía sacada dende a parte dereita do río. Vese o
barrio de San Pedro.
Fotografía de Portomarin dende a
Iglesia de San Xoan. No medio un arco da Ponte romana de Vilamarin. En
frente o barrio de San Pedro.
"Tiñan
unha ponte romana moi cuca para cruzar, para traspasar o Noso Río. Aínda
hoxe, cando as augas baixan, pódense ver -preto da nova ponte- os
restos milenarios da outra, da que foi feita pedra a pedra e en concerto
coa paisaxe natural e espontánea de Portomarín, do inxenio popular que
a recreou lentamente como singular e única."
"Pois
ben, tamén tiñan unha igrexa moi fermosa que levaron pedra a pedra
para o novo emprazamento da vila. Pero aínda así semella estar
disconforme co espacio, lonxe do contexto, fóra da concordia que tiña
cando/onde estaba preto do río, no seu exacto e preciso lugar.

Así é hoxe, fotografía do mismo lugar do voo americano pero no
ano 2019. Portomarin desapareceu baixo as augas... A ponte é a
que permite o paso dende Sarria a Portomarin.

Así está hoxe a parte dereita cando
está medio vacio o encoro de Belesar.
Portomarin desapareceu. Foto Secundino Lorenzo.

Outra fotografía de como está hoxe,
cando está o encoro vacio. Foto Secundino Lorenzo.

Nesta vese a parte esquerda e a dereita. Tamén os
caneiros e parte da Ponte Romana de Portomarin. 
O encoro de Belesar na riada do 2000.
Realmente trátase dun monstruo. Sin lugar a dúbidas.
Un monstruo que tragou ó pobo de Portomarin.
A fotografía é do meu amigo Tino Mouriño de Ourense.
Encoro de Belesar, foi posto en servicio
en febreiro do ano 1963. Este encoro deixou asolagado totalmente o pobo
de Portomarin entre outros. Trátase dun auténtico monstruo de encoro,
cunha coronación de 500 metros, cunha altura de 130 metros e cunha
potencia instalada de 225 MW. O Volumen total de acumulación é de
654,5 Hm3. A cola chega a uns 50 kms. do muro. A construcción comenzou
en 1957. Según Fenosa (a quen perteñecen as fotos anteriores) este
encoro afectou pouco a xente da zona salvo a Portomarin que foi
trasladado o alto da montaña do Cristo, co que ganou
moitísimo...

Belesar en decembro de 2019 abrindo comportas polas
borrascas "Elsa" e "Fabien", que no foron para tanto, comparado coa
fotografía do 2000. Fotografía Secundino Lorenzo.

Encoro de Belesar. O Maior de Galicia. Foto Secundino Lorenzo.
2019.
|