|

|
|
Nesta fotografía vese a misma zona hoxe en octubro
do 2002. Sin comentarios.
O barrio de San Xoan non existe. |
|

|
Fotografía de Portomarin dende a
Iglesia de San Xoan. No medio un arco da Ponte romana de Vilamarin. En
frente o barrio de San Pedro.
"Tiñan
unha ponte romana moi cuca para cruzar, para traspasar o Noso Río. Aínda
hoxe, cando as augas baixan, pódense ver -preto da nova ponte- os
restos milenarios da outra, da que foi feita pedra a pedra e en concerto
coa paisaxe natural e espontánea de Portomarín, do inxenio popular que
a recreou lentamente como singular e única."
"Pois
ben, tamén tiñan unha igrexa moi fermosa que levaron pedra a pedra
para o novo emprazamento da vila. Pero aínda así semella estar
disconforme co espacio, lonxe do contexto, fóra da concordia que tiña
cando/onde estaba preto do río, no seu exacto e preciso lugar.
|
|

|
Esta fotografía está sacada dende o
barrio de San Pedro. Máis ou menos xusto enfrente da fotografía
anterior.
|
|

|
O Barrio de San Xoan. Sin lugar a
dúbidas era un pobo moi bonito, sin desmerecer o pobo actual.
|
|

|
O río Miño ¡¡Impresionante!!. (En tempos).
Claro que o encoro cubre toda esta zona ata unha altura considerable.
|
|

|
Encoro de Belesar, foi posto en servicio
en febreiro do ano 1963. Este encoro deixou asolagado totalmente o pobo
de Portomarin entre outros. Trátase dun auténtico monstruo de encoro,
cunha coronación de 500 metros, cunha altura de 130 metros e cunha
potencia instalada de 225 MW. O Volumen total de acumulación é de
654,5 Hm3. A cola chega a uns 50 kms. do muro. A construcción comenzou
en 1957. Según Fenosa (a quen perteñecen as fotos anteriores) este
encoro afectou pouco a xente da zona salvo a Portomarin que foi
trasladado o alto da montaña do Cristo, co que ganou
moitísimo...
|
|

|
O encoro de Belesar na riada do 2000.
Realmente trátase dun monstruo. Sin lugar a dúbidas.
Un monstrou que tragou o pobo de Portomarin.
A fotografía é do meu amigo Tino Mouriño de Ourense.
|
|

|
|
O novo Portomarín. Fotografía de Unión
Fenosa. |
|

|
Dibuxo sacado da www citada onde se
observa o emplazamento de Portomarin en realción o río Miño.
|
|

|
|
Vista de Portomarin dende o río Miño.
Fotografía de octubro do 2002. |
|
 |
Outra vista de Portomarin.
¿O que opino sobre estas desfeitas?.
Está claro: sempre se pensa que se pudo haber evitado,
probablemente facendo menos encoro...O feito real é que hoxe o río
Miño en Portomarin está para o arrastre. Decíame un veciño moi
coñecedor da zona que se collía antes nun caneiro máis anguias nun
día que hoxe en todo o río dende Belesar ata Portomarin nun
ano...e seguro que é certo.
Xa non quedan prácticamente troitas e seguro que botaron a
perca americana ou Bass xa que o río non vale para moito máis. Este é
o resultado dun encoro feito mirando moi pouco a natureza. Penso que as
cousas podían facerse moito mellor.
Hoxe o río Miño nesta zona únicamente vale para a
navegación, de feito hai un club na zona: Club
náutico Xacobeo (menos mal). É lóxico que se trate de potenciar a
zona, de tódolos xeitos hoxe está inservible para este deporte.
|

|

|
| Por certo a Ponte que se ve é a das
fotografías anteriores. |
Esa ponte do final é a que se ve na
fotografía seguinte. |
Por certo o 30 de octubro do 2002 cheiraba fatal preto da ponte
antigua...

Xusto nesta zona. |
|
 |
"Ó chegaren a aquel sitio de Portomarín, á beira do Río Miño, os
tres quixeron cruzar. As augas facían moito ruído ó pasaren entre os
penedos e os cachóns, porque estes imprimíanlle aínda máis
velocidade. María, non querendo que lle espertaran O Neno, dixo:
- Río Miño, Río Miño, pasa quedo e caladiño. Non espertes ó Neniño que xa o levo durmidiño".
-E o río voltouse calmo, pousado e silencioso naquel tramo do seu curso
en contraste cos cachóns que hai catro ou cinco quilómetros máis
abaixo.
Contan as xentes de Portomarín e Comarca que A Familia pasou o río sen
problemas e que O Neno non espertou. Naquela peneda do río aínda está
a pasada do burro cando, para facer pé, pousou alí unha pata."
Volver
|