DESFEITA SI. MASACRE NA ZONA BAIXA. Ano 2003. |
A ZONA ESTÁ SIMPLEMENTE CATASTRÓFICA.
Corticeira. Fotografía sacada na zona. Árbores como estos talaron moitísimos.
|

Nesta fotografía vese a desembocadura do río Arnoia no Miño. O fondo o encoro de Frieira. A desfeita anterior está feita dende a zona de Cartelle ata a zona recreativa de Arnoia. Afecta o Concello de Arnoia e queima literalmente este río e o seu bosque increible para o futuro. De 10 a 15 kms. machacados por unas centrais hidroeléctricas impresentables para a zona. As dúas centrais que había eran suficientes para deteriorar a zona, estas, que se están facendo multiplican por 100 o que había.
¡¡REALMENTE NON HAI DEREITO A ESTAS MASACRES DOS NOSOS RÍOS, DO MELLOR QUE TEMOS EN GALICIA!!.

Vista da nova central. Penso que é a maior central de Galicia feita nun río considerado de caudal medio. Evidentemente o río Arnoia non é o Sil, nin o Miño, nin o Ulla...
Aquí vese a cetral que se está a facer así como a estrada feita para chegar a misma o que non se ve é o túnel que leva a auga dende o azud ata as turbinas bastante río abaixo. O río queda co caudal ecolóxico que é mínimo.
Outros mapas de situación sacados do Google Earth:

Aquí pode entenderse o que fixeron, son uns fenómenos os inxeneiros. Aproveitaron a concesión que tiñan da Peneda e fixeron, penso, dúas ampliacións incribles mediante un túnel de 2 km comunicado con dúas centrais de turbinas, unha a carón da antigua Peneda e outra a 4,5 km. río abaixo.. O caso é que quedan afectados 4,5 km. de río

Aquí pode verse en 3D o canón do Arnoia do que falo unha auténtica marabilla esnafrada por estos mamotretos que son grandes centrais, en realidade. Inda por riba subvencionada como "enerxía limpa??? e renovable" e pagada por todos. Son os amos...
A miña opinión está clara: non é rentable si non se subvenciona e estropeama máis do que produce. O río Arnoia, o único río Ourensán enteiramente e de gran caudal non se merecía esta desfeita. Algún día habera que tirar todo pero o mal xa está feito.
Demasiado chupe para o río Arnoia, 35.000 litros /seg. Realmente, estamos gobernados por DEPREDADORES DO MEDIO AMBIENTE, estas centrais non deberan ser aprobadas nunca. Están a facerse hoxe, en maio do 2003 aproveitando zonas máis ou menos descoñecidas polos galegos.
A xente do lugar, tampouco saben de que vai o asunto.
Algúns dicen que lles van baixar as contribucións coas ganancias destas obras. De risa...
¡¡O seu querido Arnoia, o meu querido río Arnoia estano fastidiando para sempre!!.
Chámanlle enerxias limpas, pero nono son, están a desfacer os ríos galegos para sempre, están a aproveitarse da incompetencia e do descoñecemento (quixera pensar esto) de moitos alcaldes que son incapaces de ver que cós ríos teñen un ouro que poden explotar doutro xeito. Esta zona prestábase para todo: pesca, descensos rápidos, Rafting, Kayak, Piragüismo, senderismo, barranquismo, etc. Por contra é das poucas zonas da Provincia con un bosque tan maravillosamente conservado e único, con especies que por si soas eran motivo para facelo parque natural. Pero non. Agora entendo por que non se fixo Parque natural...
Realmente penoso.
Na fotografía vese o cañón do Arnoia dende a marxen ezquerda (dende Piñón), esa montaña de area, que aparece na fotografía, é totalmente artificial e feita pola empresa constructora. Un impacto ambiental escalofriante, e dende logo visitando a zona resulta incomprensible que se deixen facer estas obras.
No mapa vese Piñón e pódese entender a fotografía.
Por certo a minicentral da Peneda e a de Arnoia eran así fai 50 anos. (Unhas fotografías incribles que tuven acceso a elas de casualidade).
Logo as minicentrais remodelaronse recentemente. Por certo non fai moito a da Peneda foi denunciada pola Policia Autónoma por non cumplir co caudal ecolóxico.
Hoxe no 2003 volve estar todo patas arriba coa desfeita xa comentada.
¿Ampliación?