Portada do libriño dos autores
Enrique Mauricio e Carlos Taboada. Un libro que catalogo de
marabilloso e de lectura obligada. Editorial Cumio novembro
2015.
O libro conta a historia de
Roi, unha saramaganta (Chioglossa lusitánica, un endemismo
galego, unha xoia da nosa fauna) que vive no río Miño en
Outeiro de Rei. Esta saramaganta, neste caso macho, é un gran poeta pero un
día deixa de facer versos, non lle saen e non sabe o por qué...
O capitán Cachafeiro, que é un
salmón , vaille dar un consello incrible
"rapaz, se queres
rimar;
tes que ver o mar"
E dito e feito Roi vaise ver o
mar, río Miño abaixo, nunha folla de bidueiro.

A súas aventuras son todas
marabillosas: ve pobos asolagados, pontes, unha ánfora
onde vive nada menos que un sábalo, dos poucos que quedan no río
Miño, incluso salva unha troita de morrer debido o pouco que
coidamos os ríos. E moitas máis aventuras por cada lugar que
pasa.
E non vos conto moito máis,
tendes que ler e ver o libriño:

Decir simplemente que nos
Peares, onde desemboca o río Sil bateo con Goi,
outra saramaganta coa que vivirá moitas máis aventuras, por
Ourense, Tui, A Guarda e o Monte Tegra.

O libriño ten un texto marabilloso e uns dibuxos tamén
marabillosos.
¡Enhoraboa os autores do texto e dos dibuxos!
O libriño remata coa
referencia a Manuel María e unhas activades moi traballadas.
No fundamental o libro cita
moitas das
especies que habitan ou habitaban actualmente no río Miño e cita tamén algúns
dos problemas de contaminación que ten este río hoxe.
A miña enhoraboa os autores do
libro, os dous xa citados e a todos os colaboradores. Tendes esta
páxina aberta para ó que queirades...
Volver
á río Miño