MINICENTRAL no río ARNOIA, en RUBILLÓS. DENUNCIA DAS OBRAS |
O parecer unha máquina transformará os escombros da construcción da minicentral de A Merca. A noticia aparecida na Región do día 25/10/2004 sae o paso coincide coa presentación no Senado Español dun escrito de protesta presentado por Anxo Quintana en contra destas obras.
- O feito de que os constructores falen de colocar esta máquina demostra as claras que están a desgraciar a zona, xa que todas as pedras van o río, trátase dunha auténtica salvaxada ecolóxica.
O parecer os donos da minicentral e o alcalde da Merca Manuel Jorge Velo afirman que se están a tomar todas as medidas para protexer o río...
- Ver las fotos del desastre:
|
|
|
Así era a zona antes de facer a minicentral.
|
|
|
|
Así está quedando. ¡Para o arrastre!. Por suposto tódalas pedras o río, ver a fotografía seguinte.
|
|
|
|
Según o alcalde Manuel Jorge Velo: "Se están tomando todas las protecciones del río".
Realmente en calquera país civilizado as obras serían paradas e clausuradas. En Galicia irán para adiante, seguro que a empresa constructora e os donos da explotación teñen moito que ver coa Xunta do PP e co Concello da Merca. Así se explica tanta desfeita e abandono, o primeiro é o primeiro, os cartos da explotación, o río que o parta un raio...
|
|
En calquera caso, esta páxina soio lle queda decir, ante tanta desfeita irracional e impresentable:
¡Camiñaste mexa aquí! como diría Celso Emilio nun epitafio a esta xente...
Realmente sinto vergonza da xente que me goberna...
Esta zona debera ser declarada, realmente os carteis postos na zona, así o indicaban, ¡patrimonio natural intocable do río Arnoia!. "A gran ruta do Arnoia!...Hoxe os carteis cambiaron a R de ruta por P, non aprobo o cambio, pero si é significativo.
Manda un correo á Consellería de Medio Ambiente, ó teléfono verde e protesta por este desastre.
- Tamén o Concello da Merca para que miran máis polas súas terras.