RÍO MIÑO EN OURENSE. A SÚA DEPURACIÓN DEBERA ESPERAR 0 2027 IGUAL QUE TODA A CONCA MIÑO-SIL. (02/01/2011).

ALGÚNS DATOS DA XESTIÓN DA AUGA PARA A DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL

A NOTICIA ESTÁ SACADA DA REGIÓN. O DÍA 02/01/2011
Seica se trata do plan hidrolóxico.
A noticia é do día 2 de xaneiro do 2011.
Levo lendo dende fai doce anos (o plan anterior que era unha auténtica marabilla é do 1998) estos saneamentos dos ríos de Ourense, lévase gastado moitos cartos, pero agora parece hai un plan integral para sanear uns ata o 2015, outros ata o 2021 e outros no período 2010-2027. Vamos que seguramente os nosos netos verán cando sexan xa maiores o comenzo duns ríos saneados en Ourense...
Levamos perdido máis de doce anos en Ourense cós nosos ríos...
Fálase, agora, de 840 millóns de euros..
Total 1.491 actuacións agrupadas en 1.032 medidas.
Das 278 masas de auga superficiais seica 197 están en bon estado? e 77 están mal. Nun anos das 197 poucas quedarán en bon estado e haberá que volver a empezar, esto parece un chiste...
Seica 28 destes tramos non verán correxidos os seus defectos ata o 2027
O parecer están moi contaminadas as augas do río Limia, o Miño en Castrelo?, o Casaio, o Mao, o Loña e o Barbaña.
De verdade que creo que estos expertos deben ver os ríos doutro xeito a como os vemos algúns, falar na conca do Sil soio do río Casaio é de chiste. Falar no Miño de Castrelo, únicamente, é incrible e así suma e sigue...
Fálase de saneamento e depuración, abastacementos, melloras de regadío, xestión de inundacións, restauración de masas de augas e de zonas forestais e humedais.
Estos son os datos en esquemas:
Vexamos os desgloses do gráficos:

Este plan seica reemplaza o plan de 1998.

Este é o plan de actuacións. No mapa falta o baixo Miño. Ver este mapa mellor.


Esperemos que este plan teña máis éxito que o de 1998, si non
¡¡¡Pobres ríos de Ourense!!!