GALICIA ANTE O NOVO MILENIO.

Poño, neste apartado de Galicia 2000, un artígo de Manuel Rivas publicado na Voz de Galicia o día 31-12-2000.

Reproduzco integramente o artículo, xa que a miña web  identifícase plenamente co seu artigo. A súa mensaxe, sempre foi a desta páxina web " Entendernos nós, entender a terra" :

"E sobre todo, nunca máis dividir o país ", "Ou conmigo, ou coa merda". Do bo labrador decíase: "¡ Que ben entende a terra!. Século XXI : "Entendernos nós, entender a Terra". Con esta mensaxe ou petición de compromiso de futuro de todos coa natureza.

Ve-lo artigo.

 

Salir.                                        Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GALICIA E O NUNCA MÁIS.

Manuel Rivas.


Manuel Rivas é escritor, xornalista e Premio Nacional de Literatura.


 

      "Ódiote, campo fresco...". Así comenza un dos máis estarrecentes e menos difundidos poemas de Rosalía de Castro.  Agora, cando un escoita coa voz e coa música de César Morán, emergulle cun abraiante significado actual e colectivo. Ese poema remata decindo: "¡ Porque vos amei tanto é porque así vos odio!".

Río Miño por debaixo do encoro de Frieira.

Río Miño. Frieira. Fotografías do autor da www.    

      Galicia inicia o século XXI cun problema de esquizofrenia. Endexamais houbo tantas proclamas de amor á terra e tantas institucións e organismos con persoeiros e persoal, con medios e orzamentos, para desenvolver e concretar ese anceio amoroso. Pero tamén, e pola contra, vemos unha realidade onde preseguen e abondan os malos tratos, o desamor, e un dominio destructivo sobre o que se deu en chamar a Terra Nai. Aquí hai moita maquinaria pesada en movemento incontrolado pero semella parada a máquina máis útil : o reloxo que mide o tempo perdido.

     Hai un dito popular inglés para criticar a indivisibilidade dunha política por máis que a presenza do persoaxe político sexa notoria: "Detívose un taxi que ía baleiro e del baixou Clem Attlee". Creo que no relativo a política do medio ambiente en Galicia veu pasando algo de este estilo. Hai xestores dentro pero o veículo vai baleiro e non coñecemos moi ben o rumbo que leva. Ese deficit atinxe ao goberno, ás deputacións e concellos, pero tamén ao que se dá en chamar a sociedade civil. É decir, todos nós. Empresas asociacións, e particulares. Sexa cal sexa a ideoloxía, Galicia é o fogar que temos, é a casa común. A primeira esixencia de futuro é revisar críticamente a nosa relación con ela. Preguntarnos en que fallamos, en que nos estamos enganando. Se cadra non chegaremos a unha conclusión unánime sobre o que hai que facer, pero deberiamos ser quen de acordar o que non se debe facer, o que non se debe seguir facendo.

Desfeita na primeira poza de Melón. ¡¡ Tiña que pasar a autovía por riba !!

.... Desfeita no río Limia, no río dos romanos. Desfeita na nosa historia.
Río Cerves. Poza de Melón. Río Limia. Minicentral.

     Un pais fermoso pode ser afeado. Un país con recursos pode estragalos. un país con futuro pode ir esmorecendo nunha especie de limbo triste, de amnesia histórica. Que isto pase ou non, non depende da fatalidade, nin dos fados do destino, senón da nosa vontade. Os medios son a educación, a información, as leis democráticas e unha nova política económica que non considere o factor ecolóxico, o respeto o medio ambiente, como algo marxinal senón central para facer da Casa Galicia unha sociedade de benestar.

500 metros de empedrado do río Cenza. Cos cartos de Europa.

.... Desfeita no río Cerves en Melón. Outra minicentral.
Río Cenza. ¿ Praia de Vilariño?. Ourense. Río Cerves. desfeita en Melón.

    O primeiro compromiso deberái ser o de non permitir máis desfeitas irreversibles. Dise que somos conservadores. Ben, ¿por que non selo de verdade? ¿Por que non selo para o mellor e non para o peor?. Conservar, si, a terra e a libertade.

Minicentral do río Tuño. Ourense.

....

Ponte román do río Navea...en ruína.

 

    Nunca máis un castro celta, unha ponte romana, ou calisquer xoia de arquitectura ou do patrimonio, nunca máis un tesouro histórico derrubado de xeito desalmado. Nunca máis un bosque centenario ou unha paisaxe singular feitos desaparecer en horas. Nunca máis urbanizacións demenciais nunha costa que debera estar protexida como pano en ouro. Nunca máis industrias tóxicas nas rías galegas, esas grandes despensas  do futuro. Nunca máis bairros que son xaulas para seres humanos...


Manuel Rivas é escritor, xornalista e Premio Nacional de Literatura.


Nota: as fotografías son do autor da páxina www, Secundino Lorenzo.