50 aniversario da V promoción. Compañeiros e profesores que
asistiron as Vodas de Ouro da promoción. Neste caso na actual
Facultade de Matemáticas. Na fotografía aparece a Decana da
Facultade Elena Vázquez Cendón, que tamén colaborou na celebración
do aniversario; así como os nosos profesores José María Isidro i Emilio
Villanueva.
As vodas de Ouro tuveron lugar o sábado 9 de xuño
de 2018: cunha organización marabillosa a
cargo do compañeiro Miguel López López; decirlle que ¡enhoraboa
por todo!.
¡Gracias Miguel!
No que
sigue fago un resumo do acto, resumo que queda aberto a engadir calquera cousa:
Esta orla, a nosa, estaba a entrada do salón de acto, na
facultade de Matemáticas.
Na presidencia de esquerda a dereita o noso profesor José
María Isidro, a decana da facultade Elena Vázquez e o noso profesor Emilio
Villanueva.
Unha fotografía de algunhos compañeiros ocupando as butacas do
salón de actos.
A outra parte que faltaba máis o fotógrafo, que non se ve
lóxicamente.
Miguel López López na súa alocución. Sinto de verdade
que me fallara o video que estaba a sacar, a miña profesionalidade nese
evento tende a cero...E así me foi.
Farei un pequeno resumo a falta das súas palabras, sinto
tamén que o seu discurso o fixera sin apuntes, non tiña escrito
absolutamente nada.
Lóxicamente despois de lembrarse dos compañeiros
falecidos: Luengo, Chano, Justo e Charo, pasou a agradecer os profesores
presentes José Mª Isidro i Emilio Villanueva que nos acompañaran
nas nosas vodas de Ouro; por suposto tamén agradeceu a presencia de
todos os compañeiros. (A verdade que estuvemos todos, soio faltou
Quetita que lle foi imposible asistir).
A continuación entrou a lembrar os nosos estudios
entre os anos 1963 a 1968, os nosos esforzos por lidiar, en moitos
casos, con libros que se estudiaban por primeira vez, como o Artin o
Apostol e outros e que supoñían un esforzo pioneiro e doble, e que
para Miguel foron un acerto; acerto que se demostrou nos anos seguintes
con moitos alumnos que seguiron facendo o mismo.
Seguidamente e unha vez rematados os estudios
tocou a maioría dos compañeiros colaborar na enseñanza das matemáticas
algunhos na Universidade e outros en centros de ensino de secundaria
públicos e privados. Un traballo onde fomos artesanos das matemáticas...
un traballo que non foi un camiño de rosas precisamente, pero que se
enfocou con honestidade e tendo en conta que a maioría de nosoutros
aprendía día a día, preparando a fondo as clases, tratando de facer as
cousas cada día mellor e con rigor. O tempo demostrou a subida de
nivel, en xeral, dos alumnos que pasaron polas nosas aulas.
Copio literalmente esta frase que me
parece básica:
"É obvio e convén
resaltar que fixemos un esforzo importante e con iso puxemos o noso gran
de area na formación de alumnos moi brillantes, por exemplo Elena
Vázquez Cendón, actual decana da Facultade de Matemáticas, entre outros/as
moitos que hoxe levan a cabo un labor impagable coa xente nova
(adolescentes) para lograr difundir a transcendencia que no mundo actual
xogan as Matemáticas"
Na fotografía figura en primeiro plano
Miguel Angel López López e Elena Vázquez Cendón. Profesor de Elena na
Facultade de Matemáticas e a que hoxe é Decana e profesora da Facultade
de Matemáticas.
Era o momento dos agasallos do acto,
da firma no libro de honor de Matemáticas e outras moitas cousas. O acto
foi moi emotivo e tuvo moitos detalles, que logo contaremos.
¡Gracias Miguel, por todo, polas túas palabras e polo que nos
toca...!
En primeiro lugar darlle as grazas pola
súa colaboración a que estas Vodas de Ouro foran un éxito. O acto na
Facultade de Matemáticas, da que Elena Vázquez Cendón é decana , estaba
perfectamente programado e foi moi emotivo e tuvo sorpresas moi gratas.
O Xornal da USC había sacado o día anterior una reseña do acto .
Ver este link.
Farei un pequeno resumo das súas palabras:
Comenzou en primeiro lugar falando dos
estudios das Matemáticas hoxe, facendo referencia a nosa época.
Seguidamente falou do prestixio
conseguido nos últimos anos pola Facultade de Matemáticas.
Finalmente rematou mirando o futuro e
facendo un resumo dos traballos que se están a facer actualmente.
Deixou ben claro o labor da nosa
promoción dos que algún compañeiros foron seus profesores, tanto no seu centro de
referencia o IES As Lagoas de Ourense, como despois na Facultade de
Matemáticas.
Poño un trociño do seu discurso que foi
moi ameno, e que nos fixo ver por onde van actualmente os estudios de
matemáticas e o bon momento que están a pasar, si temos en conta a súa
demanda e a ampliación de campos de aplicacións no mundo actual.
Video que mostra un trociño das
palabras que nos dedicou Elena Vázquez Cendón.
A sorpresa do examen que nos tiña
preparado, era a firma no libro de grandes visitas e celebridades da Facultade de Matemáticas da USC,
o chamado "Libro de honra". Previamente leu o texto
escrito dalgunhas das celebridades que
firmaron no libro, casi nada...
Na fotografía Miguel A. López López
fai a introdución no libro de firmas, introducción que podedes ler máis
abaixo, e deixa plasmada a súa; logo
firmaríamos os demais.
A folla de firmas, no Libro de
Honra da Facultade de Matemáticas, quedou desta
forma:
Este foi o exame de Elena, evidentemente unha broma de bon
gusto...Un honor.
Para rematar este apartado poño unha
fotografía na que estou precisamente con Elena Vázquez e na que me sinto
como si realmente fora alumna miña. Non tuven ese honor pero si o tuveron
outros compañeiros do meu departamento no IES As Lagoas de Ourense, e que
citou como Lourdes, Isidro e Alfonso Amorín; tres grandes amigos e
compañeiros do que
escribe.
Na fotografía de esquerda a dereita
chicho (Secundino Lorenzo), Elena Vázquez, e Miguel A. López.
A Elena pola miña parte agradecerlle
que me citará como integrante do Departamento de Matemáticas do IES As
Lagoas, a súa base nos seus estudios posteriores, e logo o falar
do software "Libra" da empresa Edisa, empresa na que tuven moito que ver xunto co
meu compañeiro de Departamento naquela época, Alfonso Amorín.
Un gran detalle nos tiña reservada a
Facultade de Matemáticas, firmar como grupo no Libro de Honra da Facultade e a
carón de moita xente moi importante que ten visitado esta Facultade nos
derradeiros anos.
Fotografía previa do grupo de
compañeiros que celebramos as vodas de Ouro; na fotografía está a
maiores o profesor Isidro no centro da fotografía, Emilio Villanueva
tamén profesor po segundo pola esquerda e xunto a orla do grupo a decana
da Facultade Elena Vázquez.
Miguel Angel López lendo o texto de
encabezamento da firma.
Este é o texto que escribiu Miguel Angel
e que firmamos todos, sensacional.
Misa na Corticela e xantar no Hostal dos
Reis Católicos
As nosas vodas de Ouro estaban perfectamente
programadas, eu diría matemáticamente feitas. Non faltou ningún detalle e todos
foron exquisitos e apropiados.
O peor o día que choveu "a Deus dar" da mañán a
noite; pero eso non foi motivo para que disfrutáramos moito. Repito a miña
enhoraboa a Miguel López López; a verdade que estuvo en todo.
Vou dar algúns detalles para demostrar o que
estou a decir:
As primeiras horas xa están contadas nos
apartados anteriores, coa sorpresa das firmas e todo perfectamente organizado.
Suspendeuse a visita e fotografía a nosa antigua Facultade de Ciencias e foi un
acerto xa que chovia moito.
Da Facultade fomos directamente a misa a Capela
da Corticela na Catedral de Santiago.
Nesta capela, por certo marabillosa, cun
románico sensacional e cunha fama xustificadísima, dicen que estando en
silencio escoitanse palabras como "si quero" en moitos idiomas; e seica hai
unha razón nesta capela medieval téñense casado moitos peregrinos.
Nesta capela tuvemos unha lembranza na misa
os nosos compañeiros que nos deixaron Luengo, Justo, Chano e Charo.
Dende a capela fomos directamente o Hostal
dos Reis Católicos onde aproveitamos o marco sensacional para facer esta e
outras fotografías.
E aquí xa foi o remate do día, unha
comida nada menos que no "Salón Real" , unha comida moi ben estudiada, e
unhos agasallos moi ben pensados.
Previo a comida tuvemos unha charla
sobre o "Salón Real" que nos puso en antecedentes da importancia
histórica desta sala.
As mulleres recibiron unha rosa,
detalle que se pode ver en primeiro plano e os membros da V promoción de
Matemáticas un detalle en forma de "Pasa Páxinas" coa concha típica de
Santiago e co texto grabado "Bodas de oro Matemáticas 1963-68".
Na fotografía o menú da comida e por
riba o agasallo en forma de "Pasa Páxina" que levamos todos.