Así era o Val glaciar do Cenza antes de facer un
encoro que ó destrozou en 1994. Nese
lugar había unha pequena presa que se ve na fotografía.
Hoxe hai un encoro moito máis grande. Este encoro construido en 1994 en Chagüazoso (Vilariño de Conso-Ourense) ,
asolagou o val glaciar do río Cenza, unha marabilla que
moi poucos ourensáns coñecían, tan siquera de nome... Lembro que
ó feito deste destrozo tuvo moi pouca repercusión en Ourense provincia, cousa que
non é de estranar.
Realmente ¿era necesario este encoro?. Sinceramente penso que non, a
zona é incriblemente bonita e sorprendente, pero repito pouco coñecida. Moi
aproveitable dende o punto de vista turístico, xa que era o val glaciar "mellor conservado de Galicia".
O encoro anegou tamén varios curros (lugares, no monte, para ter o
gando resguardado do lobo) históricos e moitísima historia.
Vilariño de Conso,
é seguramente o pobo de Galicia que máis encoros ten o seu redor e tamén a que máis diñeiro saca de canón por esa explotación, non necesitaba
este encoro para nada...
Encoro do
Cenza,cunha altura de casi 50 m. e un ancho de 600 m. Embalsa
soio 40 Hm3 e produce 206,2 MW. Ver algunhas características
neste pdf.
Embalse
actual. Penoso no lugar onde está. Na súa construcción arrasaron
co pouco que quedaba do río Cenza, na parte alta.
Aquí nesta imaxen
sacada do Google Earth vese como se pasa en 6 km. de 772 m a 1.336m.
O salto do Cenza (Iberdrola chámalle embalse
de Soutelo) está na cima de todo e aproveita o desnivel para
producir electricidade, de feito a auga baixa por una tubería casi
ata o río Couso. Esa tubería explotou a primeira vez que se fixeron
probas. Menudo estoupido.
Incumple tódalas
normas ecológicas e por suposto a lei de pesca de Galicia que xa
estaba vixente. Pero Iberdrola, que presume de ecoloxista, pása estas
normas polo forro...Por non dicir outra cousa.
Tuvo algo de
oposición pero con pouco eco. Os Ourensáns pasamos da nosa natureza,
falo en xeral.
Morrera glaciar de Chaguazoso
en pleno valle glaciar do Cenza, onde fixeron o encoro..
"“En
laVII Xornadas Ciencia e Territorio”, organizadas por la Nova
Escola Galega y el Instituto de Melide, hace pocos años,
en las que participaron 70 profesores de toda Galicia, los
asistentes a las mismas tuvieron la suerte de gozar del
magisterio y guía sobre el terreno del catedrático de la
Universidad de Santiago de Compostela, el ourensano Augusto
Pérez Alberti. Cuestionaron -con toda la razón- la construcción
del embalse del Cenza en esta zona donde está ubicado un
complejo morrénico importante. Chaguazoso de Vilariño de Conso,
pueblo de cuatro barrios, es uno de los situados a mayor altitud
en la provincia."
Os políticos
da zona e este encoro?, non quero falar deles...
O azude está nas coordenadas
42º 11´45.43 " N 7º 14´´
47.44 " O
Fotografías miñas do Valle
Glaciar do Cenza.
Anos 1975-85
Parte de abaixo
do actual encoro do Cenza, coa morrena e Chaguazoso
ao fondo.
Parte de abaixo
do actual encoro do Cenza. Morrena glaciar.
Curro na zona,
actualmente asolagado. Esta fotografía non é miña, é do
libro Ourense Natural.
Na zona onde
fixeron o encoro había esta pequena presa.
Parte de abaixo
do encoro. Río Cenza. O río está cheo de bolos enormes de rocha.
Algo incrible. Por certo marabilloso para a
pesca da troita, pero moi dificil de andar.
O encoro xa
feito.
O encoro xa
construido.
Azude da presa,
incumplindo todas as normas sobre especies piscícolas. Non
ten escadas. Algún político dixo que si, que ten escadas. Vense
na fotografía. Por ela suben as troitas voladoras do Cenza.
Parte do encoro do Cenza. Voo americano
de 1955.
Val glaciar
do Cenza. Fotografía importantísima xa que nela vese como
era este val glaciar, hoxe desgraciado polo encoro do Cenza.
Observar o río, que o forman varios regatos que veñen da
parte de atrás de Manzaneda. Paréceme ver enfrente un curro
xa medio desfeito...A fotografía é de 1987, xusto cando eu
pescaba a zona co meu compañeiro Félix. Esta fotografía, descoñezo o autor, pero ven no libro "O macizo central" do meu amigo José Benito Reza.
Por certo José
Benito Reza faime chegar unha apreciación moi interesante, xa
que se ve perfectamente no Voo americano de 1955 o "Foxo do
lobo" en forma de cruz, os muros que forman a trampa fan unha
cruz perfecta, no medio da fotografía. Tamén se ve perfectamente
nesta fotografía sacada do Google Earth.
José Benito Reza, o
que lle dou as gracias faime chegar dúas fotografías deste foxo
de lobo.
Este son os muros do foxo do
lobo. As uces están perfectamente aliñadas e cubren hoxe as paredes.
Fotografía de J.B. Reza.
Clásico foxo en cruz. O dibuxo é
de Paco Baluda
Voo americano. Foxo
do lobo perfectamente marcado. Ver tamén a pequena ponte que
había para pasar o Cenza. A 100 metros río arriba fixeron a
presa.
Este é o foxo que
está cheo de auga xa que a zona é unha braña moi húmeda.
Fotografía de J.B.
Reza.
Embalse do Cenza,
fotografía miña sacada dende o camiño que vai por
riba da montaña dende Cabeza de Manzaneda ata
Portocamba, por detrás do Invernadoiro.
Este valle era un valle glaciar único na zona.
Este era o
comentario que lle fixen a fotografía:
Esta é unha fotografía do Val
Glaciar do río Cenza, dende Cabeza de Manzaneda. O fondo as Serras
Calva, Serra Segundeira e Serra do Eixe, máis preto, a dereita, o
cañón do Bibei, , tamén o do río Camba, no centro Viana do Bolo.
Xusto no medio o muro do
encoro do Cenza (con escala para troitas voadoras...), feito no Val
glaciar do Cenza, único en Galicia. Altura de 1341 metros sobre o
nivel do mar. Xunto o
muro, xusto no medio, o pobo de Chagüazoso, o máis alto de
Galicia 1400 metros. A dereita do pobo a morrena (máis espectacular
e mellor conservada de Galicia), a dereita o cañón do Cenza un lugar
cuns cantos rodados espectaculares, propios dun Val Glaciar e cunhas
troitas sensacionais, un lugar por onde baixa o río Cenza e que eu
pescaba polos anos 1980-1990.
Este encoro, neste lugar único,
foi feito por Iberdrola no ano 1994. Unha auténtica salvaxada
antinatural. O tributo que pagamos por un progreso mal entendido.
Troita
do río Cenza, en tempos...
"Deus
fixo, sin dúbida, lugares tan fermosos como o Val glaciar do Cenza,
pero non entendo como deixou que ó estropearan cun encoro..."Secundino Lorenzo autor da www
Os cartos son os
cartos, "poderoso cabaleiro é Don Diñeiro..." e á idea, de
facer o encoro, deuselle para adiante polo canon,
cartos, que
aportaba e outras cousas me imaxino...
Curiosidade da
presa do Cenza: "O queixume do río Cenza"
Había en internet
unha páxina web moi curiosa que grababa distintos sonidos de
distintas partes do mundo, en especial de Galicia. Esta páxina tiña unha grabación
sobre "o
queixume ou lamento do río Cenza" que se produce en pleno azude, co sonido do vento.
O sonido fora
grabado xusto onde se ve esa estrutura metálica, a
barandilla, na cima da
presa.
Dende a miña páxina web, que canta a
vida dos ríos galegos, únome o lamento do río Cenza e
dinlle a enhoraboa os autores da web, que por cierto usaban
unha
fotografía miña, foi curioso.
Así era a
web, pero repito xa non existe, a Xunta de Galicia non lle
interesou o tema de grabar distintos sons da nosa comunidade.
O traballo é de Chiu
Longina ó que felicito.
Pero xa non existe na web.
NOTA
Este programa foi
retirado por falta de interés dos organismos que poderían
estar interesados. O traballo
era marabilloso...pero xa sabemos o que pasa...
Pasaron os anos e
atopo en internet este video que reproduce o sonido
grabado no seu día, descoñezo o autor... Unha milagre...