É un gran río ourensán
en parte.
O gran río de España, seguramente máis explotado polos encoros, ata nove
grandes encoros, dende o de Rozas en Villablino (León) ata o de San Pedro en
Nogueira de Ramuin. Realmente ten moi poucos kms, en Ourense, que o río esté
sin explotación hidroeléctrica.
O Sil nace en León
en Fonte Sila xusto onde a Peña Orniz en Babia (León). É o río do ouro dos romanos, que nas Médulas preto do Barco,
explotárono a tope. O río ten 228 kms. dos cales
(106 kms.) están en Galicia. De feito o río Sil discurre polas
Comarcas leonesas de Babia, Laciana, El Bierzo e Cabrera e na provincia de
Ourense discurre polo Barco de Valdeorras, a Rúa. Tamén por Quiroga na
provincia de Lugo.
Dícese que "o Miño leva
a fama e o Sil dalle a auga " e é verdade.
O malo é que hoxe por hoxe o Sil
dalle unha auga moi mala o Miño.
É o río máis
embalsado de España. Manuel Rivas fala de "río embalsamado", opinión que
comparto plenamente...
DATOS TÉCNICOS DO RÍO-SIL
( Conca soio do Barco).
| Nacimento : en León en Fuente Sila. |
Rotación cultivos: rotativo. |
| Afluentes importantes: Por la izquierda el
Casoio, Bibei, Navea y Mao. Por la derecha: el Soldón, Lor y Cabe. |
Pendente: 9.1º |
| Superficie : 570 km2 |
Textura solo:Areo-limoso. |
| Diferencia cotas :1700 |
Dias non úties vertidos: 162 |
| Lonxitude: 37 km |
Acept. choiva invernal:moderada. |
| Densidade población: 40 hab/km2 |
Precipitacións: 1159 mm |
| Densidade gando: 3 vac/Ha |
Deficit hídrico: 90 días. |
| Densidade explot: nº 6.5/km2 |
Risco contam.: 3/3 |
| Material xeolóxico: Lousas, areiscas
silícicas. |
Porcentaxe ocupación: Carballeda 40%, O Barco
20%, Rubia: 20%; Vilamartin : 20%. |
Nota: Datos sacados dos libro "As concas Fluviais
de Galicia" de Fco. Díaz Fierros-Avelino Núñez e Eugenio López.
Nótese o elevado risco de contaminación 3 sobre 3. Un dos máis altos
das cuncas galegas. Estos datos deberan terse por riba da mesa, señores políticos...

A cunca do río Sil que abarca
neste caso as provincias de Lugo e Ourense que comparte moito
tramo, salvo na Rúa e no Barco ata ben entrado León ó pasar á
altura de Vega de Cascallana. O río Sil está prácticamente embalsado en
toda a provincia de Ourense, a cola do encoro de San Esteban pasa da
desembocadura do río Lor e o encoro de San Martín pasa da Rúa. O dito o
río Sil non existe como tal na provincia de Ourense, a súa
explotación é total... Onde non hai encoro o caudal ecolóxico é mínimo,
salvo na zona do Barco de Valdeorras.
Na provincia de León recibe as aguas
dos ríos Boeza, Cúa, Burbia, Tremor e Cabrera.
Después de atravesar a comarca do
Bierzo, entra en Galicia pola provincia de Ourense polo encoro de Peñarrubia
bo concello de Rubiá. Fai límite entre Ourense e Lugo. Logo pasa polos
concellos de ayuntamientos de Carballeda de Valdeorras, O Barco de
Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, A rúa, Petín, Larouco, Quiroga, Ribas
de Sil, A Proba do Brollón, Monforte de Lemos, Castro Caldelas, Sober, A
Teixeira, Parada do Sil, Nogueira de Ramuín e Pantón.
Os seus principales afluentes na
provincia de Ourense son : o
río Navea, o río Bibei (que a
su vez ten como afluentes o río Camba (con los ríos Ríbeira
Pequeña, Ribeira Grande, que son os ríos do
Invernadero, Parque Natural de Ourense ), o río Conso
( que ten como afluente o río Cenza), o
río Xares (e os seus afluentes Corzos,
Canda, Mao e Requeixo), o
río Balado, o río Candis e
o río Casoio; río Leira ey río Entoma.
Afluentes principales en Lugo,
afluentes pola izquierda: Lor (e afluente
Louzara), río Quiroga, río Soldón e
río Cabe .
A
cunca do río Sil abarca unha extensión de 8.020 km2, dos que 4000 km2 están
en territorio galego.
Desemboca no
río Miño nos Peares, facendo
linde entre as provincias de Lugo e Ourense.
Esta conca ten de todo: vales estreitos, canóns e pequenos terreos de
aluvións de orixen tectónica. Os tramos encaixados do río Sil están ocupados
polos encoros de producción de energía eléctrica: Penarrubia, Pumares,
Casoio, Santiago, San Martiño, Montefurado, Sequeiros, Santo Estevo e San
Pedro. Ten afluentes, como o río Bibei que é o máis importante, tamén
hai grandes encoros como o do Bao e o encoro das Portas,
este último recolle as aguas do Invernadeiro e trátase do segundo encoro
mayor de Galicia.
Na
conca anterior, na parte do Bierzo e do Barco de Valdeorras predominan as
pizarras, por certo nesta parte cultívanse os grandes vinos do
Bierzo en León, viños afamados e de gran calidade e tamén temos a
denominación de Orixen de Valdeorras: os mencías e os godellos.
A
nivel turístico temos por baixo do Barco a chamada Ribeira Sacra, con
canóns espectaculares onde o leito do río está 500 metros máis abaixo do
chan ou pequeno val, con pendientes de máis do 70%.; neste caso o
leito do ríol ten unha pequena base rochosa formada por xistos,
cuarcitas e granistos. Algo grandioso. Esta zona ten hoxe un gran interés
dende todos los puntos de vista: xeológico, paisaxístico, ecolóxico,
histórico e etnográfico. A súa importancia dende o punto de vista económico,
co cultivo en bancais, con unha calidade extraordinaria do vino, e un
turismo en alza. Diferentes tramos do río Sil están hoxe protegidos como
Lugares de Importancia Comunitaria: Enciña da Lastra, Ancares-Courel e
Cañones del Sil.
Datos
técnicos do río ( Barco-Peares):
A verdade é que o río ven moi contaminado da zona do
Barco e inda por riba está cheo de grandes encoros da época da Dictadura. Está
desfeito. Entre Iberdrola, que tén o río cheo de encoros, as Pizarreiras que
convirten algúns regatos en aguas completamente grises-azuladas e por suposto
contaminadas, e os pobos da zona, como o Barco, A Rúa, etc. que non depuran en absoluto,
teñen feito deste río unha auténtica pocilga.
Por si fora pouco, no tramo de Ourense, están
previstas varias minicentrais en regatos todos da zona da Rúa e o Barco. A última
minicentral anunciada é no río Leira ( Xaneiro de 1999). Finalmente, pra rematar
Iberdrola, no curruncho que lle quedaba, no Barco, anuncia ( 31-05-98) duos novos encoros.
O colmo.
Os pescadores do Barco e da Rúa fan realmente moitos
esforzos por limpalo, pero o río ten moi mal arreglo, xa que está desfeito.
É un exemplo claro do que pode facer con un
río o chamado "desenrolo sosteñible". Desgracialo completamente.
NON HAI DIREITO A ESTE TRATO DADO
Ó RÍO SIL.
Pese ó anterior a zona do
Bierzo e o
Barco de Valdeorras é extraordinaria, con un potencial turístico fora de toda dúbida e
que no futuro dará moito, moitísmo que falar. Por poñer uns exemplos : casas rurais
sensacionais como o Pazo do Castro e lugares
para soñar como
as Médulas ou o Teixadal combinadas, poden dar á zona unha riqueza ata agora
descoñecida.
Esperemos que os
responsables políticos da zona, coiden o máis preciado que teñen : a natureza
Curiosidade:
Os Peares é onde empeza o canón do río
Sil. Aquí aproveito para citar o "Principio de
perceptoloxía" según o cal o río que no momento de xuntarse forme maior
angulo coa dirección que sigue é o río principal. Según este principio, o
río Sil é afluente do río Miño. Non creades que a cousa e tan fácil xa que
"O Miño leva a fama e o Sil leva a auga". O licenciado Molina decía que o
principal era o Miño, que non era extranxeiro...Eso sí o máis longo é o Miño,
si se toma ata a desembocadura (307,5 km.), contra o Sil (228 km, 106 en Galicia).
Evidentemente este dado non é correcto, o río Sil habería que tomalo ata os
Peares que son 228 km. e o río Miño igual 135 km. está claro que o río Sil
ten máis km. ata Os Peares.

Está claro según ese principio que o Sil e
afluente do río Miño. o ángulo A e maior que o ángulo B claramente. (Para
medir os ángulos non se teñen en conta os signos e tómase o menor que
forma coa continuación)

Fotografía da xuntanza do río Miño e o Sil
nos Peares. Secundino Lorenzo

Fotografía histórica da misma xuntanza.
Descoñezo o autor da sensacional fotografía.

Fotografía histórica dos
Peares, ano 1950. Revista Natura.
Estado de conservación:
Nacimento e
primeiro tramo do río:

Cascada de Lumago. Alto Sil.
Fotografía
sacada deste blog.
Descoñezo o estado do río nos seus
comenzos pero presupoño que é moi bon.

Os primeiros kms. do río Sil. A fotografía
é de E. Seoane.
Deste
primeiro tramo e das súas pontes hai un video que
merece a pena velo.
A partir dos primeiros encoros é un auténtico
desastre, así mo comuníca Jose Carlos de Ponferrada que a última ( febreiro
do 2001) é deixar sin agua o encoro de Barcena o río Sil augas
abaixo, pasou de 50 m3/seg a 2,5 m3/seg, nunha hora, quedando
cantidade de troitas en zona de secano. Lamentable.
Ó río Sil fanche de
todo as hidroeléctricas como Iberdrola e Endesa, que dicen son conservadoras do
Medio Ambiente...será conservadoras dos encoros...porque soio miran os
seus bolsillos...o resto impórtalle tres pitos...

O Sil na Serra da Enciña da
Lastra, por onde pasa a estrada do Barco a Ponferrada con dous
tuneis na zona en Cobas. Por suposto embalsado ou embalsamado
prácticamente en todo o recorrido. Dende o encoro de Pumares ata o
de Penarrubia. Por Toral de los Vados xa en León ten unha zona
sin encoros pero é corta. Descoñezo o autor da fotografía.
De Ponferrada
o Barco poucos treitos ten libres e os que ten penosos. As explotacións
mineiras teñen a este río defenestrado, xunto coas explotacións
hidroeléctricas.
Tramo Barco - A Rúa :

Pasarela sobe o río Sil no Barco e
Valdeorras. Fotografía Secundino Lorenzo 2008.
Un auténtico desastre ecolóxico. Unha pocilga.
Só hai que fixarse na cor do rio para darse conta. Polo Barco ten zonas donde non existe
o río como tal . Concretamente en Sobradelo, o río un pouco antes é desviado por una
canaleta para levar as augas a una central.
O río Casaio que é un afluente pola esquerda tamén ven moi
contaminado polas pizarreiras.

Río Sil.
Por si fora pouco, despois do encoro de San Martin, por debaixo da
Rúa, non hai río, é incríble. Case sempre está seco ata a desembocadura do Bibei.
As fotos que siguen demostran, claramente a desfeita deste gran río. É demencial.
NUNCA PUDEN ENTENDER COMO MEDIO AMBIENTE GALEGO NON TOMA
CARTAS NESTE ASUNTO. SOIO HAI UNHA EXPLICACIÓN : QUE IBERDROLA SEXA MEDIO AMBIENTE. COUSA
QUE NON ME ESTRANA.

Na fotografía o encoro de San Martín da
empresa Iberdrola, unha empresa que presume de respetar a Natureza e que neste tramo deixa
o río Sil sin auga, como se pode observar na seguinte fotografía:

O día da fotografía en febreiro de 1999 o río
traía auga dabondo ( como se pode observar na fotografía que encabeza este escrito sobre
O río Sil). Unha vergoña.

Xusto a beira desta área de descanso, moi preto
de Montefurado, unha zona especial para o turismo , o río Sil vai completamente seco.
Dende o encoro de San Martín ata desembocadura do río Bibei.
Pra rematar a UE citao, (pódese ver na Voz de Galicia do
24-05-98) como un río donde non se deben bañar as persoas. O colmo.
Demáis tramos da Provincia de Ourense:
Lastimoso. Son casi todo encoros e sitios moi difíciles.

Río Sil na Cubela, fai
pouco cando baixou o encoro de Santo Estebo. O río iba como en
tempos, pero soio foron uns días. Foto de Secundino Lorenzo.

Así era o canón do Sil en 1955. Esta é
unha fotografía histórica. Hoxe nese lugar está a presa do encoro de Santo
Estebo.

Encoro de Santo Estebo.

Sensacional fotografía do Canón do Sil
actualmente. Posterior a 1958. Descoñezo o autor da fotografía.
O paradoxico é que a zona de Ourense é do mais bonito da
Provincia dende o punto paisaxístico (canón do Sil) e histórico (San Estebo e Santa
Cristina) . Menos mal.

Canón do Sil. Fotografía de Álvaro Iglesias.
O río non vale para pescar
troitas, non ten. Carpas e bass é o que hai.
Na fotografía o cañon do Sil cun valor paisaxístico e
cultural inmenso. De feito nas súas beiras atópose un dos Mosteiros mais impresionantes
de Galicia:

O Mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil.
Unha marabilla en pleno canón do Sil.
Pero hai mais : Santa Cristina de Ribas do Sil do siglo IX, por exemplo. A iglesia é unha xoia
do románico galego.

Descoñezo ao autor desta fotografía.

A misma fotografía, sacada seguramente
dende o mismo lugar, o mirador de Cotarro. Fotografo Secundino Lorenzo, ou
sexa o que escribe.
Fotografía de Sta Cristina
un lugar paradisíaco. É famoso o dito "en Sta. Cristina buscouse a Deus, con máis
ventaxa que noutros lugares..."
Pódese tamén facer unha ruta en catamaran polo cañon do Sil e combinar coa
visita os Mosteiros citados. É marabilloso. Claro que inda o sería máis si o río Sil
non foxe pechado polos encoros. Si os monxes levantaran a cabeza, seguro que non estarían
de acordo coa desfeita do seu río Sil...síntome solidario con estos monxes...

( Nesta fotografía sensacional de
Santa María del Villar, vese a ponte de Paradela no río Sil, antes de
facer o encoro de San Estebo. Trátase polo tanto dunha foto histórica.
Hoxe pertenece o chamado cañón do Sil. Aquí pódese apreciar como era o
Sil realmente, un río entre montañas, con moita corrente en algúns tramo
moi caudaloso. Hoxe repito o Sil e prácticamente un encoro continuo... Recoñezo que o cañón do Sil é fermoso...pero amigiños, eu,
personalmente, quédome co río primitivo que se ve na fotografía, xa que
me gusta a vida. Un cañón para mín inda era máis bonito...)
Por certo o río Sil ten varios afluentes
importantes en Ourense e Lugo : o Quiroga ( un río desfeito e gris tamén pola
explotación da Pizarra), o Bibei ( un río desfeito por Iberdrola), o Navea ( outro río
desgraciado augas abaixo de Chandrexa) , o Cabe ( outro río desgraciado, por certo onde
vai unha minicentral, xusto no mellor do río, cando empeza abaixar cara O Sil) , para que
seguir...
Sinto polo río Sil, podría ser una gran río,
de feito os monxes escolleron as súas ribeiras por algo...
Tres imáxes do río Sil en San
Esteban, un mostruo de encoro.

Encoro de San Estebo.

Vista do encoro.

Saída de auga en San Estebo.
O Sil desemboca no río
Miño nos Peares. Outro lugar marabilloso. Observar as augas do
Sil, de cor distinto as do Miño.
Realmente o río Sil son
prácticamente todo encoros..., auga sucia das pizarreiras e pouco
máis...lamentable.
Fai pouco fixeron unha
ampliación no encoro de Santo Estebo e deixaron o río baleiro de auga dende
a presa ata a desembocadura do río Cabe. Unha auténtica salvaxada que soio
pode facer a dona, entre outros do río Sil: Iberdrola.

Encoro de Santo Estebo.

A parte de abaixo quedou seca e sin
auga. Incrible.
Inda por riba queren
facer unha minicentral que traballe de noite, subindo a auga polo día e
turbinando pola noite. Para elo habería que construir un lago no mismo canón.
Outra desfeita si se fai.

Este sería o lago. Unha
desfeita para as estradas da zona, moi visitada actualmente e unha
viabilidade que non remato de vela salvo que actualmente o precio é
menor pola noite.
Saír.