O ENCORO DAS CONCHAS PRIVOUNOS DO ESPACIO SAGRADO E FESTIVO DO SAN BENITO.


Portada da revista Lethes. O número 1. Unha revista sensacional sobre a Limia.

Manuel Rivero Pérez. Licenciado en Cencias Políticas e Socioloxía.

Un artículo de Manuel Rivero Pérez, publicado na revista  Lethes " Cadernos culturais do Limia".

Merece a pena leelo xa que é sensacional. Según o autor é un dos capítulos que analiza na súa tesis doctoral sobre "A Limia anos 1900-1995, anegacións, desecacións e concentracións, cambios socioculturais e impactos ambientais."

                      Nota importante: coido que non lle parecerá  mal, tanto a revista Lethes como o autor do artigo Manuel Rivero que faga unha copia exacta en canto o texto dun artigo que considero fundamental, dentro do tema que trata a miña folla www sobre os ríos de Ourense. En caso contrario, retiraría o artigo. Algún día gustaríame leer a tesis completa deste autor, así como coñecer o autor. Moitas gracias anticipadas, por esta ledicia.

Salir. carta2.gif (10087 bytes) Correo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O ENCORO DAS CONCHAS E SAN BENITO.

 

Fotografía do encoro das Conchas. Xurxo Lobato.

"O encoro das Conchas privounos do Espacio Sagrado e festivo do San Benito."

Fotografía do espacio Sagrado de San Bebito no Baño.

"Espacio Sagrado de San Benito". No Baño ( Nº 1 ) .

  

Manuel Rivero Pérez. Licenciado en Cencias Políticas e Socioloxía.

(Manuel Rivero Pérez , autor do sensacional traballo)

 

Neste artículo vou analizar algunhas das consecuencias negativas que para a Parroquia do Baño, e as do seu entorno, tuvo a materialización do encoro das Conchas no ano 1948, este traballo é un avance dun dos capítulos que sobre o impacto dos embalses nas persoas analizo na miña Tésis Doctoral " a Limia anos 1900-1995, anegacións, desecacións, cambios sociculturales e impactos ambientales".

Fotografía do espacio Sagrado de San Bebito no Baño.

  A devoción por o San Benito, no baño e na súa contorna, demóstranos a seducción polo sagrado nun espacio acotado e protexido, onde o home relixioso-lúdico, vive, recrea e expresa a súa dimensión espiritual e festiva, nise espacio as secuencias temporais e os usos espaciais bailan o mesmo son, dase unha interrelación entre o home, a terra, o tempo e o San Bebito, estamos ante un centro de sociabilidade que propicia a participación dos membros da propia comunidade cos das comunidades veciñas, por medio dunha acción colectiva que se permite a licencia de trasgredir o orden social e a racionalidade productiva, esta comunión québrase a raíz da inundación do encoro, e de esa forma impide transmitir o patrimonio festivo e relixioso da comunidade as sucesivas xeneracións, a raíz de ise acontecemento a parroquia do Baño perde o núcleo máis importante de acción social, onde o profano e o sagrado converxen nun tempo e nun espacio, o que fixo o encoro foi privar ó San Benito da súa eficacia simbólica, " o San Benito acabouse co embalse" cando os veciños nos transmiten ise mensaxe estanos a dicer a nostalxia que sinten por a perda dunha parte identaria propia e da felicidade compartida, cando a continuación engaden "aquil San Bebito era para todos(....) vellos e novos, mozas e mozos (....) todos se divertían".

Fotografía do espacio Sagrado de San Bebito no Baño.

  O San Benito era o eixo da potencia divina da Parroquia do Baño, que se espallaba pola comarca, era en parte o centro do vivir diario porque do Santiño acordábanse a cada momento, ese vivir culmina ca explosión colectiva de devoción e de ledicia no dia grande da festa, onde as donacións, os agradecementos, as accións de gracia, rezos, bailes e diversións xúntase para testimoniar o plural agradecemento o seu santo milagroso, amigo xeneroso, guía e protector.

Fotografía do espacio Sagrado de San Bebito no Baño.

  Festa e fé únense fruto da capacidade humana da acción condensada en estado de diversión e de devoción sen excluirse, senón complementándose, porque no San Benito víanse con todo o mundo, e falaban con uns e con outros, en realidade viven o fenómeno colectivo da fé e da festa porque o Baño no día grande era un gran centro de sociabilidade, de manifestacións expresivas e comunicativas, que fomentan a participación, era unha comunidade viva que servía de punto de atracción e de referencia das comunidades veciñas, as que invitaban a participar e disfrutar de forma gratis, dos sentimentos máxicos - profano - relixoso  -  festivos.

Fotografía do espacio Sagrado de San Bebito no Baño.

  Por medio da devoción relixiosa e da entrega lúdica, crean, recrean e confirman unha comunidade singular, e decir reforzan os seus vínculos e reafirman a súa identidade, dado que a festa, afirma, certifica e identifica, é o símbolo de alegría, de misticismo e de vitalidade, onde o pobo e o seu santo desempeñan o papel de protagonistas e de espectadores ó mesmo tempo, serven de escaparate as comunidades viciñas, os actos relixiosos e a festa facilitan a interdependencia das comunidades, dado que aproxima, interrelaciona e profundiza nas súas relacións, permítelle un maior coñecemento mutuo, e por tanto un maior interés, a festa congrega persoas, facilita o coñecemento e amizade de mozos e mozas das diferentes parroquias que logo darán lugar a futuros matrimonios, por medio da festa sagrada e profana a comunidade ábrese ó exterior, dase a coñecer, en certo modo as comunidades veciñas medían e valoraban o Baño pola súa festa, esta estaba no punto de mira da competencia, porque era a admiración de toda a comarca.

Fotografía do espacio Sagrado de San Bebito no Baño.

   O San Benito funcionaba como motor de cohesión da parroquia, co seu ritual criaba e mantiña punto de vista comúns, porque a representación colectiva da lugar a estados de opinións similares, axuda a manter viva a vitalidade da creencia, ano a ano reaviva a cociencia e mantén cohesionado o grupo, por medio da súa festa a comunidade ábrese o exterior, o San Benito servía para reunir o clan familiar ao menos unha vez o ano, marcaba o rito de paso dun ano a outro, niste caso o relixoso organizaba a xeografía e o tempo, o San Benito era un dos grandes organizadores do espacio no Baño de abaixo, é capaz de criar un tempo especial que intercambia o traballo polo lecer e a esperitualidade, por unhos días trastoca a vida diaria e interrumpe a laboriosidade productiva do mundo do traballo, dado que pro San Benito deixábase todo e íbase mesmo anque estuveran de loito as primeiras misas da mañá.

Fotografía do espacio Sagrado de San Bebito no Baño.

   Unha vez que se tuvo que trasladar o santo ó Baño de arriba, foille imposible reorganizar a nova territorialidade, a ruptura do santo co primitivo vínculo xeográfico, levou o santo a quiebra do seu entorno na nova ubicación, espacio - tempo - persoas - santo , deixan de interrelacionarse, o novo espacio non se encarna do sagrado, o tempo vólvese continuo, o non se interrumpir cíclicamente cos seus grandes hitos do San Benito Grande no verao e San Benito pequeno no inverno, e por tanto as persoas deixan de xuntarse diante do seu protector, defensor e auxiliador, pra lle testimoniar o seu agradecemento, suplicarlle remedios ou entregarse con ánimo lúdico a festa, así que se dispersan, indiferencian, ignoran e distancian, o fallar o ritual da festa e da devoción leva consigo a quebra da creencia, pérdese a especial devoción que por santo sentíase na comarca, rómpese a relación cordial e mística entre o santo e os seus devotos, a interrelación dinámica de pedir axuda e de otorgar gracias québrase, e o San Benito perde a vivencia da súa identidade e o sentido de apertura para outras comunidades o disminuir drásticamente o seu poder de convocatoria. Falla a interdependencia, a solidaridade, a admiración e a reciprocidade das comunidades veciñas, rómpese a exogamia que a festa facilitaba, pérdese a diferenciación que daba a comunidade a celebración da súa festa.

Fotografía do espacio Sagrado de San Bebito no Baño.

   A comunidade perde a intensidade da experiencia colectiva relixioso - lúdico - mística, o nexo de unión aflóxase, para moita xente o San Benito dexou de ser un día de excepción, xa non marca o seu ritmo vital, deixou de ser o imán que atrae, o consolador das penas, o curador das enfermedades, o que se lle pide axuda,  a disculpa da festa para recrear o home lúdico a través dos seus instintos, o enlace do espíritu místico coa diversión, en resumen o santo deixou de ser para moitos o seu confidente, consolador de penas, testigo de alegrías, esperanza de moitas ilusións, consolador de moitos desenganos e remedio de moitos males.

Fotografía do espacio Sagrado de San Bebito no Baño.

  A territorialidade do santo estaba perfectamente definida na mente dos veciños de Baño, dado que sentían a proteccións do santo tan pronto como acudían os seus dominios, porque cando entraban na parroquia, se sentían algún arrepío encoméndabanse ó santo, aparecía de esta forma como protector da súa integridade física, o San Benito e o fiel guardián da teritorialide parroquial, anque por o que era máis estimado e coñecido era porque era moi abogoso contra todos os males físicos, así que a fé no San Benito era unha das mellores terapias contra a door e a enfermedade.

 

Fotografía do espacio Sagrado de San Bebito no Baño.

   Unha análise comparativa diste sentimento de protección que sentían os veciños de Baño co seu santo en comparación con exército que defende un país, danos un paralelismo no que mudan os medios e a exteriorización da defensa, mentras que o santo utiliza medios espirituais, o exército caracterízase por a utilización da forza, pero siguen os mesmos pasos.

ENEMIGO SIMBOLO MÚSICA MEDIO FIN
SAN BENITO Mal Estandarte Campana Oración Saúde individual
EXÉRCITO Invasor Bandeira Trompetas Espadas Saúde Territorial

                                                 Fonte: elaboración propia.

Fotografía do espacio Sagrado de San Bebito no Baño.

  Para os viciños do Baño, o San Benito encarnaba a simbolización do ben, era o seu símbolo da loita contra o mal e a enfermedade, mentras que o embalse encarna as forzas do mal por medio das súas impurezas, enfermedades e mortes.

  A materialización do embalse para os afectados representa a vitoria  do mal sobre o ben, e decir a imposición do caos sobre o cosmos, da morte sobre a vida, da impureza sobre a pureza e do encoro sobre o santo.

  No seguinte cadro podemos ver de forma resumida a simbolización santo-encoro para a comunidade.

SAN BENITO ENCORO
Ben Mal
Saúde Enfermedade
Vida Morte
Pureza Impureza.

 

  O ben que daba o santo, a través das súas festas: reunía, unificaba, divertía, purificaba e santificaba, coñecía, contrasta coa aparación do encoro que distancia as comunidades, aillas, separas, asulaga e ignora.

A saúde que daba o Santo ó encomendarse a él cando se sufría, contrata con o mal que aporta o embalse con as súas névoas, catarros, gripes, mortes e enfermedades.

 

   O San Benito era o elemento dinamizador do equilibrio da comunidade o ser capaz de manter a hixiene da parroquia nos tres ámbitos:

  • a) Saúde moral, queda restaurada ou fortalezida a través da confesión anual, que coincidía co día grande do santo, era a data señalada para cumprir co precepto, por medio da confesión restablécese a moral, ó permitir o arrepentimento e poder dar o perdón.

  • b) Saúde espiritual, que se ve afianzada e restablecida ó cumplir co precepto da comunión anual, despois da confesión pasábase a comunión que favorecía o enlace místico entre o santo e os seus devotos.

  • c) Saúde física, que volve a reinar no corpo e no estado de ánimo dos feligreses, cando por medio da intercesión do santo desaparecen as doores de cabeza, dos brazos e das pernas ou o malestar de todo o corpo.

  O Santo era vida e ilusión a todo o que se movía ó seu arredor, mentras que o embalse trouxo consigo a morte, enfermedade e destrucción dado que son moitos os afogados que se ten cobrado, e a reuma que lle roe os osos e os catarros e andacios que non dan pasado.

 

  O Santo representa a pureza de corpo e espíritu, en cambio o embalse leva consigo impureza, maldade e ensañamento cos viciños que expulsou do Baño.

   A fé no San Benito aparece manifestada nas ofrendas e nos exvotos que recibía, para que quedaran como proba do seu favor, istes testimonios van incrementar o seu poder de convocatoria, era moita a confianza que había no santo, dábase un trat case humano entre santo e devoto, a franqueza con que se lle pedía e o agradecemento que se lle tiña, unha vez recibido o favor do santo, expresabase con humildade e gratitude.

  O San Benito do Baño, a Clamadoira e o Viso formaban o triángulo Sagrado da Baixa Limia, esta interrelación quedou totalmente quebrada coa inundación do encoro, ao asulagar o Baño e crear unha fronteira entre  o Viso e a Clamadoira que dificultou a concurrencia de unha e da outra veira da Limia.

Ermida da Clamadoira. ( nº 3) Romaría do Viso. (nº 2)

 

   Despois de pasados cincuenta anos a xente máis vella sigue rememorando cunha proximidade emocional extraordinaria as festas perdidas de San Benito, a súa memoria é o instrumento de lixitimación ao apropiarse dun tempo e dun espacio co protagonismo do santo, no seu discurso brota o lamento constante por a pérdida de ese lugar de encontro lúdico - sagrado , que proporcionaba o San Benito e que ise diaño de embalse encargouse de roubarlle para sempre, e ó mesmo tempo consolidou unha fronteira no tempo e no espacio que os separou, aislou, distanciou, e ignorou, dunha comunidade irmá e viciña, que ata ese momento caracterízabase por unha interrelación dinámica dee espacio - santo  - tempo  -  persoas .

O San Benito. Algo máis que un santo para o Baño.

 Para resumir podemos apreciar os seguintes efectos negativos do encoro:

  • a) Priva a comunidade da festa e dos seus efectos positivos, dado que a celeración da mesma renova a creenza colectiva, cría estados de opinión comúns, mantén unido e cohesionado o grupo, na festa revivimos e recoñecemos unha esencia de nós que por medio do ritual facémola permañecer no tempo, o San Benito contribuía de forma intensa o funcionamneto da comunidade do Baño, dado que se criaban puntos de vista comúns, socializa a xente na mesma crenzxa, na mesma simboloxía, ó mesmo tempo, no mesmo lugare por medio do mesmo discurso, é decir unifica accións, relacións, ideas e creenzas, dado que a festa contribue o enraizamento da identidade comunitaria,a festa é o escenario ideal para a interacción social, permite o intercambio de mensaxes, o exercicio de roles, a consolidación de amistades, o coñecemento de actitudes é o encontro de mozos e mozas que acaban en futuras bodas, iste intercambio de mulleres e homes dunhas comunidades a outras favorece as relacións interparroquiales.  A festa con a sua ledicia, soltura, diversión, sobremesas, bailes e comidas copiosas son as tiras de trenza lúdica que xunto as oracións, confesións, misas, procesións, ofrecementos, súplicas e agradecementos que trenzan a solennidade relixiosa, fan que estas dúas entidades lúdico - relixiosas, co os seus signos e significados crien o milagro da comunicación e da convivencia e o entendemento, desta forma establece o efecto positivo da ruptura na sucesión do tempo ordinario, para convertelo en extraordinario ó intercambiar o traballo por o ocio, a tranqilidade por o bullicio, a vida familiar por a convivencia extracomunitaria, marca o goce do presente onde todo se mide polos excesos, derroches e licencias do prohibido, á  unión da explosión relixioso-festiva, onde a dialéctica cuantitativo - cualitativo con as súas leis e significados interrelacionanse, superponse, influínse e as veces anúlanse, a festa en realidade é un tempo definido e diferente do tempo cotidiano, que marca a división anual para darlle de esta forma continuidade e progresión ó tempo, a festa é a mellor expresión da nosa herdanza cultural é representa ó fenómeno propio da nosa vitalidade. A comunidade perde o prestixio que lle daba a celebraciçón da festa, o San Benito aportaba un caudal de propaganda positiva frente as comunidades veciñas, o Baño era coñecido polo seu santo, e o mesmo tempo perde o revulsivo social que conleva os peparativos e a celebración da festa, dado que na festa todos se sinten protagonistas, salvo os que están de loito, os demais en maior ou menor medida todos participan, a festa é o medio ideal para exercer a condición de membro da comunidade. A desaparición da vitalidade do Baño, levou consigo a morte de San Benito, o santo morre o mesmo tempo que a súa comunidade, a enfermedade xenerada por o embalse e o seu posterior trasterramento, acabou primeiro con a súa vitalidade e pasou a continuación a certificar a súa defunción, cando o San Benito deixou de celebrarse e o Baño nunca máis foi pueblo, quedou cunhas casas illadas sin vida comunitaria, a ruptura do primitivo vínculo comunitario foille imposible de restablecer no novo entorno xeográfico, ante esta nova situación a relixión deixou de funcionar como organizadora do espacio, o encoro motiva o cambio de emplazamento, e forza a ruptura dos lazos festivos e relixiosos que mantiñan cohexionada a comunidade, e o mesmo tempo perden os vinculos de unión coas comunidades veciñas, o fallar o San Benito a comunidade do Baño, vese privada do elemento cohesivo fundamental que aportaba o santo, tanto na dimensión festiva como na relixiosa, quebrándose á vez o proceso da criación social - comunitaria.

  • b) O calendario queda lineal ó perder  efecto da festa que fai avanzar o tempo, ó dividir o ciclo anual, a partir do día grande, no Baño o transcurrir o tempo iba en referencia a esta festa, cando se aproximaba decian faltan tantos días pro San Benito e canto acontecera recentemente, pasaron tantos días do San Benito, así a celebración do día grande marca o rito de paso dun ano para outro, divide o ciclo anual onde o tempo elabórase colectivamente nun espacio colonizado socialmente a través dun exercicio constante de simbiosis, tempo e espacio interrelacionanse por medio da creación humana, que é capaz de temporizar o espacio e especializar o tempo. Perden este espacio sagrado que estaba encarnado nun santo, ese espacio e ese santo forman parte do soporte da memoria dos viciños que se apropia dun tempo nun espacio significativo, que son capaces de manter vivo por medio dun recordo continuado.

  • c) Rómpese o triángulo sagrado da Baixa Limia,o encoro das Conchas, asulagou o Baño e o San Benito, fixo desaparecer a vértice dise triángulo sagrado, pero o mesmo tempo rompeu a conexión do Viso coa Clamadoira, o criar un límite dificil de traspasar o inundar tódolos elementos estables de paso que había previamente sobre o Limia, e non restituir ningunha das servidumes existentes, esto fixo que a Clamadoira perdera a concurrencia da mairía dos veciños do marxen dereita do Limia e o Viso perdeu a convocatoria que exercía sobre a marxen esquerda do río. As dúas romerías quedaron sen parte do seu referente básico, que motivou que ese triángulo sagrado se vira privado das súas sinerxias colectivas, para quedaren soio como puntos illados dunha comarca subdividida por mor do encoro. Na foto nº 1 podemos apreciar o San Benito do Baño, na actualidade, o encoro fixo que pasara da cima do esplendor a sima da decadencia, o que ó mesmo trocou a notoriedade polo ostracismo. Na foto nº 2, apreciamos o Santuario do Viso, o que a barreira do encoro restoulle efecto o seu poder de convatoria. Na foto nº 3, apreciamos o Santurario da Clamadoira, que por motivo do encoro sufriu e sufre da mesma enfermedade co do Viso.

  • d) O encoro rompre a endogamia interparroquial, que ata ese momento era común entre as comunidades viciñas de ambos lados do río Limia, un simple análisis dos libros de matrimonios da Parroquia do Baño dende o ano 1900-1995 demostranos dúas tendencias, mentras que dende 1900 a 1947 o normal era que mozas dun lado e de outro casasen con mozos dun ou doutro lado cun ratio en torno o 30%, esa tendencia québrase drásticamente a partir do ano 1948, en que a frecuencia de matrimonios pasou a ser de cero, salvo un illado que se da no ano 1970, o intercambio de mozos e mozas entre ambas comunidades deixou de efectuarse, o que nos demostra que do vivir cara a cara diario, por motivo do encoro pasaron a vivir de costas totalmente, xa non se interrelacionan nin se interesan, pasan a vivir tempos distintos e socializanse en espacios dfiferentes, esto vese moi claro nas cohortes que naceron con posterioridade o encharcamento que apenas mostran interés por o que ocurre do outro lado.

  • e) A ruptura do vínculo xeográfico, levou consigo a ruptura do vínculo comunitario, por máis que o intentaron os viciños do Baño que se foron ubicando na estrada, nunca máis foron capaces de manter os primitivos lazos que os unía no Baño de abaixo, fallou a súa capacidade creadora, e o resultado non foi máis ca unhas casas ailladas sin apenas vida comunitaria. Este proceso foi paralelo ó San Benito, que unha vez que se inundou o seu espacio primitivo, na nova reubicación non foi capaz de encarnar no sagrado o novo territorio, e a ruptura do vínculo espacial, levou consigo a ruptura do vinculo festivo e relixioso, e conduciu o esmorecemento da súa capacidade de convocatoria. O primitivo emplazamento era un lugar amplio e aberto, a curta distancia dun interesante nó de camiños e estradas,que comunicaba as comunidades do Baño, con Porto Quintela, Bande, Lobeira, Muiños, Mugueimes, Lovios, Entrimo, a Limia Media e toda a raia seca, co encharcamento do encoro, non soio lle restou a participación de centos de bañistas que por o día grande estaban a tomar as augas, senón que reduciu a súa zona de devoción, o cortar as comunicacións, subdividir a comarca, esto fixo que de ser santo supralocal, pasase a ser soio local. e que do cumio da explosión relixioso - festiva, pasase o val da indeferencia e o semi-esquecemento da actualidade.

  • f) A maldición do encoro, nas persoas directamente afectadas, consideran o encoro como unha maldición que lles afecta de forma persoal e intransferible, dado que os que se foron do Baño, seguiunos a perseguir con expropiacións alí onde se ubicaron, non importando que se foran a Vigo, Aceredo ou Celanova, e os que se quedaron segue a castigalos con a privación da súa dimensión lúdico - festiva , con catarros, enfermedades, pestes e afogados, síntese como unha especie de pobo maldito, dado que non soio lles roubou o seu patrimonio cuantitativo, senón que tamén lles levou os seus referentes cualitativos soportados no San Benito e as súas festas, misas e procesións.

  • g) O encoro levoulle os tres referentes básicos nos que se soportaba a comunidade , na recta final do desenlace dos acontecementos, nunca pensaron os afectados que se iban a quedar sin esos tres pilares, que para eles eran fundamentales, tratase de :   1º) Das súas augas quentes, fonte de saude e de riqueza, porque o lado do balneario e das augas quentes vivía todo o mundo, e como no Decreto de Concesión do embalse establecíase que o Baño non o collía, sempre pensaron que así se iba cumplr, pero de repente no último momento autorízase unha nova ampliación do encoro que leva o traste todas as súas ilusións e o Baño e as súas termas quedan debaixo da auga.     2º) Morre o seu héroe, trátase da persoa do Sr. Francisco de Cádos, que foi o único que foi capaz de oporse a Fenosa, como para iles era un superhome, nunca pensaron que se podía morrer dunha forma tan rápida, e extraña, que inda na actualidade non se creen que morrera de infarto na fonda da Rexidora en Ourense, senón que manteñen que a súa morte foi por unha especie de envenenamento.  3º) A perda da vitalidade, do seu santo amigo, xeneroso e protector, para eles era impensable que a ruptura do vínculo xeográfico, levara consigo a quebra do seu poder de convocatoria.

  • h) A apariciónde límites e fronteiras, que separan aislan e distancian a comunidades veciñas, contra a súa vontade, esta separación fai que nas personas directamente afectadas, cando están a mirar para outra parte, pasen a medir o espacio con medidas de tempo en vez de facelo con medidas de lonxitude, a súa nostalxia lévalle a decir que fai máis de corenta anos que non ven a fulano, aparece unha distancia mental na súa conciencia, que fai que a distancia física do embalse faiselle casequera eterna, onde contrasta o desexo de ver as persoas que coñecían e trataban e que agora viven do outro lado, coa deseperanza de non poder facelo realidade.

 

     ( Ata eiquí o sensacional artigo de Manuel Rivero Pérez. Sigue a bibliografía usada neste traballo, que non ven a conto que a poña. Pola miña banda unha enhoraboa o autor.)

Nota:

Manuel Riveiro Pérez ten tamén na rede un artigo "A maldición do encoro na memoria oral. As Conchas" neste link.

    

 

 

flecha.jpg (1051 bytes)