salir.jpg (1925 bytes) Sair. Secundino Lorenzo. 1998

Ríos Ourensáns : río Viñao.

Río Viñao, un bosque de ribera espectacular.

Río Viñao, un río moi sombrio en algúns tramos.

 

Mapa de situación do río Viñao como afluente do río Avia, en Salón,  e este a súa vez, o río Avia, como afluente do  río Miño.

 

Algunhas características:

 

O río Viñao é un afluente do río Avia pola izquierda. Nace das confluencia de multitude de pequenos regatos,  moi cerca do alto da Gándara (pola súa parte Sur, provincia de Ourense), recibe pola dereita o río de Labagueira, que baixa dos Montes do Testeiro. Pasa polos pobos de Irixo e Brués, polo Concello de  Boborás  e desemboca no Avia polo pobo de Salou, despois de baixar por un canón bastante espectacular.

Canón do río Viñao, dende a Almuzara ata Salón.

 

Foi un bon río en tempos, con moi boas troitas.

Hoxe ten moi poucas troitas nativas e está moi descuidado, como casi tódolos ríos da provincia.

Pese a todo o couto de Boborás inda ten algunhas troitas, pese ó descuido aludido.

É penoso o estado lamentable do río por debaixo do couto aludido. Incluso existe un tramo onde non existe río, quen sexa, o desvialo deixouno seco, practica frecuente na Provincia de Ourense.

 

Estado de conservación:

Tramo Couto de Boborás:

 

Couto do río Viñao.

     Moi pouca troita e mal cuidado no couto de pesca.

      É un río que se podría recuperar. polo menos na parte de este couto.

      Foi repoboado no ano 1997 con 21.000 troitas de un máximo de 12 cm. Estas troitas posteriormente víronse moi afectadas cando se fixo o  gaseoducto. Houbo unhos días que o río iba sucio e cubierto de areas, esto sin dúbida afectoulle moitísimo.

    En 1998 foi repoboado novamente con troita común, xa que botaron ó río 100 troitas de 27 cms e 40.000 troitas de 8 cms. Non está mal, sempre que se cuide realmente o río.

Tamén foi repoboado no 2000 con preto de 40.000 troitas entre 5 cm. e 12 cm.

¿Onde están as troitas?.

Este río está da man do Sr. Cando fixeron o gaseoducto, fixeron unha desfeita no río incrible. Logo pasan cousas raras.... O caso é que o río ten moi poucas troitas. ¿Raro?.

 

Tramo Brues Fin de Couto- Desembocadura no río Avia:

  De xuzgado de garda. O Azud de Cameixa desvia a auga fora do río unhos 4 kms. Estas cousas si non se ven non se creen. Pero son certas.

O lugar é incriblemente bonito, pero a súa visita produce tristeza, de alma e de espíritu, hai un tramo totalmente sen auga. Si non se visita non se cree (1997).

Medio Ambiente de Ourense debera tomar cartas no asunto. Pero,   dame a sensación que non se enteran de nada.

Noticia: Fenosa está deixando un caudal ecolóxico dende Cameixa ata Salou, menos mal. (Dende o ano 1999).

Desembocadura do río Viñao no río Avia en Salón. 2012. Fotografía Secundino Lorenzo.

 

Fotografía que mostra un pontillón no río Avia, xusto en frente desemboca o río Viñao, en Salón. Hoxe o río Avia neste lugar está prácticamente seco, Fenosa Generación  deixa un caudal dende o encoro de Albarellos prácxticamente nulo. Por debaixo do Pontillón desemboca o río Viñao e comenza un regatiño maior.

 

Este río debera limparse e cuidalo un pouco máis.

Ver unhas boas fotografías miñas neste link

setstats 1