Río Limia na Veiga de ponte Linares. Fotografía Xurxo Lobato.

Río Limia en Xinzo. Febreiro de 1999. Bastante sucio.

botonov.gif (1071 bytes) Río Limia un bon río en tempos.  Octubro do 2004.

botonov.gif (1071 bytes) Últimas novedades sobre este río.  Octubro do 2004.

botonov.gif (1071 bytes) As Conchas eutrofizada  Verán  2012.

botonov.gif (1071 bytes)  O río Limia sin auga. Desastre total. 2017

Revisado en xuño de 2020, teño que decir que cada ano que pasa é maior desastre. Porán algún día solución?.

salir.jpg (1925 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RÍO LIMIA: UN BON RÍO EN TEMPOS.

Río Limia. Fotografía Secundino Lorenzo.

    Gran río Ourensán. O río dos romanos cando chegaron a Galicia, o río do esquecemento ( nunca mellor dito, está totalmente esquecido...). Un río que nace en Sarreaus e logo recibe as augas da antigua Lagoa chamada Antela ou Lago Beón. Tamén chamado Strabón Belionis. Un río cunha gran importancia histórica e lexendaria. O río Lethes... qué pena ...

DATOS TÉCNICOS DO RÍO-Limia alta.

Nacemento : Nace en Sarreaus. Logo recibe o canal da  Antigua Lagoa de Antela. Lago Beón. Rotación cultivos: cultivada
Afluentes importantes: Pola esquerda o río Faramontaos e o Salas. Pola dereita: o Cadós. Entre outros. Pendente: 2.1º
Superficie Limia alta: 712 km2 Textura suelo:Arenoso
Diferencia cotas :600 Dias non útiles vertidos: 193
Longitude: 36 km Acept. choiva invernal:alta
Densidade población: 45 hab/km2 Precipitacións: 1226 mm
Densidade ganado: 0.9 vac/Ha Deficit hídrico: 30-60 días.
Densidade explot: nº 12.6/km2 Riesgo contam.: 2.4/3
Material xeológico: granito Porcentaxe ocupación: Sarreaus 10%, Xunqueira 10%, Rairiz: 10%; Xinzo : 10%; Trasmirás 10% , Baltar : 10%, Blancos 10%, Porqueira 10% ; Calvos 10%

Nótese o elevado deficit hídrico e o risco de contaminación 2.4 sobre 3. Tamén os días non útiles de vertidos ( no me extraña que vaia mal o río). Estos datos deberan terse por riba da mesa, señores políticos...

 

Foi na miña opinión un dos mellores ríos da Provincia, con pesca abundante, con grandes exemplares de troita como a que mostra a foto, de 1,600 kg. pescada a pluma a altura da Herdadiña na baixa Limia. Unha troita de carne rosada incríble.

Hoxe é un río calamitoso, arruinado e maltratado  en tódolos seus tramos. Non se salva ningún.

Río Limia en Xinzo. Para min moi mal feito o entorno do río. Parece o Barbaña.

 

Lagoa de Antela hoxe desfeita, un dos maiores atentados ecolóxicos feito en España no século pasado.

Eliminación da lagoa de Antela, unha auténtica salvaxada que Xinzo está pagando con creces, inda que deu moitos postos de traballo coa patata, máis daría hoxe si existise a Lagoa, (Ver libro imprescindible e sensacional  "Antela A memoria asolagada ", pinchar este links e veredes o que era a Lagoa de antela), canalizacións salvaxes, extracción indiscriminada de area, vertidos incontrolados de basura, eliminación da flora e a fauna,minicentrales, etc.

A penúltima que lle fan a este río é esquilmarlo con pequenas presas, realizadas dende a cabeceira do río, incluso nos seus afluentes . As presas son de regadío, pero son auténticas aberraciones promovidas pola Diputación de Ourense ( según os meus datos hai 800 millóns concedidos, en abril de 1999, para estos edefesios, ou dito de outro modo, para rematar o río definitivamente dende o nacemento ata Ponte Linares).  De momento hai feitas tres presas deste tipo.

No ano 2004 demóstrase que estas presas non sirven para nada. Centos de metros de río esquilmado e seco, a xente rega coa súa aguga as patacas e deixa o río seco, morrendo peixes, troitas e desaparecendo ata os anfibios, típicos de Xinzo. Unha mágoa auténtica...

lim34.jpg (15987 bytes)

Unha das presas. Esta ten escada pero a maioría non. O río Limia está quedando como un conxunto de charcas mortas.

¡¡ NON COMPRENDO COMO OS ANTELÁNS PERMITEN QUE SE ESTROPEE O RÍO DESTA FORMA!!.

É dificil facelo peor nun río. Ata os seus afluentes están esquilmados, fai pouco visitei o encoro de Gudín, que abastece de auga a Xinzo, e a verdade non podría facerse peor. Penosa. As escalas son unha risa, é un corte absoluto do río Foramontaos, nunha zona maravillosa. A verdade da pena. Esta presa é necesaria pero hoxe por hoxe hai medios técnicos para facer mellor as cousas. ( Por certo foi inaugurada por Fraga, Fraga inaugura todo en Galicia o bon, o malo e todo....incluida a natureza...un día destos vai inaugurar o sol que vemos en Galicia.)

La presa de Gudín. Podría hacerse con más cabeza. Demencial.

Central de Gundín. Podría facerse de outro xeito. O fin é bon, pero é unha desfeita do río. Calquera con cabeza podería facelo mellor. A escala de peixes é un insulto a intelixencia humana. Soio suben os peixes voladores

O río Limia está contaminado ano sí e ano tamén, en Agosto de 1999 xa cheira mal e morreron cantidade de troitas, a depuradora que montaron fai uns meses inda non funciona e o río vai sin auga xa que se utiliza para rego. Por certo, falando da depuradora foi inaugurada por Fraga en xaneiro do 2000 e en febreiro non funciona inda... seica un vertido de aceite de coche e foise o garete..pobre río Limia. Según o alcalde buscarase o culpable.

Por si esto fora pouco, los encoros de As Conchas e recentemente o encoro de Lindoso (que nunca se debeu facer) , sobre todo este último, puxéronlle a puntilla a este gran río. 

Encoro das Conchas, hoxe totalmente absoleto e peligroso. Fixo moito dano na zona, sobre este encoro e as súas repercusións estanse a facer traballos de investigación.

Deixou fora de xogo moitas cousas,  entre elas as comunicacións entre pueblos , o  campamento romano Aquis querquennis, unha xoia xa que soio pode verse  co encoro baixo; e  Ponte Pedriña, ademas de cortar con seguridade a vía romana entre Braga y Santiago, a vía Nova ou Via XVIII. Un auténtico desastre este encoro, hoxe eutrofizado e inservible...

Fotografía do Aquis Querquennis. Descoñezo o autor.

Interpretación do campamento romano A. Querquennis.

 

Ver video, realizado por Andrés Glez. Castro con el Aquis Querquennis.

 

Ponte Pedriña, Por aquí pasaba a vía romana. Quedou asolagada co encoro das Conchas. Curiosamente viña de ser nombrado monumento especial, o algo parecido.

 

Fai pouco, para rematar o río, fixeron o encoro de Lindoso, vaia desastre, este encoro fundiu o rio e algúns dos seus afluentes mellores como o río Olellas ( a cola do encoro chega ata o pobo de Olellas)  e o Salas. A última visita fíxena o día 02-05-98 e o estado é lastimoso, a cola do encoro chega a 1 km das turbinas do Encoro das Conchas. Non queda río. Hai unha estrada, sin señalización que cruza o río por unha ponte, preto da Herdadiña que pode ser fatal, xa que despois dunha curba entra directamente o fondo do encoro. Incríble.

Encoro de Lindoso. ¡¡ Unha salvaxada !!.

Realmente non ten ningún aproveitamento turístico dende o punto de vista da pesca. E unha pena.

No final, antes de entrar en Portugal, falan dun Parque Natural, o Parque do Xurés, a verdade é que non se entenden moitas cousas......

 

Estado de conservación:

Tramo Xinzo-Ponte Liñares:

Río Limia. Ponte Linares. Xurxo Lobato

 

 Estado lastimoso, moi contaminado polos vertidos e a explotación salvaxe da Lagoa de Antela ( que xa non existe). Coidamos que os concellos deben escomenzar a facer algo. Falan de convertir a Xinzo en centro turístico, pois fagan algo xa... Hoxe podía ser un Parque Natural, pero é unha reserva Antinatural. Incríble como estaba nos anos 50, non fai moito, e como está hoxe, é o exemplo típico que debemos mostrar os nosos fillos do que pode pasar no futuro como sigamos expoliando os nosos ríos.

Este tramo, na miña opinión, ten moi mal arreglo.

Recientemente inaugurouse a depuradora de Xinzo. Teño que decir que a día 23-02-2000 non funciona. Invirtíronse 300 millóns. Non debe ser gran cousa e si non o tempo. Por si queren comprobar como se fan as cousas por España adiante consulten a seguinte dirección e logo comparen.

A depuradora, por fín, foi inaugurada por Fraga en xaneiro de 2000, veremos como funciona..pero está visto a finales de febreiro fatal...xa está esnafrada...ahora virán a decir que era pequena....ou cousas polo estilo.

Antes de Pontelinares en febreiro do ano 2000 foron denunciados vertidos. Un desastre.

Releendo este trozo, vexo que once anos despois, no 2011 tiña toda a razón. É para chorar que unha persoa coma mín, que non son especialista, vira estas cousas, e a xente e os políticos da zona deixaran estragar ata o máximo o río Limia e todo o que o rodea. O encoro das Conchas estuvo este ano eutrofizado gravemente incluso con microcistina. O que era unha riqueza incrible hoxe da pena e ademais é un auténtico desastre que mete medo.

A solución é moi dificil e require moita inversión, depurando dende o nacemente ata Lindoso. Pasarán moitos anos...

Tramo Ponte-Liñares-Encoro das Conchas.

O río neste tramo, a dous kilómetros de Ponte Linares ten construida una macro-minicentral que se chupa o río. Unha salvaxada que non sei como foi autorizada por Medio Ambiente, a Confederación hidrográfica e os Concellos da zona , sin escalas e que deixa o río prácticamente seco. ¡¡ De alucine !!.

Esta minicentral visiteina en xaneiro do 2000 e seguía deixando o río esquilmado, un caudal de vergoña, e inda por riba puxeron un cartel de couto de pesca. A verdade é que da risa, por non chorar.

Minicentral de PuenteLinares. Increíble que se dejara hacer este edefesio.

Minicentral de PonteLinares. Incríble a desfeita que fai.

E unha broma que sexa couto. Medio ambiente ríese dos pescos e da xente.  Fai duos anos morreron tódalas troitas do couto. Este ano (1999)   estanse sacando algunhas troitas e o ano pasado colléronse moitísimas troitas, pero foi moi repoboado. Lastimoso. 

As xentes dos pobos dos arededores quéixanse de como vai o río e de que nos últimos anos é unha pocilga.

O río en marzo de 1999 xa vai cheo de arrabazas. Por algo será. ¡ Que vergoña!.

A foto é do libro Ourense Natural.

Este ano ( 1999)  foi repoboado con 16.000 troitas dun máximo de 14 cm.

Encoro das Conchas-Portugal:

Embalse de las Conchas. Fotografía Xurxo Lobato.

Do encoro das Conchas, xa dixen moitas cousas... Unha desgracia para a zona en tódolos sentidos. Inda por riba botan carpas americanas, outra desfeita máis. A larga acabará co peixe das Conchas, xa remataron cando corrixo este trozo de texto, exquisito en tempos. Hai moito descoñecemento nos encargados da natureza, deberan facer cursiños para evitar estas desfeitas. Os deportes náuticos non favorecen as especies que invernan e que se reproducen no encoro, pero están de moda e xa se sabe.

Encoro das Conchas.

Dende estas liñas dou o meu apoio as asociacións O Poldrado e Pontepedriña, que intentan, veremos con que éxito, levar a cabo o proxecto "As Conchas - 2000". No fondo non é máis cun intento de lembrar que antes de facer o encoro das Conchas, os pueblos estaban comunicados entre sí por pontes sensacionais. Hoxe están baixo as augas. Tamén intentan potenciar turística e socialmente a zona. Dende estas liñas ¡¡¡ ánimo !!!.

Do encoro de Lindoso direi:

Río desgraciado polo encoro de  Lindoso. En tempos era o mellor do río. Grandes troitas e moito barbo. Na miña opinión irrecuperable para o futuro, a cola do encoro deixa 1 km. de río tan só. O encoro perigroso irá matando todo e podrecendo o que en tempos era precioso. É un encoro perigroso xa que a tala de árbores fíxose con pouca cabeza. Dará mais dun susto cando baixen as augas.

Así era Aceredo antes de facer o encoro. ¡¡ Non hai direito !!

 

Lémbrome o día no que as augas foron asolando todo, de verdade o meu corazón chorou e inda sigue a chorar.

Dende estas liñas pido as autoridades que fagan unha limpeza integral, invirtindo os cartos en depuradoras en todos os pobos, pero depuradoras das que funcionan. Xa sei que Xinzo instalou unha depuradora, pero inda non funcionaba o 08-08-99, ademais con 300 millóns pouco se pode facer , seguro que é de xoguete, e si non o tempo.   Non tiren cos cartos de Europa ( que nos costarán muito) facendo canalizacións e limpando o río hoxe, e maña seguirá sucio. ¡¡ Xa está ben !!. Fagan algo.

 

Bande e as súas xentes merécense outro trato que non están tendo. De ser una zona con unos magníficos ríos: Limia, Cadós, pasan a estar asustados da súa sorte. Laméntanse de que o pouco que tiñan está desaparecendo. O río Limia está desahuciado e o río Cadós está a punto, as duas minicentrales previstas daranlle a puntilla. Por certo en xaneiro do 2001 visitei a minicentral que xa está feita. Adeus o río Cadós. Non subirá outra troita, está esnafrado, denlle as gracias o alcalde.

¡¡¡ No hai dereito !!!.

Sinceiramente están asustados ( día 27-03-99).

 

DATOS TÉCNICOS DO RÍO-Limia alta.

Nacemento : Nace en Sarreaus. Logo recibe o canal da  Antigua Lagoa de Antela. Lago Beón. Rotación cultivos: cultivada
Afluentes importantes: Pola esquerda o río Faramontaos e o Salas. Pola dereita: o Cadós. Entre outros. Pendente: 2.1º
Superficie Limia alta: 712 km2 Textura suelo:Arenoso
Diferencia cotas :600 Dias non útiles vertidos: 193
Longitude: 36 km Acept. choiva invernal:alta
Densidade población: 45 hab/km2 Precipitacións: 1226 mm
Densidade ganado: 0.9 vac/Ha Deficit hídrico: 30-60 días.
Densidade explot: nº 12.6/km2 Riesgo contam.: 2.4/3
Material xeológico: granito Porcentaxe ocupación: Sarreaus 10%, Xunqueira 10%, Rairiz: 10%; Xinzo : 10%; Trasmirás 10% , Baltar : 10%, Blancos 10%, Porqueira 10% ; Calvos 10%

Nótese o elevado deficit hídrico e o risco de contaminación 2.4 sobre 3. Tamén os días non útiles de vertidos ( no me extraña que vaia mal o río). Estos datos deberan terse por riba da mesa, señores políticos...

flecha.jpg (1051 bytes)   Voltar o principio .                            salir.jpg (1925 bytes) Situación dos ríos de Ourense..

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVEDADES SOBRE O RÍO LIMIA.

 

A Lagoa de Antela, para mín a maior burrada contra a natureza feita en Galicia. Ano 1950

Ver este link coa historia da Lagoa de Antela.

 

Foto de A Limia. Pili Prol

As pistas desfán e dividen en catro partes unha zona incluída na Red Natura 2000, como zona de especial conservación. As Veigas de Ponteliñares en peligro de morte.....

 

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) denuncia o dia 10-11-99 que   " a construcción de tres pistas destrue o último humedal natural de A Limia."

Ourense é un mundo aparte e A Limia un desastre ecolóxico. O SGHN xa había denunciado o feito en Maio e había pedido a paralización das obras  e nin caso por parte da Consellería de Medio Ambiente.

Agustín Verdeal. Consellería de Meddio Ambiente de Ourense.

Agustín Verdeal.

Encargado do Medio Ambiente en Ourense. Na miña opinión non se entera do que trae entre mans. Ourense está quedando para o desastre, moitos ríos convertidos en charcas e moitos lugares excepcionais desfeitos.

Eso sí ¡¡ No sei como se arregla,  xa que sempre sae na foto! . 

¡¡ A ineficacia andando, é incrible ! !

 

 

A este señor voulle lembrar unha frase dita o día 20-09-99, nunha entrevista para o diario La Región:

"La extracción de arena en el río Limia no daña al Medio Ambiente. Todo lo contrario, dentro de poco volverá La Laguna de Antela a su estado primitivo."

Realmente este señor ten pouca vergoña...

Ver este link coa historia da Lagoa de Antela.

Ver este outro link

 

 

Esta fotografía sacada en xaneiro do ano 2000, é decir, fai unhos días, é una auténtica vergoña para o río Limia.

Trátase da minicentral de PuenteLinares, que por certo sigue deixando unhos caudais ecolóxicos de Xuzgado de Garda e ninguén se da por enterado...... agora aparece este este rótul de couto de pesca.....posto por Medio Ambiente.

Realmente estamos ben da cabeza?. Medio ambiente ríese dos pescadores.

Á dereita do rótul non se pasa e a ezquerda non hai río. O Couto debe ser na canaleta da minicentral...

Así é actualmente a Lagoa de Antela.

 

Merece a pena visitar este link para ver como era  Ver este link

Así é, como era.

 

 

Fraga en Bande  el 02-05-2000.

 

Fraga na clausura do encuentro profesional de caza e pesca "Periodipesca", onde participou no concurso de pesca , pescando unha troita ( menuda chea).

"A escasez de especies  débese á contaminación dos ríos e encoros" dice Luis Macías.

Fraga pola súa  parte entiende que "la pesca es una de las mejores maneras de entrar en contacto con la naturaleza...destaca que pescadores y cazadores se han erigido no pocas veces en denunciantes de atentados contra la naturaleza y han promovido numerosas campañas de concienciación".

 

Fraga en la misma fiesta.

 

Fraga na misma festa, xunto a Amador de Celis e Carlos del Alamo.

Decirlle a estos señores que están botando a perder unha zona boísima de Ourense:

"O limia está desgraciado e non soio pola contaminación, tamén os encoros e as minicentrais e non digamos o famoso río Cadós, un río sensacional que o Señor Amador e vostedes dende a Xunta están deixando desgraciar e si non ó tempo, deixando facer dúas minicentrais, esa é a auténtica lacra dos ríos...e vostedes Sr. Amador de Celis, Sr. Del Alamo , Sr. Fraga son os responsables desta desfeita.".

 

Foto para enseñar a nuestros hijos. ¡¡ Mira así era Aceredo!! hoy está bajo las aguas.

 

 

Sobre o río Limia pusen un artigo do meu amigo Xosé Benito Reza, que é pura poesía e que ven a resumir o que fixeron con este río, últimamente.

Hoxe, octubro do 2004, a Laguna de Antela é un "patatal" e o pouco que queda, as areeiras, están quitando delas, area para Portugal tódolos días do ano. Realmente lamentable. Incluso levaron area a algunhas praias. Realmente de vergoña...

 

Informe de Adega( octubre del 2004):

"Ao respecto da Limia, a suposta recuperación das areeiras é unicamente unha medida decorativa, a problemática é similar ás Lagoas de Begonte: nunha areeira non caben moitas medidas de restauración e co gran volume de auga que acumulan contribúen a baleirar os acuíferos das comarcas onde se sitúan. Chamar a esto recuperación non deixa de ser totalmente hipócrita posto que estamos a falar dunha explotación mineira que a forza, debido a lexislación vixente, ten que contar con plans de recuperación ambiental. Mentres a antiga lagoa de Antela sufrirá o último golpe de gracia coa construcción dos regadíos; neste caso a recuperación da mesma é relativamente sinxela e pouco custosa.

Para rematar, o río Limia está para chorar...

flecha.jpg (1051 bytes) Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Río Limia. Verán de 2011.

Río Limia, encoro das Conchas totalmente eutrofizado e cheo de microcistina en agosto de 2011 Causas: a porquería que chega da Limia dende fai anos. Todo o mundo se lava as mans dende a Xunta de Galicia ata a Confederación. A auga está envelenada pola microcistina. Dende logo a culpa está na deficiente depuración de toda a comarca da Limia.

Encoro das Conchas eutrofizado totalmente.

Ver tamén este link.

No mes de agosto, e debido as moitas presións,  a Confederación Hidrográfica Miño-Sil pon a xente a traballar limpando as beiras...en fin lamentable. A panacea da limpeza, a Xunta e a Confederación deberan decirlle os de Caldas de Reis como se fai esto xa que alí cos cartos de tódolos galegas están a gastar centos de miles de euros e non chega a solución...

Na limpeza están a aparecer centos de peixes mortos, ver este  link da noticia no País (25/08/2011).

A xente está cansa de tanto engano e o final indígnase, como debe ser, o asunto remata na fiscalía de Ourense en setembro do 2011. Veremos quen é o responsable, seguro que o home invisible...

 

 

Seica teñen unha solución, noticia de maio de 2012, o parecer está investigando a USC en base  a placas de eucalipto, etc. A verdade que a Xunta está a dar paus de cego e non colle o toro polos cornos. Este caso é parecido o do Encoro do Umia pero cunha diferencia que no encoro do Umia é un encoro mal feito e a solución pasa por deixar a auga ceibe, aquí no das Conchas nunca pasou esto, é un problema de contaminación pura e dura e a solución pasa por depurar dende Xinzo ata a fronteira portuguesa.

Ver o parecido o encoro do Umia.

Volveremos a ver eutrofizado o encoro das Conchas e volverán as autoridades a mentir...

Confirmado no ano 2020, inda non puxeron solución...

 

flecha.jpg (1051 bytes) Volver.