SI AMAS A NATUREZA  E GALICIA : VISITA UNHA MINICENTRAL  RESULTA UNHA ENSEÑANZA INSUSTITUIBLE.

Fago as seguintes propostas :

(No verán non traballan, pero observarás o caudal ecolóxico. No invierno pode que en alguna atopes o río totalmente seco por debaixo da misma. Si é así denuncia en Medio Ambiente. Os donos fan o que lles da a gana. Xa está ben.). ¡ VEÑA , FAI A VISITA,  E VERÁS QUE ME QUEDO CORTO NA ENUMERACIÓN DOS PERXUICIOS DAS MESMAS. É UNHA VERGOÑA QUE UNHOS CANTOS SEÑORES ESTROPEAN O MELLOR QUE TEMOS: A NOSA NATUREZA, OS NOSOS RÍOS. NON SE ENTENDE. ¡¡ PODEROSO CABALLERO ES DON DINERO!!.

As opinións que siguen, están basadas na observación "in situ" das minicentrais visitadas entre os anos 1998 a 2002. Non deixan de ser opinións personais e por suposto discutibles.

Pode que algunha delas tome medidas, cara o ano 2000 - 2001 - 2002,   para que os impactos ambientais sexan menores, si é así , dareime por satisfeito e rectificarei o que teña que rectificar.

MINICENTRAIS VISITADAS  ( entre octubre de 1998-novembro do 2002):

MINICENTRAL A VISITAR: FORMA DE CHEGAR Á MINICENTRAL
LIMIA (Ourense) Esta minicentral é impresionante. En pleno río Limia, un río histórico, Energía Orensana S.A. mete unha minicentral que é unha auténtica salvaxada. Non respeta nada, nin o caudal ecolóxico, nin ten escalas nin nada que se lle parezca. O río queda desgraciado en 3 kms. É a explotación a costa de todo. Unha vergoña auténtica. Basta ir ata Ponte Linares, podes ir por Xinzo de Limia e logo estrada de Bande. En Ponte Linares pregunta, está a 1 km río abaixo. Non deixes de visitala, é preto de Ourense, e verás...... o que se está a facer cos nosos grandes ríos.....
DEVA A minicentral da empresa Hidroeléctrica San Miguel do Deva, debe ser das primeiras en instalarse na provincia ( sin ter en conta as vellas de todo, que por certo non facían ningún mal o río). Nas fotos da visita, aparece un mapa que che indica claramente que estrada debes tomar. Ourense-Celanova-Quintela de Leirado.

Esta minicentral é unha desfeita auténtica do río. O día que estuven vendo a minicentral no deixaban apenas caudal ecolóxico. Por suposto non ten escalas.

Barbantiño Telo doado: Ourense estrada do Carballiño, ó pasar Punxín, a man dereita colles a estrada de Amoeiro. Visita primeiro a Fervenza, ó pasa-lo río Barbantiño a 100 metros hai unha explanada e o comenzo dun camino que te leva á Fervenza). Logo da a volta e pola estrada do Carballiño, nas curvas de Listanco, colles a  primeira á dereita. Pregunta nun bar que hai alí. Hai unha pista que te leva á minicentral. Inda non está en funcionamiento. Pero merece a pena ve-la desfeita.

Está minicentral está en funcionamente dende diciembre de 1998.

É da empresa ENGASA e por dúas veces machacou o río Barbantiño por debaixo da central.

Pero que máis da, son os amos.....

Tuño

(unha delas )

Hai tres.

Vás a Celanova e tomas a estrada a Cortegada, a 1 km colles a man izquierda a estrada de Quintela de Leirado, antes de pasa-lo río Tuño, colles unha estrada á dereita a Trasmiras ( Acevedo do río), a 100 metros tomas unha pista á izquierda e atopas a  minicentral a 1 km.( Pregunta ós paisanos de Trasmiras e explicaranche todo o sistema e como quedou desfeito un río fora de serie. Ollo si vas en Inverno, o canel quedou o aire libre , é moi peligroso e hai que denuncíalo)

Estas minicentrais que son da empresa HIDROELECTRICA SANMIGUEL tienen al río Tuño convertido en una pocilga de río.

Non teñen nin pes ni cabeza ningunha delas.

Edo en Castro Caldelas. Telo doado, en Castro Caldelas colles a estrada a Monforte, a 200 metros aparcas o coche e tes unha vista impresionante e xa divisas a minicentral. Pregunta como podes llegar a ela. Si quieres visita-la Sala de Máquinas tes que ir ata Abeleda a 5 kms e xusto o cruzar o río colles unha pista á dereita.

Outro desastro para este río. Penosa.

Cerves. É doado de chegar e merece a pena xa que o lugar é do máis bonito da provincia de Ourense. Autovía a Vigo, ó pasar Ribadavia coller o desvio a Melón. Está no mismo cruce coa estrada vella, a 500 metros. É unha auténtica salvaxada e vai estropear completamente o lugar, pódelo ver ti mismo.

Esta minicentral nunca se debeo construir, estropea unha zona increible.

As escalas feitas son de xoguete. O día que suba unha troita por elas baterán o record Guines.

Tamén é da empresa HIDROGIESTA.

Deva (Cañiza) No é fácil de chegar, hai que preguntar na Cañiza, convén ver tambien a central e por suposto o río, o río por riba dela. Esta minicentral é aberrante e desoladora. Macharon completamente o río Deva, ata a desembocadura do Miño unhos 15 kilometros. Denantes era couto. Hoxe está vedado pra que os pescadores non vexan a desfeita. O río está cheo de area e inda estará mais, cando veñan realmente as choivas.

Pais tercermundista. No deixes de visita-la e verás que me quedo corto. É un auténtico asesinato ó río Deva na súa mellor zona, de fervenzas incríbles, que xa non existen, son un fío de auga.

¿ Por quén estamos gobernados? . Non son capaces de defender a nosa terra. O dano feito é irreparable.

Esta minicentral que é da empresa HIDROGIESTA non respeta nada, o día da visita o caudal ecolóxico no daba nin para vivir as rans. No ten escalas ni nada parecido.

Un desastre.

REQUEIXO no río Bubal( Villaza) Non é doado chegar. Hai que ir a Verín e coller a carretera de Villaza e acercarse ata o Balneario. Xusto no Balneario, por certo precioso e medio destruido está a central de máquinas. Esta minicentral como a maioría están subvencionada pola Comunidade Europea e é privada. Todo un regalo.

O azud está máis dificil de localizar hai que acercarse ata Oimbra e logo ó pueblo de Chas e coller unha pista que baixa ó río. Merece a pena, o lugar é fora de serie, como todos onde se construen as minicentrales.

Esta minicentral, aproveitou unha minicentral antigua de fai 40 o máis anos.

A minicentral debe ter 3 ou 4 anos aproximadamente.

Penosa.

MINICENTRAIS DA PENEDA NO RÍO ARNOIA. Estas minicentrais están situadas na parte baixa do río Arnoia, para mín na zona máis aproveitable turísticamente.

Aproveitaron as minicentrais que xa había construidas pero en plan salvaxe. Sobre todo a minicentral da Peneda. Prácticamente chúpase o río Arnoia na toma de auga. As bellas estaban construidas respetando moito máis a natureza.

A da Peneda non ten escalas ni nada que se lle parezca e o caudal ecolóxico deben conseguilo de forma totalmente artesanal.....

Pecharon unha zona de río sin deixar paso ni nada que se lle parezca, está toda ela rodeada dun muro. Son os amos. O día que pechen a porta do entorno da minicentral non se poderá pasar pola orilla do río. É vergonzoso. Esto ocurre en moitas minicentrais e Medio Ambiente no debera permitilo.

Lamentable.

Teño entendido que é da empresa HIDROGIESTA.

Estas minicentrais , no seu día non deberon ser aprobadas, na miña opinión fan peligrosa a zona e perxudican claramente calquer proxecto turístico-fluvial da baixa Arnoia.

MINICENTRAL DO RÍO CERNADO EN MANZANEDA.

UNHA MINICENTRAL DE IBERDROLA QUE É UN AUTÉNTICO ATENTADO Á NATUREZA.

Esta minicentral de IBERDROLA é un auténtico desastre. Un atentado á naturaleza, unha aberración.

Non entendo como a Xunta, Medio Ambiente, a confederación hidrográfica non repara este desastre.

Penoso.

MINICENTRAL DO RÍO REQUEIXO EN MANZANEDA.

UNHA MINICENTRAL DE IBERDROLA QUE TEN COPADA A ZONA.

Esta minicentral de IBERDROLA é menos desastre que a do Cernado, pero o río tamén queda para o arrastre.

Penoso.

MINICENTRAL DO RÍO CADÓS EN BANDE.

OUTRA MINICENTRAL DA EMPRESA SANMIGUEL. A DO RÍO DEVA.

Esta minicentral está prácticamente rematada.

Estuven nela en xaneiro do  2001 e francamente el río non  permitiu vela en profundidade.

O río Cadós vaino deixar para o  arrastre, precisamente en pleno coto. Por suposto o río Cadós non volverá a ser río troiteiro xa que a minicentral está prácticamente no último tramo e as troitas non poderán subir a desovar, claro que hoxe nas Conchas quedán poucas.

Eso é o de menos.....para a empresa que monta a minicentral e por suposto para quenes o permiten.

Ó tempo.

Facer unha minicentral en pleno couto de pesca hai que ter cara......

Minicentrales de Lubián.

Minicentral Pedro.

Zamora.

O día 26 - 10 -2001 visitei estas minicentrais de Zamora, mismo na fronteira coa provincia de Ourense.

Mentras a de Lubian causoume una grata impresión dentro do deterioro do río que é evidente, xa que posee unha escala de peixes reglamentaria e funcional, soio estropea un tramo pequeno de río sobre 500 metros e deixa un caudal que permite vivir ás troitas.

A do  Tuela, a minicentral chamada Minicentral de Lubián é infame e esperpéntica, das peores que levo visto, xunto con algunha de Iberdrola como a do Cernado. Esta é un roubo o río Tua ou Tuela.

Minicentral do Búbal.

Minicentral Búbal I.

Lugo - Ourense.

El día 26 - 02 -2002 visitei esta minicentral.

Realmente non debo visitar máis minicentrais, amargame o día,  enfuréceme, póñome triste o ver como desfán a nosa terra, os nosos ríos.

Un lugar paradisíaco, como é a cuenca do río Búbal, con rápidos, fervenzas, presas, cachóns, vairas encantadoras, cunhas posibilidades troiteiras dignas dos mellores ríos troiteiros, esnafradas por unha  minicentral que estropea 5 kms de río de forma moi grave e por suposto outros cinco ata  a desembocadura cando traballe.

Realmente lamentable.

Empresa constructora: A salvadora dos nosos ríos, a máis ecolóxica, Fenosa.

Minicentral del Fragoso.

Lobeira- Ourense

O día 03-11-2002 visitei esta minicentral. Realmente non debo visitar máis minicentrais, xa o dixen non fai moito, xa que me senta mal tanto estropicio coa natureza.

Esta minicentral está en construcción. O impacto na zona é terrible. Catastrófico.

Logo arranxaran un pouco a zona, plantaran árbores e incluso farán refuxio o mellor, pero o que vín é un auténtito desastre. Por certo ten o beneplácito do alcalde de Lobeira, que dice que a minicentral está nun fondal ou algo así e non molesta. Da diñeiro para o Concello. É moi positiva.

Vivir para ver.

salir.jpg (922 bytes)