Fotografía
aérea de viñedos situados na marxe dereita do
río Miño. A Bodega é Marqués de Vizhoja e fai
varios viños, entre eles o viño Albariño e tamén
o típico viño do Condado. Finca La Moreira, en Arbo.
No Condado,
as mezclas, "coupage", de viño Albariño, a treixadura e a Loureira fan
marabillas...
Aclarar sobre o Condado:
Condado do Tea: é
outra subzona ribereña do Miño,e que alcanza
a provincia de Ourense rozando a D.O.
Ribeiro, outro dos viños de referencia de
Galicia. Entran no Condado os concellos de
Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente,
Salceda de Caselas, Ponteareas, parte
de A Cañiza, Tui e Mos.

Outra fotografía do viñedo
anterior. Unha auténtica marabilla.

Sensacional
fotografía dun viñedo da bodega anterior.
Descoñezo o nome do fotógrafo, desta e das
anteriores fotografías. Este é o meu
email si
o autor quere retirala ou poñer o seu nome.
(Parece que pon Alvientodo)

Esta gran finca
está en Salvaterra de Miño. É a finca Fillaboa.
Ten tamén moita historia. Descoñezo o nome do
fotógrafo, desta e das anteriores fotografías.
Este é o meu
email por si o autor quere retirala ou poñer o
seu nome.

Vista de parte do Condado dende o alto de San Fins,
670 m., dende aquí vese o val do Miño dende Filgueira ata Tui.
Espectacular. Costa chegar a capela
dedicada ó santo e o mirador pero merece
a pena. As montañas que se ven son de
Portugal, Melgaço e Monçao.
Fotografía Secundino Lorenzo.

Outra vista dende o alto de San Fins.
Estas rochas que máis ben semellan seres
de fai millóns de anos, macho e femia,
parecen contemplar e con moito gusto
esta paisaxe singular e marabillosa.
Fotografía
Secundino Lorenzo.

Sensacional
fotografía dos viñedos da bodega Pazo de San
Mauro no condado do Tea. Ó fondo o río Miño,
Descoñezo o nome
do fotógrafo. Este é o meu
email si
o autor quere retirala ou poñer seu nome.

Dende ó Mirador, ó fondo o río
Miño, Monçao, Salvaterra e outros lugares.
Fotografía Secundino Lorenzo.

Situación do alto de San Fins.
670 m. Google Earth.
Nota
importante: nesta relación de fotos de
fincas do Condado e que teñan ó río Miño de
fondo pode figurar quen queira. Basta enviar as
fotografías o
meu email para figurar aquí. Eso si, ten que
verse o río Miño.
--o--
O Rosal
As seguintes
fotografías da subzona do Rosal son do autor da
web Secundino Lorenzo.