|
Fotografías do
río Miño, Pai do Viño.
Fotos do Ribeiro e o río Miño

Mapa do Ribeiro. Descoñezo o autor do
dibuxo.
Uvas
principais do Ribeiro: treixadura, torrentés, lado,
loureira, godello, albariño, brancellao, sousón
e mencia, entre outras.

Link denominación de orixen Ribeiro, datos.
Link sobre O Ribeiro e o seu
viño.
Link conversas sobre o viño do Ribeiro
Link
sobre os vales do Ribeiro: Miño, Avia e Arnoia.
La ruta
del vino del Ribeiro
Xunta Galicia: D.O. Ribeiro
Video:
Ribeiro. Esencia galega. 8.37
D.O.Ribeiro
As fotografías que poño,
son os do Val do río Miño, e algunhas do Val do
Arnoia. O Ribeiro ten tres vals
moi característicos e con moitas peculiaridades
propias. Son o Val do Miño, O Val do Avia e o Val
do Arnoia. Cada un ten as súas características.
Ver un dos links os que fago referencia mais arriba.
O Val do río Miño ten estas
características:
este val comprende os
concellos de Castrelo de Miño, Punxin, partes do de
Cenlle, Ourense, Ribadavia e Toén.
É onde hai máis superficie e
máis bodegas.
Básicamente é o que ten máis
influencia atlántica debido os ventos que suben polo
río. É o de altitude máis baixa e os chans teñen un
poco de todo, predomina os chans arxilosos, pero ten
tamén chans de granito e chans de aluvións.
Normalmente os viñedos están orientados o sur.
Fotografías e texto: Secundino Lorenzo.

Fotografía de viñedos no
Ribeiro. neste caso o viñedo de Viña Costeira,
Coop. do Ribeiro.
Enfrente Castrelo de Miño e por suposto o río
Miño. Entereime fai pouco que estos viñedos, que
son unha auténtica marabilla, foron un
proxecto do meu alumno e amigo Xosé
Carballido Presas. Xa me gustaban moito e
agora inda me gustan máis.

Outra fotografía do viñedo
anterior. Unha auténtica marabilla. O fondo o
río Miño no encoro de Castrelo.

Outra fotografía do viñedo
anterior. Na cima hai un mirador e diversas
esculturas en ferro, con moito gusto...

Outra fotografía do viñedo
anterior. Na cima hai este mirador e esculturas
alusivas a finca. Este día a néboa non deixa ver
o encoro de Castrelo pero a min a fotografía
gústame...18/11/2019.

Fotografía do mirador e algunhas
esculturas. O olivo e un cartel marabilloso que
pon: "Aquí cada día sucede algo
extraordinario. VIÑA COSTEIRA".
Detrás unha vista marabillosa do encoro de
Castrelo, Xastrelo de Miño, Ribadavia, etc.

O
río Miño
antes de Laias. A zona é sensacional e moi
aproveitada por grandes bodegas de Ourense.

Viñedos en
Puga. Marxen esquerda do río Miño.

Outra imaxen destos
viñedos.
Sobre esta
torre e estas fincas hai un video de Castrón que
merece a pena velo.
Sensacional video amigo. O video é de
Castrodrón que é Andrés Glez. Castro
que nos está deixando uns videos
marabillosos da nosa terra.

Estrada que leva a Castrelo de
Miño. Esta zona do Ribeiro está chea de grandes
e pequenas bodegas, pero todas cun viño de sete
estralos.
Actualmente os
viños blancos do Ribeiro, con mezclas, "coupage", de treixadura,
torrentés, lado, godello, albariño e loureira,
entre outros están a situarse como os mellores
viños de Europa.
O viño tinto, que por certo era o viño
estrela do ribeiro fai anos está a volver a
facerse cunha calidade fora de serie, así as
mezclas, "coupage", das variedades
sousón e brancellao, entre outras, está a
sacar viños de sete estralos.
Tamén está a facerse novamente o gran
viño
dulce que en tempos era famoso, estou a
referirme ó viño tostado.

Outra vista desta zona
marabillosa do Ribeiro, neste caso dende un
banco que dice que é "o máis bonito do mundo".
Puga-Toén.
A vista é impresionante.
En primeiro plano Puga, enfrente Astariz. O
lonxe, que non se ve está o encoro de
Castrelo e moi o fondo Pena Corneira e a
canteira de Melón a esquerda.

O Ribeiro de Puga e Toén.

Este sensacional viñedo está a carón do río Miño no
pueblo de Vide.

Sensacional finca de treixadura
no pueblo de Razamonde. Fotografía novembro de
2019. Por certo detrás da fotografía pasa unha
ruta do Ribeiro que ven dende Barbantes
Estación.

A misma finca,
no pueblo de Razamonde. Fotografía decembro de
2019.

Outra vista da finca anterior. Fotografía de
novembro de 2019.

Outra vista dende o mismo lugar
neste caso a ezquerda do río Miño en Vide.
Fotografía de novembro de 2019.

Outra vista dende o mismo lugar
neste caso a ezquerda do río Miño en Astariz.
Fotografía de novembro de 2019.
Esta fotografía forma parte do
sensacional libro, sobre O Ribeiro, que acaba de
publicar Celso Rey. Caligrama 2020.
Ver a nota o final
destas fotografías.

Esta é a zona de Castrelo de
Miño, xa co encoro a esquerda, unha zona hoxe moi
aproveitada do Ribeiro.

Viñedos en Castrelo de Miño.

Non podía faltar o pueblo de Francelos
e toda a súa ribeira.

Outra fotografía de Francelos.

Fotografía de viñas en Trasariz. Enfrente
Prado de Miño. Marxen dereita do río Miño.

Outra fotografía.

Sanín. Enfrente Oleiros.

Acercando Oleiros.

Fotografía dende
o viñedo de Viña Costeira, mirando a Groba, Sanin...

Fotografía dende
o viñedo de Viña Costeira, mirando a Castrelo de
Miño...Ano
2019; cada vez vense máis fincas traballadas, da
gusto...

Fotografía
anterior, con máis detalle, dende
o viñedo de Viña Costeira, mirando a Castrelo de
Miño...Ano
2019, 18 de novembre, cada vez vense máis fincas
traballadas, como xa esta dito,
da gusto... Había un poco de néboa que sae
na fotografía...

Viñedos en Ventosela. Enfrente a
presa de Castrelo e San Paio.

O
viñedo chamado Viña Costeira. Enfrente
Castrelo de Miño e San Paio. Nestos viñedos hai un
mirador con moita historia...Curiosamente
ese mirador ten un olivo...

Fotografía sacada no
Balneario de Arnoia. Enfrente Prexigueiro. A
esquerda da fotografía desemboca o río
Arnoia no río Miño. Esto xa pertence o val
de Arnoia.

Outro enfoque
destos viñedos. Esto xa pertence o val de
Arnoia.

Fotografía no Ribeiro,
neste caso un viñedo en Prexigueiro . Este
racimo que se deixa na vendima chámase
pampo, ás veces déixase por
descuido pero outras veces déixase a
costa...
Nota importante:
Recomendo este
sensacional libro sobre O Ribeiro:

Beber, necesidad y placer.
Desde el Ribeiro un breviario internacional
del vino.
Editorial
Caligrama. 2020
Autor:
Celso Rey, un home moi querido do
que escribe, amigo e compañeiro en moitas
cousas e sobre todo, neste caso, un amante
empedernido do viño do Ribeiro, en tódolos
aspectos.
Como dice no
prólogo o noso alumno, en tempos, no
Item de Ribadavia, hoxe IES O Ribeiro,
Luís Domínguez Castro "...obra
madurada e envellecida no mellor dos barrís,
o do entusiasmo e bo facer...".
Volver
á fotos
Volver
á disfruta O Ribeiro.
|