XORNADA DE PESCA -2008-AMIGOS DO FORO DE PESCA

pescador.gif (9550 bytes)saltona.gif (10320 bytes)

Nota importante aclaracións:

Inicio unhas fotografías dunhas xornadas de pesca realizadas polos amigos que visitan o foro desta páxina web. O prometido é deuda...e con gusto...

A idea foi e sigue a ser fantástica e espero que nos anos que veñan sigan a facerse. Soio podo dar as gracias os organizadores:  Álvaro, Gerardo, Joanperes, Cabrera, Antonio e Adolfo.

No 2009 contaredes comigo seguro...¡Enhoraboa!

Ver como foi a cousa.

  

  Salir.                                                            Saír.

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

ASÍ FOI A PRIMEIRA XORNADA DE PESCA - 03/08/2008

Fotografía do río Arnoia sacada polos compañeiros da xornada (03/08/2008).

Ó final, por diferentes motivos, só poidemos ir Joan e máis eu. O Domingo 3 deste mes, erguinme cedo, collín os aparellos, metinos no coche e arranquei cara Pontearnoia (Pasando Ribadavia). Cheguei sobre as 11 da mañá, e Joan xa levaba unhas horas no Río tentando ás esquivas pintonas do Arnoia. Procuramos enganalas ata a hora de comer sen éxito (Joan só collera unha). Teño que dicir que non estou acostumado á calor de Ourense, e sudei "de lo lindo". Fomos comer, e de paso vimos un pouco a Fórmula 1, ademáis de charlar sobre pesca e un pouco da vida de cada un. Posteriormente e sen durmir sesta, movémonos cara o Río Avia por encima de Ribadavia, para logo ir máis arriba, a Pazos de Arenteiro. O Avia levaba menos auga que o Arnoia, ademáis de ter tramos moi parados, pero os dous gustáronme pola súa beleza. Joan (grandísimo pescador coa cucharilla, un maestro) ainda ía pescando algo, pero eu... non o digades por aí, o que é "catar" unha troita non a catei: e iso que probei con mosca seca e ninfa, para despois cambiar ó aparello de buldó. O resultado foi un escalo que me deu Pedro e outro que collín eu. Foi outro capote para a colección... Pero paseino ben igual, que quede claro. Con desfrutar da natureza xa me basta. E máis cun compañeiro de espedición coma Joan (dende aquí un saúdo e moitas grazas pola xornada). A temporada que ven hai que organizar outra xuntanza e que veña máis xente.
Saúdos

   

Fotografía do río Arnoia sacada polos compañeiros da xornada (03/08/2008).

Troita do río Avia. Fotografía no río  Avia sacada polos compañeiros da xornada (03/08/2008).

Fotografía do río Avia sacada polos compañeiros da xornada (03/08/2008).

Na fotografía Joan pescando no río Avia. Supoño que a fotografía é de Álvaro.

Fotografía do río Arnoia sacada polos compañeiros da xornada (03/08/2008).

Fotografía do río Arnoia sacada polos compañeiros da xornada (03/08/2008).

   flecha.jpg (758 bytes) Volver