ENCHENTAS DO RÍO MIÑO DECEMBRO 2019.

O río tivo que aguantar a borrasca Elsa e Fabien nada menos. As desfeitas foron moitas, pero na miña opinión houbo sorte, que a cousa non fora a máis. ¡É un aviso!

Zona de Oira en Ourense cidade. Ano 2019. Domingo 22 de decembro. Enchenta ou chea  por debaixo dos 3.143 m3/seg.  que tuvo o 14 de febreiro de 2016, fálase de 1.976 m3/seg. A punto dunha desfeita maior. Fotografía de Secundino Lorenzo.

 Ese ano foi dunha gran chea, pero foi menos da metade da chea do 2000-2001.  Na Ponte Vella o río levaba unha subida de 8 m. sobre o normal. Ademais colleu os encoros con moita axuda, sobre un 80% o de Belesar e un 90% San Estevo. ¡Menos mal!. Seica houbo un día que levaba 9 metros a mediodía.

O que está claro é que a pesares de ser menos chea que outros anos o peligro e as desfeitas son cada vez maiores. Hai moita razóns:  unha delas é a nula limpiezas dos ríos en Galicia, así como a mala planificación das súas beiras...

 

Ver as fotografías do Miño, en Ourense, Peares e Belesar. 

Si tes algunha fotografía e queres figurar neste traballo manda un email.

Saír ó Río Miño.

  Salir al  Río Miño

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías do río Miño en Ourense, Peares e Belesar.

Fotografía da saída de auga no encoro de Velle, domingo 22 de decembro, sobre 2000 m3/s. Este día calculo 8 m. de subida na Ponte Vella.

Inundou por suposto a piscina de Oira como pode verse.

Polo que queda do "tajamar", calculo exactamente 8 m. de subida do río Miño. Evidentemente inundou os paseos do Miño, a Chabasqueira e Outariz. Por suposto a piscina de Oira como pode verse na fotografía anterior. Por certo o río iba cheo de troncos ...

Parte de abaixo da Ponte o mismo día cós remuíños típicos que fai o río neste lugar.

As termas de Outariz e os seus servicios totalmente cubertos pola chea.

Nas termas de pago de Outariz a auga chegou as mismas portas de entrada.

Termas de Outariz,  o única que quedou sin anegar, unha delas.

 

Nos Peares o río Miño e o río Sil a soltar auga a tope. O encoro dos Peares estaba o 100% pero aberto moi pouco. Esta fotografía  é do 18 de decembro de 2019.

Esta fotografía dice como iba o río, nada que ver co ano 2000 pero si subidiño, neste caso na estación dos Peares.

Outra fotografía que permite ver como iba o río Miño nos Peares.

Os Peares pola parte de arriba do viaducto e desembocadura do Búbal.

O encoro dos Peares soltando auga a tope. De todolos xeitos as comportas non soltaban moita auga.

Encoro de Belesar ese mismo día 18 de decembro de 2019. O encoro estaba sobre o 80%.

Aquí vese o pouco que botaba, e soio unha das comportas, ver a de enfrente seca.

O encoro de Belesar estaba soltando auga, non moita, estaba ó 80% o mercoles día 18 de decembro. Unha sorte.

Outra vista da auga que soltaba Belesar, moi pouca e soio por unha comporta.

 

Volver