12-03-2001

COORDINADORA 

Vovel a la página "O encoro do Umia"

¡A VERGOÑA DO CHAMADO ESTADO DE DEREITO!

A VERGOÑA É QUE O DÍA 12-03-2001 A PONTE DO AREAL NO RÍO UMIA (DO SIGLO XVIII) VOLVE A ESTAR ASOLAGADA, POLO ENCORO DO UMIA .  A XUNTA DE GALICIA É A CULPABLE ENTRE OUTROS.

A ponte do areal e o seu entorno sufre unha segunda inundación nos últimos tres meses.

A Ponte do Areal no río Umia resiste.

Así quedou fai pouco, coas súas ribeiras taladas ilegalmente. Pero a ponte resiste e os que defendemos o non o encoro tamén resistimos e gañaremos xa que temos razón..

Realmente unha desfeita impresentable. Teremos que ir moitos galegos a volver a plantar estas árbores, a volver a reconstruir as súas ribeiras.

Unha desfeita incrible na  Galicia do 2001. Unha desfeita impresentable e inadmisible. Unha desfeita que debe parar por xustiza.

Así está o día 12 de marzo do 2001.

¡ A PONTE DO AREAL NON SE VE, ESTÁ SENDO VICTIMA DA
PREPOTENCIA DA XUNTA E “ O SENTIDO COMUN” DOS TRIBUNAIS DE XUSTIZA!

Ponte do Areal fai uns días, xa taladas moitas árbores das súas ribeiras.

O domingo dia 11 de marzo do 2001 o encoro do Umia tapou a Ponte do Areal.

O Tribunal de Xusticia habia aclarado que a Sentencia dictada supoñia  a devolución das terras non ocupadas os seus propietarios.

Ante a reclamación de propietarios afectados o día 23 de febreiro o Tribunal ordeara a suspensión das obras ante os traballos de peche do encoro. 

O día 6 de marzo un auto do Tribunal no que dixo que a sentencia era de aplicación a tódolos afectados polo encoro, considerou que os propietarios reclamantes non teñen ben acreditada a xustificación da propiedade das fincas concedendo recurso de suplica no prazo de 5 días.

Non deixa de ser curioso que para ocupacion dos terreos pola Xunta non haxa dúbida sobre a propiedade das fincas e para defender as mesmas  polos propietarios se lles cuestione o dereito.

Ainda sendo o auto recurrible o tribunal levantou a suspensión das obras de tal xeito que permitiu o anegamento de terreos dos propietarios reclamantes sen esperara a resolver os seus recursos, quedando tamén baixo as augas elementos do patrimonio medioambiental e arquitectonico como varios muiños e a Ponte do Areal.



¡ A PONTE DO AREAL NON SE VE, FOI VICTIMA DA PREPOTENCIA DA XUNTA E “ O SENTIDO COMUN” DOS TRIBUNAIS DE XUSTIZA!



¡A VERGOÑA DO CHAMADO ESTADO DE DEREITO!

¡A VERGOÑA DO CHAMADO ESTADO DE DEREITO!

 

¡¡NON HAI DEREITO A QUE ESTA PONTE QUEDE ASOLAGADA DESTE XEITO!!!. É a segunda inundación en tres meses.

¡A VERGOÑA DO CHAMADO ESTADO DE DEREITO!

¡¡EN GALICIA NON HAI XUSTIZA!!

¡¡¡ DEUS NOS COLLA CONFESADOS !!!

PARA ASOLAGAR NON HAI PROBLEMA, PARA DEMOSTRAR OS DEREITOS SOBRE UNHA FINCA SÍ.

¡¡¡ CAMIÑANTE  CUSPE AQUÍ !!!

( Texto de Celso Emilio Ferreiro, poeta de Celanova ( Ourense ) , nun epitafio que agora sabemos os galegos onde poñelo............. )

Así están as cousas A DÍA 13-03-2001, pero : TEMOS A RAZÓN E SEGUIREMOS ATA O FINAL.

¡¡ ENCORO DO UMIA DEMOLICIÓN XA !!

¡¡ A PONTE DO AREAL RESISTIRÁ !!.

 

Salir gal.                                       Salir Esp..