A XUNTA RECIBE UN PAU INCRÍBLE DO CONSELLO DE CONTAS.
Encoro do Umia, actualmente.
Un monumento a prepotencia. Un monumeto a "inutilidade pública".
A Xunta si tuvera vergoña, debera facer tres cousas:
1.- Admitir que no encoro do Umia non deu unha a dereitas e pedir perdón os Veciños de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.
2.- Pagar a Dragados o que hai feito e as obras de demolición, con arreglo total do que levan desfeito no río.
3.-Decirlle a Cortizo Hidroeléctricas, que hai que ir coa música a outra parte, e que a próxima vez hai que facer mellor as cousas.
Realmente esto e o que se deduce do tirón de orellas fino do Consello de Contas.
VEXAMOS O TIRÓN DE ORELLAS DO CONSELLO DE CONTAS Á XUNTA DE GALICIA :
O CONSELLO DE CONTAS DICE TEXTUALMENTE :
TRADUCCIÓN APLICADA O ENCORO DO UMIA: "O Consello de Contas para evitar a degradación do entorno, reclama a Augas de Galicia un maior rigor ambiental, así como un estudio global sobre o impacto que producen os aproveitamentos hidroeléctricos" Augas de Galicia ( A Xunta) tuvo pouco rigor ( eu diría vendo os papeis que ningún) para evitar a total degradación do entorno e os grandísimos impactos ambientais, como se pode ver actualmente no encoro do Umia. .......
"A administración Autonómica debe ser máis esixente e rigurosa ó admitir os estudios ambientais, que deben presentar as empresas promotoras deste tipo de investimentos." A Xunta de Galicia non debeo nunca admitir o estudio de impacto ambiental presentado para facer o encoro do Umia. Calquer escolar de ESO de Galicia descubriría que moitos dos animais que aparecen no estudio non existen en Galicia, e polo tanto non existen no Umia. Realmente foi unha vergoña, que a Xunta admitira este estudio. A fé de erratas remitida por Augas de Galicia, en si misma , é delictiva. Unha auténtica vergoña. Un insulto á intelixencia humán. Un insulto a Galicia. Realmente sinto náuseas, de como se poden facer esas cousas, cando hai tanto en xogo.
....... O dossier do Concello "considera que a utilidade pública para a expropiación da obra de Caldas de Reis foi declarada de forma inadecuada, mediante decreto no que non se motiva a urxente ocupación de bens" A utilidade pública é incorrecta e non pode aplicarse. A partir de aquí o que hai feito en base a este principio ( que por certo é todo) non é correcto. O encoro do Umia é polo tanto un atraco a Galicia e a todos os que amamos a natureza.
Falouse de dar auga o Salnés, cando hai estudios que demostran que non se precisaba cun encoro destas dimensións, incluso falouse de que resolvía o problemas das inundacións, cando realmente as agraba, si estas son moi grandes.
Realmente é dificil facelo peor.
....... "A súa adxudicación a favor de Cortizo Hidroeléctricas S.A. prodúxose con criterios moi imprecisos que impiden opinar acerca da súa obxectividade" Esta claro que a Xunta deulle a Cortizo Hidroeléctricas S.A. a adxudicación da obra a dedo, xa que non hai criterios. Incríble. Teño que recoñecer a "finura" do Concello de Contas con estos temas. Realmente "chapeau".
....... "Pide a Augas Galicia que proceda a constituir as Xuntas de explotación e a comisión de desembalses, para garantizar o carácter representativo dos órganos colexiados da Administración hidráulica e a parcipación maioritaria dos usuarios, en relación cos seus respectivos intereses" Está claro e non fai falla ir a Universidade: O Consello de Contas dice claramente que Augas de Galicia son unha pandilla de amigos que Deus nos colla confesados. Pide democratización. Pide que os galegos podamos defendernos desa pandilla legalmente...... Para temblar.
....... Recomenda tamén que "Augas de Galicia que non proceda, mediante modificacións presupuestarias, o desvío de créditos destinados a obras de saneamento e hidráulicas a incrementar créditos para gastos de asistencias técnicas, que baixo esta denominación financian maioritariamente gastos de publicidade para divulgar as actividades do organismo" Incrible o tirón de orella para augas de Galicia. Penso que para seguir temblando de como se gastan os cartos dos galegos e seguramente de Europa.
......
"Augas de Galicia debe procurar non abusar da utilidade de esta forma de tramitación urxente." Incríble, sigo sin saír do asombro. ......
O Consello de Contas pide ademáis a Augas de Galicia que concrete as razóns polas que acude a esta forma de contratación. Outro tirón de orellas.
Fonte : a Voz de Galicia do día 20 de setiembre do 2000. Páxina: 4/Galicia.
Nota importante para o navegador internauta: Augas Galicia é o organismo da Xunta encargado de todo o relacionado coas augas galegas, centrais, minicentrais, depuradoras, trasvases , etc.
O Consello de Contas é un organismo creado en Galicia en 1991, cuio obxetivo é a fiscalización de todo tipo de Xestión económica e contable de todo tipo de Administracións públicas ( Administración, entidades locais, empresas públicas, fundacións, etc. ).
Trátase polo tanto dun organo básico e fundamental da nosa política.
Algo así como o defensor do pueblo en asuntos económicos.
"Encoro do Umia unha desfeita para a zona "
Para rematar soio me queda como galego:
"Dar as gracias o Consello de Contas polas afirmacións anteriores". Un pouco de aire puro, de vez en cando, é moi útil en Galicia.
Sobre o encoro de Caldas de Reis o que xa está dito, parto de que as obras NON SEGUIRÁN NUNCA, XA QUE SON ILEGAIS, polo tanto có muro soio queda o seguiente:
Si o tiran, ben tirado estará ( espero me inviten a festa os compañeiros da zona), que fagan un parque natural ( a zona pode ter esa consideración), para os veciños da zona que ben ó merecen polas desfeitas, as noites sin dormir e outras moitas cousas. Pasarían a ter o "Único río, (de largo recorrido) , virxen de Galicia". Seguramente pasarían a creer na Xustiza, o cal é importantísimo.
Si nono tiran: que poñan unha placa que se vexa dende ben lonxe ( incluso dende un avión cando pase pola zona) e que diga:
"MONUMENTO A PREPOTENCIA.
Esto é o que hoxe a 22-09-2000 HAI MAL FEITO .
Visto de lonxe.
![]()
Visto de cerca.