COMUNICADO DA COORDINADORA ANTI-ENCORO

DE CALDAS DE REIS, CUNTIS E MORAÑA

 

 

A Coordinadora non comparte a actuación de “lavado de cara” do Umia ó seu paso polo casco urbano, realizada hoxe a iniciativa local ao non afrontar o verdadeiro problema que padece o río e que ten a súa orixe augas arriba.

 

Lamentan a falta de valentía para arranxar dunha vez e de raíz o problema, liberando ó río do atranco que o feríu de morte, cando os responsables da Xunta puxeron por diante os intereses económicos ao interese xeral.

 

A Coordinadora afirma que os responsables da Xunta minten e mentiron no pasado á poboación cando din que o encoro foi construido para abastecemento de auga e prevención de riadas.

 

En breves datas darán a coñecer documentos oficiais que demostran ditas mentiras e deixarán en evidencia as declaracións pasadas e actuáis dos responsables políticos.

 

Como adianto a Coordinadora quere compartir coa cidadanía parte dun documento asinado por dous altos responsables da Xunta no que figuran, entre outras, as seguintes afirmacións:

 

“…. El embalse permitirá el desarrollo de zonas de esparcimiento y residenciales de ribera …”

 

“… la utilización para el baño…”

 

“… la calidad de las augas del rio Umia es buena o muy buena …”

 

Como por desgraza todos sabemos, nin auga boa ou moi boa, nin zonas de esparcemento, …

 

Asimesmo a Coordinadora considera unha inxenuidade pensar que a Xunta vai facer ningún estudio para liberar ao río do encoro, tal e como lle pediron os representantes municipais, xa que dese estudio salería que a obra É INUTIL PARA O INTERESE XERAL E UN ATENTADO AMBIENTAL INTOLERABLE.

 

 

 

Caldas de Reis, 28/09/18

 

 

 

 

Volver