Caldas
de Reis (Pontevedra)
18/01/2019
COMUNICADO DA COORDINADORA ANTI-ENCORO DO UMIA
A anunciada xuntanza da semana próxima entre os
responsables municipais constituídos en comité de crise e a
conselleira de Infraestruturas da Xunta, para abordar supostas
actuacións no río cara a solucionar os problemas de potabilidade do
Umia, resulta para a Coordinadora unha broma de mal gusto, xa que
non é a Conselleira Vázquez (Ethel), encargada de administrar o
“formigón” a que ten que dar esa solución, senón a Conselleira
Vázquez (Ánxeles), como responsable do medio ambiente e patrimonio
natural de Galicia, a que ten que afrontar o problema.
A Coordinadora lembra que aínda que paradóxicamente o
organismo Augas de Galicia está adscrito na actualidade á
Consellería de Infraestruturas, os órganos encargados da protección
do río son, ou deben de ser, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental
e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, amén da Dirección Xeral
de Saúde pública adscrita á Consellería de Sanidade, segundo as
competencias que a cada un destes órganos lles atribúen as leis.
A intervención no Umia da Consellería encargada das
estradas e autovías da pistas xa da maneira en que se pretende
afrontar o grave problema ambiental e de saúde pública no Umia:
metendo máis formigón e continuando a dilapidar os recursos de
todos, gastando cartos que deberían satisfacer necesidades sociais
ou calesquera outra de interese para a cidadanía.
Nin siquera se os cartos que pretender gastar foran
dos seus bolsillos estaría de acordo a Coordinadora, xa que o estado
do río e da auga require non demorar máis a verdadeira solución do
problema: o desmantelamento do negocio hidroeléctrico.
Caldas de Reis 18/01/19
Coordinadora Antiencoro do Umia
Enderezo postal: Rúa José Salgado N-4.2 – CP 36650 Caldas de Reis
(Pontevedra)
Tlfnos. 630830815 -
rioumia@hotmail.com
/elenavaz/index.htm