Sr. Reitor da USC

                                                                                                                                  13/10/2020

 

 

Estimado Reitor:

 

 

Coñecida a través dos xornais a destitución do profesor Fernando Cobo Gradín como director da Estación Hidrobiolóxica de O Con, honestamente vémonos na obriga de facerlle chegar as seguintes consideracións:

 

En primeiro lugar amosar a nosa perplexidade de que coa escaseza de científicos/as e técnicos/as dedicados á investigación para a protección dos nosos recursos naturais, se prescinda por esa Universidade dun investigador con tan ampla experiencia e aportacións indispensables no coñecemento dun medio esencial para a protección da paisaxe e da saúde pública como os ríos.

 

Estará dacordo con nós en que o profesor Fernando Cobo é unha figura de referencia tanto en investigación como en divulgación científica, para todos aqueles que loitamos durante anos para protexer os nosos ríos da especulación mercantil, privando á cidadanía dun recurso que é de todos e condenando de morte ós ecosistemas fluviais.

 

Só desde o punto de vista da concienciación cidadá acerca da importancia que a preservación do medio ten feito o profesor Fernando Cobo a través cos seus traballos científicos e de divulgación a través de charlas, congresos e conferencias, fai que os científicos como el se tornen como imprescindibles cara ó futuro, futuro que confiamos sexa de recuperación e reversión ao público de tantos e tantos cauces fluviais agredidos por razóns exclusivamente mercantís.

 

O papel das universidades é dos/as seus investigadores/as resulta crucial para que esa recuperación sexa posible, e máis nestes momentos en que a saúde das persoas  e o respecto ó medio natural son indisociables.

 

Por todo iso solicitamoslle encarecidamente que se restitúa no seu posto de director da Estación de O Con ó profesor Fernando Cobo á maior brevidade, removendo os obstáculos que impidan que a súa labor se vexa comprometida por razóns de tipo burocrático ou outras alleas ó interese xeral.

 

Sabemos dos numerosísimos apoios amosados así como das peticións de restitución que ten recibido esa Reitoría, polo que confiamos se mude a decisión adoptada.

 

Saúdos cordiais.

 

 

Coordinadora Antiencoro do Umia

Caldas de Reis (Pontevedra)

 

 

 

Saír.