|
Demolición da presa do Umia
¡¡xa!!
A AUGA INSERVIBLE
E O RÍO
DESFEITO
Setiembre - 2010
Ver en que se basan estas peticións,
así como a convocatoria dunha manifestación que terá lugar en Caldas de
Reis o sábado día 2 de octubro do 2010.
AUGA
PARA BEBER E RÍO PARA DISFRUTAR

Un
verán máis a contaminación da auga do río por cianobacterias
do xénero Microcystis ten obrigado ás nosas
autoridades municipais a interromper o subministro de auga potable
dende a captación do río Umia en Segade (Calas de Reis) pasando,
como en veráns anteriores, a sermos abastecidos por medio de camións
cisternas dende os depósitos da ETAP de Vilagarcía, sen que, sen
embargo, ninguén nos poda asegurar a completa salubridade desta
outra auga que ten a súa captación a apenas uns centos de metros río
abaixo.
A ORIXE DO PROBLEMA: A
CIANOBACTERIA MICROCYSTIS
De todos é
ben sabido que os problemas do río teñen a súa orixe na
proliferación explosiva da poboación de cianobacterias do xénero
Microcystis nas augas do encoro de Baxe e que, dende
aquí, pasa directamente ao fluxo do río para ir, pouco a pouco,
colonizando todo o río augas baixo da presa.
Non obstante, a contaminación preocupante, -o mesmo
para a sáude de todas e todos nós que para a saúde do río-, non está
tanto nesta elevada poboación de cianobacterias como na elevada e
extremada-mente grave toxicidade da cianotoxina, -coñecida co nome
de microcistina-, que estas cianobacterías liberan ao
morrer, toxina que, sendo perfectamente soluble en auga,
inmediatamente se incorpora a esta sen que poda ser retida por
ningún método de filtración nin tampouco totalmente destruída polos
máis eficientes sistemas de oxidación (ou ozono) usados nas
estacións de tratamento de auga potable, co agravante de poder dar
lugar a produtos de degradación da microcistina non menos
preocupantes, como benceno e benxzoderivados de elevado poder
canceríxeno.
A MICROCISTINA: UNHA TOXINA
ALTAMENTE PREOCUPANTE PARA A NOSA SAÚDE

É moito o que falta por estudar da toxicidade destas
cianobacterias. Aínda así os informes da Organización Mundial da
Saúde (OMS), incorporados á última edición da súa Guía de
calidade da Auga Potable, teñen demostrado que a microcistina
da lugar a importantes danos no sistema
hepático (efectos hepatotóxicos), a importantes problemas
intestinais e a graves efectos neurotóxicos sobre o sistema nervioso
central. Advirte así mesmo a OMS de que hai probas sobre o papel da
microcistina como indutora ou desencadéante
de procesos tumorales e de que, ademais, poden presentarse efectos
acumulativos no organismo o que implica que non haxa para estas
microcistinas unha dose mínima de seguridade.
Esta intoxicación por inxestión de auga de boca é a
máis coñecida e perigosa vía de intoxicación destas toxinas, pero
están tamén documentados outras vías de intoxicación: tanto por
inhalación a través das vías respiratorias como por vía cutánea ao
terse bañado en augas contaminadas.
Aparte desta toxicidade son motivo de preocupación
para a Organización Mundial da Saúde outros dous aspectos: o
primeiro refírese a que estas microcistinas non presentan unha
sintomatoloxía específica co cal é doado que moitos casos de
intoxicación pasen totalmente desapercibidos; o segundo refírese á
dificultade de detección por métodos analíticos rutinarios de
concentracións de microcistina por debaixo de 1 microgramo/L, co cal
queda moi limitado o marxe de seguridade que, na práctica, se lle
pode esixir á auga potable.
A
MICROCISTINA: UNHA TOXINA TAMÉN PREOCUPANTE PARA A VIDA DO RÍO
Esta contaminación por cianobacterias non é só un
preocupante problema para a calidade da auga potable; é tamén un
gravísimo problema para a vida do río, en primeiro lugar, porque,
-con independencia da toxicidade da microcistina-, a proliferación
bacteriana priva de luz e de osíxeno á toda a columna de auga
facendo inviable calquera outra forma de vida. Pero a maiores a
presenza de microcistina na auga do río vai ter un efecto selectivo
sobre o conxunto da fauna fluvial, -vertebrados ou invertebrados-,
subsistindo só aquelas especies resistentes a ela co que vai ter
lugar un efecto de bioconcentración e biomagnificación
ao longo da cadea trófica que, tarde ou cedo, tamén acabará por
chegar ata nós.
A
NOSA SAÚDE E A SAÚDE DO RÍO NECESITAN SOLUCIÓNS URXENTES:
Ante este
problema de contaminación que se repite ano tras ano; e ante o grave
risco que esta conta-minación representa para a nosa saúde e para a
saúde do río; ante a perda de calquera oportunidade recreativa e de
ocio no río e nas súas beiras; e, por suposto, ante o encarecemento
innecesario da factura da auga debido aos incrementos de custos na
depuración, nas análises e no transporte de auga potable,
nada máis urxente que esixir da Xunta de Galicia e do
Concello unha solución definitiva aos problemas do río e da auga
potable.
QUE
SOLUCIÓN?
….A
DE SEGUIR NA INSENSATEZ DO NEGOCIO ...
Pensando en incrementar o negocio da auga, son
moitas as solucións que cabe propoñer. No que á auga potable se
refire, pode propoñerse buscar outra captación ou (maior negocio
aínda) propoñer a construción dunha batería de depuradoras en serie,
cos máis eficientes sistemas de depuración, de forma que a auga,
despois, de pasar por todas elas teña unha aparencia máis
saudable. Mais que facer co río?

Resolto o problema da auga potable, pode alguén pensar en resolver o
problema do río impedindo o arrastre de nutrientes ata o encoro.
Podería pensarse, por exemplo, en prohibir o emprego de puríns e
abonos orgánicos na pouca agricultura que queda hoxe na cunca do
Umia ademais de talar toda a vexetación de ribeira das beiras do río
augas arriba do encoro. E aínda así, dado que se trata de
cianobacterias tan austeras que mesmo pode metabolizar recursos do
solo, habería que acabar cimentando o vaso do encoro.
Tamén se podería, -porque non?-, pensar en
refrixerar
a auga do encoro, impedindo así a prolife-ración
bacteriana ou en cubrir toda a lámina de auga do encoro (actualmente
xa morto) cunha lona opaca a luz, co cal a función fotosintética
sería imposible e quedaría eficazmente impedida a supervivencia de
todo tipo de cianobacterias.
Por suposto, a conta dos veciños e veciñas da
poboación de Caldas, que son os beneficiarios (únicos) de tais
actuacións.
…OU A
DO SENTIDO COMÚN….
Se esta proliferación explosiva de cianobacterias
ten a súa orixe e o seu hábitat idóneo na auga encorada da presa de
Baxe; se na auga que circula libremente non hai lugar a ningunha
floración deste tipo, quen non teña o seu sentido común atrofiado
polas corruptelas e fraudes que conduciron a construción do encoro
non pode menos que propoñer a DEMOLICIÓN dunha presa que
non ten servido nin nunca vai poder servir
para ningún dos usos que se nos dicía con motivo da declaración de
utilidade pública.
-E
IMPRESCENDIBLE…
Non podemos
seguir consentindo na morte do río e no envelenamento de todas e
todos nós.
-É DE
XUSTIZA…
Ou é que
acaso o negocio hidroeléctrico é de maior valor que a nosa saúde e a
saúde do río?
Ou é acaso
xusto que os veciños e veciñas de Caldas teñamos que pagar uns
sobrecustos por un abastecemento de auga sen garantías de
salubridade para non tocar ao negocio hidroeléctrico sexa de quen
sexa?
-É DE
LEI:
Así o
mandan a Directiva Marco da auga que pon a prioridade na defensa da
calidade das masas de auga e na recuperación dos ecosistemas
fluviais. Así o manda a vixente Lei de Augas que da absoluta
prioridade, por riba de calquera outro uso, ao abastecemento de
auga á poboación
-E
ADEMAIS É DE SENTIDO COMÚN…
SÁBADO, DÍA 2 DE OUTUBRO DE 2010, ÁS 12, NO ENCORO, ACTO
REIVINDICATIVO
A
FAVOR DUNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA PARA A AUGA E O RÍO
AUGA PARA BEBER, AUGA PARA A VIDA ANTES QUE O NEGOCIO
Ver a prensa destos días como trata o tema.
SÁBADO,
DIA 2, ÁS 12, NO MURO DO ENCORO
ACTO
REIVINDICATIVO
PARA
SOLICITAR UNHA SOLUCIÓN URXENTE
AO
PROBLEMA DA AUGA E DO RÍO
dun río sano, unha auga sana!
… é cousa de todas e todos!
ADEGA
COORDINADORA ANTIENCORO
Saír.
|