¡INDIGNÁDEVOS  XA!

Ano 2016 

COA POLÍTICA QUE SE FAI CÓS RÍOS GALEGOS.

Comentario:

"A auga en libertade e limpa será a que proporcione no futuro unha referencia sobre noso bienestar."

Joaquín Araujo

 

As imaxes que siguen aparecen nos diarios de Galicia todos os días, desgraciadamente...

Unha vergoña, que non sepamos coidar os nosos ríos, e polo tanto que o noso futuro sexa bastante negro en canto a auga...

 

Seica o 75% dos ríos ourensáns están en estado "mejor que bueno" según a Confederación Hidrográfica.

(O dia 10/06/2016 xa fala do 76% en "buen estado". Como siga así logo logra o 100%. ...Seica no 2021 pensa que pode chegar ó 80%, casi o ten na man o Sr. Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.)...

 

Gustaríame saber de onde sae esa porcentaxe sabendo, como sabemos todos, el por suposto incluído,   ó seguinte:

Ríos principais da provincia de Ourense e que supoñen prácticamente máis do 90% dos ríos da provincia:

 

RÍO MIÑO: valores de análisis feito pola Universidade, responsable Luis Alfonso Rguez, deu valores de plomo, arsénico, cobre e mercurio moi por encima do legal permitido.

Hoxe teño noticia de que está moito peor.

Por debaixo da actual de depuradora, vai ó río toda a merda, con perdón, de Ourense

Mal, moi mal está hoxe o río Miño en Ourense. A partires do Pozo de Maimón, por debaixo de Ourense,  é unha alcantarilla.

 

RÍO SIL : defenestrado actualmente polas pizarreiras  e por suposto pola nula depuración da zona. Fai anos impresentable, incluidos ríos como o Bibei  e afluentes e o río Mao. Pódese salvar o río Navea, pero últimamente desfeito polos incendios...

Impresentable. Recoñecido así pola Confederación H.

 

RIO LIMIA : impresentable intentan salvalo primeiro con 1 millón de euros e logo co plan Life Regenera Limia e 2 millóns máis. Seica no 2021 estará marabilloso. Alguén con autoridade, non político por suposto,  tería que facer un seguimento destos cartos, o río Limia xa levou moitos millóns e cada vez peor.

Impresentable. Recoñecido pola Confederación Hidrográfica

 

Río TAMEGA : impresentable dende fai máis de vinte anos, últimamente cós vertidos do AVE  para o arrastre. Irrecuperable.

Irrecuperable.

 

RÍO ARNOIA : prácticamente contaminado os vertidos do AVE están a pasarlle a misma factura que ó río TAMEGA. Arsénico, e plomo dabondo. Tamén puríns a tope nos dous últimos anos. A cantidade de auga está a salvar este río, quero decir o caudal, pero ollo que cada vez leva menos...

Moi afectado polo anterior. Un río que se está a perder totalmente.

 

RÍO AVIA : E AFLUENTES VIÑAO E ARENTEIRO defenestrado pòr purins, depuración nula xa dende fai moitos anos.

Moi afectado os tres ríos, quizais o mellor o río Viñao pero moi mal últimamente. O río Arenteiro todos os anos ten problemas con moitos peixes mortos... Do río Avia é mellor non falar.

Mal estos ríos.

 

Incluso hai ríos que sempre dixen que eran marabillosos, como o río Xares, por poñer un exemplo, e que o  ano 2015 sei que ten problemas de troitas...algo pasa na provincia de Ourense.

 

Pequenos ríos-pocilga hai moitos por exemplo: Barbaña, Loña, Griñal, Maquiáns e outros moitos...

 

Gustaríame saber de onde saca a procentaxe do 76% de ríos  MEJOR QUE BUENO. a Confederación Hidrográfica. De catro ríos tres están "mejor que bueno".

Dende logo non fala de Ourense, eu non sei de que país fala...

A nivel do resto de Galicia pasa practicamente o mismo: soio se salvan algúns ríos de Lugo, como o río Lor o resto deixa moito que desexar incluido ríos emblemáticos e marabillosos como o Navia, hoxe con moitos problemas...

Vexamos algún s exemplos dos que aparecen na prensa, sabemos que a maioría dos casos non se denuncian o simplemente non se dicen para non alarmar, sobre todo en Ourense...

Morte masiva de peixes e troitas no río Támega, ano 2015,  e tamén outros ríos galegos.

 

Eso será xa que non estaba ben...

-------------------------------------------------------

Veremos como vai o 2016.

 

De momento temos algunhas cousas:

A finais de marzo volvemos a ter o río Barbaña cuberto de esta espuma blanca tan  habitual . O diario local La Región pón "Sospeitas"? hai que ter cara e rostro...

Seica van a resolver estas contaminacións pero non sabemos si no século 22.

 

Confirmado o río Barbaña volver a ter un vertido a altura da Depuradora de San Cibrao. Maio 2016.

Día sí e día non o río Barbaña vai deste xeito e non pasa nada...

Responsable: non existe.

Ver este link de La Región

Estos non paran...

 

 

Esto soio se ve na provincia de Ourense e algunhas de Lugo. É único. Trátase do enlosamento dun regato no Barco. Neste caso a Confederación Hidrográfica presentou unha denuncia pero perdeu. Pasou no Barco do Cigüeño. Pero repito é moi habitual, así hai varios en Ourense por exemplo o Xares en Vilariño de Conso, nun afluente do río Limia, o Firbida en Xinzo, e outros...

Coios no río Xares...

Piscina no río Firbida, afluente do Limia...

Empedrado do río Bubal...

Hai moitos exemplos nos ríos Ourensáns...

---------------------------

 

Confirmado o río Barbaña volver a ter un vertido a altura da Depuradora de San Cibrao. 09 Maio 2016.

Día sí e día non o río Barbaña vai deste xeito e non pasa nada...

09/05/2016

Responsable: non existe.

Ver este link de La Región

Estos non paran...

--------------------------

Rio Barbaña 07/06/2016.

Outra vez o desastre...e van...

Outra vez o río Barbaña en Ourense contaminado coa espuma soltada pola EDAR de San Ciprián no Polígono de Ourense.

Esto é unha vergoña máis que demostra o estado dos nosos ríos, o total abandono e o poco ou nada que fan as autoridades ourensán e galegas.

Como amante dos ríos en xeral e como pescador sinto vergoña de toda esta xente incompetente que nos rodea no tema dos ríos...

---------------------------------------------

Para Chorar Amargamente.

Ver está páxina principal do 11 de Xuño de 2016:

Nestas andamos no 2016 cun problema de contaminación total e morte de 17000 peixes no ano 2019.

Fotografía de Xosé Paz. Esta xente da fotografia recolleo 17000 pezas entre peixes de todo tipo, anguías, cangrexos, etc.

O desastre foi total.

Pois ben, nestas andamos. Esto demostra a pouca importancia que teñen estos feitos, cando despois de sete anos inda estamos vendo si é ou non delito.

Non hai nada que facer con esta xente: a Edar de San Cibrao das Viñas, Medio Ambiente, Calidad Ambiental de la Xunta etc.

---------------------------------

Este ano foi, un ano máis unha desfeitas para os ríos galegos, ultimamente está de moda que as depuradoras se lles vaia a man, ocurre varias veces o ano en Ourense no río Barbaña,  e pasa noutros moitos ríos. Nunca hai culpables... Algúns exemplos:

 

Está vez foi no río Ulla en Monterroso, miles de troitas mortas.

Ver este link Set. 11 de 2016

 

Esto foi en Carballo no río Anllons. unha desfeita total.

Ver este link . Set. 2016

Río Bolaños. Arteixo

Ver este link. Agosto 2016

Río Gafos en Pontevedra. Esta vez por augas fecais. Esta xa é a enésima vez que sufre este río contaminacións.

Ver este link. Agosto 2016

Río Azúmara. 6 de agosto en Castroi de Rei

 

Troitas mortas no río Cabancos en Cerceda, tamén neste link,   , no río Azúmara,  así suma e sigue...

Para chorar.

 

 

Salir a Ourense Natural                                          Saír a Ourense natural