¡INDIGNÁDEVOS  XA!  COA POLÍTICA QUE SE FAI CÓS RÍOS GALEGOS.

"A auga en libertade e limpa será a que proporcione no futuro unha referencia sobre noso bienestar."

Joaquín Araujo

 

As imaxes que siguen aparecen nos diarios de Galicia todos os días.

Unha vergoña, que non sepamos coidar os nosos ríos, e polo tanto que o noso futuro sexa bastante negro en canto a auga...

 

 

Por onde pasa o AVE mata con todo

Nas fotografías os ríos Támega e Camba, da Provincia de Ourense,  que están a sufrir día si e día tamén contaminacións de todo tipo das obras do AVE, os desmontes e máis que produce.

O AVE e a súa chegada a Galicia, dicen que no 2018, nono cre ninguén inda por riba,  está  a producir auténticos desastres nos ríos do  Oriente de Ourense: río Camba, río Cabras, río Támega e afluentes. Tamén na nacente do río Arnoia. Ver estos links de onde saquei as fotografías: links 1  , links 2 , links 3  entre outros.

Os ríos vai de todo: plomo, arsénico, etc. Aparte moita terra mezclada que acaba con toda a fauna dos ríos.

As cousas non se poden facer así. As Consellerías correspondentes deberan mirar por estas falcatruadas e chourizadas, propias de un país bananero onde impera a lei do bolso únicamente.... As obras teñen que facerse ben e está previsto que non contaminen, está no presuposto,  o que pasa é que despois ben todo o demais... No fondo non deixa de ser un roubo a man armada. Os que nos gobernan deberan evitalo pero está visto que non están pola labor.

Imaxen do río Támega.

Non hai dereito a estas desfeitas.

 

Por último lembrar a comunicación dun pescador amigo, Cabrera, que me fai chegar este email que me fai chorar...:

"Amigos! quero que coñezades o que está a acontecer na provincia de Ourense, xa ó estamos a denunciar dende o ano pasado, pero non fan caso e cada vez é peor... Temos unha plataforma de defensa no facebook que podedes ver (Salvemos ó Támega) Nela temos fotos do que vos vou comentar.
O rio Arnoia, o seu paso por Prado estase a contaminar pola construcción do tunel do AVE... pesca a dia de hoxe... MINIMA! comprobado... O rio Támega esta sendo envelenado día si e día tamén, a auga que baixa de un afluentes seu ven totalmente grisácea, e estase a acumular o fango nas pozas. Outro afluente seu o rio Cabras ou Corechouso, hoxe ó ir pescalo, menuda sorpresa ó ver que cortaran pola metade o rio, fixeran un camiño e desviaran o cauce por tuberias.... MANDA CARALLO!!! O rio Camba esta medio morto xa dende Campobecerros para abaixo non vale pa nada e no alto algúns fíos de auga constante xa son suficientes para que chegue todo o verquido de a saber ó que!!! Se mirades as noticias pola zona de Sanabria acontece igual... Resumindo, por onde pasa o AVE mata con todo... e naide fai nada... EU FLIPO    

Maio de 2014.

 

Noticia de Marzo do 2015:

Seica o Couto de Medos está afectado por estos verquidos do AVE, en calquera caso xa sei que por Arnuide a cousa está incrible.

Teredes fotografía desta desfeita...

--------------------------------

Os nosos ríos están totalmente abandonados a súa sorte.

Soio se intentan coidar os coutos de pesca, pero de forma totalmente incontrolada en canto a presupuestos que non son empleados de forma axeitada e controlada. Vexo o longo dos coutos de Galicia, un facer, que en moitos casos é unha vergoña entre amiguetes, con excelentes cuchipandas pero nada máis... Non limpian nin accesos, nin posturas, non controlan nin denuncian o furtivismo, nin nada parecido...

A verdade que boto de menos os antigos Gardaríos, que polo menos vixiaban o couto e limpaban axeitadamente e non se casaban con ninguén, salvo pequenas excepcións...

Habería que investigar euro a euro o que se fai con estos cartos.

---------------------------------------

 

 O colmo:  tenreiros mortos a carón da toma de auga para Lalín, no río Asneiro. Por certo: Couto de pesca da troita.

Marzo 2015.

Ver a noticia no Faro de Vigo. Edicción Deza-Tabeirón-Montes.  A zona é a do Pozo Negro onde se toma a captación de augas para Lalín.

Esto de tirar "de todo" o río  vese moito inda en Galicia onde se siguen atopado lavabos, bañeiras, lavadoras, wateres e todo tipo de elementos. Pero para facer esta falcatruada, para mín de cárcere, hai que ser malas persoas, eu a esta xente chámoa "asasinos da natureza", o único sitio onde deben estar é na cárcere, con cursos intensivos de civismo e ética  e o saír con seguimento. Botar uns animais mortos a carón do río, neste caso o Asneiro, afluente do río Deza, e inda por riba xusto onde se toma a auga para Lalín é incrible.

Xusto a carón da "captación de augas de consumo".

¡Criminais!.

Moi doado dende a estrada botalos no lugar.

Este é o Pozo Negro do río Asneiro, un afluente do río Deza. Un couto de pesca de Lalín. Un río galego que unha vez máis intentan defenestrar...

¡Miserables!!

A tosta do Pozo Negro do río Asneiro.

Non se merece este trato.

 

Gustaríame saber: que esta falcatruada ten nomes e estos paquen a ser posible cun días de cárcere.

Non merecen menos...

Nota: gracias amigos Raúl e Xulio por facerme chegar estas fotografías...

----------------------------------

Maio de 2015.

Sigue o tema do río Arnoia en Ourense defestrado pola zona de Arnuide, con vertidos constantes do refugallo dos túneis, con arsénico e chumbo entre outros como vertidos principais...

No fan ni caso...

----------------------------------------------

01/06/2015 A Confederación Hidrográfica desglosa o Plan Hidrolóxico para Ourense

Gustaríame saber en que se basa para facer afirmacións deste tipo:

Seica o 75% dos ríos ourensán están en estado "mejor que bueno" según a Confederación Hidrográfica.

Gustaríame saber de onde sae esa porcentaxe sabendo, como sabemos o seguinte:

Ríos principais da provincia de Ourense e que supoñen prácticamente máis do 90% dos ríos da provincia:

 

RÍO MIÑO: valores de análisis feito pola Universidade, responsable Luis Alfonso Rguez, deu valores de plomo, arsénico, cobre e mercurio moi por encima do legal permitido.

Hoxe teño noticia de que está moito peor.

Por debaixo da actual de depuradora, vai ó río toda a merda, con perdón, de Ourense

Mal, moi mal está hoxe o río Miño en Ourense. A partires do Pozo de Maimón, por debaixo de Ourense,  é unha alcantarilla.

 

RÍO SIL : defenestrado actualmente polas pizarreras y e por suposto pola nula depuración da zona. Fai anos impresentable, incluidos ríos como o Bibei  e afluentes e o río Mao. Pódese salvar o río Navea, pero últimamente desfeito polos incendios...

Impresentable. Recoñecido así pola Confederación H.

 

RIO LIMIA : impresentable intentan salvalo primeiro con 1 millón de euros e logo co plan Life regenera Limia e 2 millóns máis. Seica no 2021 estará marabilloso. Alguén con autoridade, non político por suposto,  tería que facer un seguimento destos cartos, o río Limia xa levou moitos millóns e cada vez peor.

Impresentable. Recoñecido pola Confederación Hidrográfica

 

Río TAMEGA : impresentable dende fai máis de vinte anos, últimamente cos vertidos do AVE  para o arrastre. Irrecuperable.

Irrecuperable.

 

RÍO ARNOIA : prácticamente contaminado os vertidos do AVE están a pasarlle a misma factura que ó río TAMEGA. Arsénico, e plomo dabondo. Tamén puríns a tope nos dous últimos anos. A cantidade de auga está a salvar este río, quero decir o caudal, pero ollo que cada vez leva menos...

Moi afectado polo anterior. Un río que se está a perder totalmente.

 

RÍO AVIA : E AFLUENTES VIÑAO E ARENTEIRO defenestrado pòr purins, depuración nula xa dende fai moitos anos.

Moi afectado os tres ríos, quizais o mellor o río Viñao pero moi mal últimamente. O río Arenteiro todos os anos ten problemas con moitos peixes mortos... Do río Avia é mellor non falar.

Mal estos ríos.

 

Incluso hai ríos que sempre dixen que eran marabillosos, como o río Xares, por poñer un exemplo, e este ano 2015 sei que ten problemas de troitas...algo pasa na provincia de Ourense.

 

Pequenos ríos-pocilga hai moitos por exemplo: Barbaña, Loña, Griñal, Maquiáns

 

Gustaríame saber de onde saca a procentaxe do 75% de ríos  MEJOR QUE BUENO. a Confederación Hidrográfica. De catro ríos tres están "mejor que bueno".

Dende logo non fala de Ourense, eu diría que non fala de Galicia.

Por certo asistín a presentación do día 01/06/2015 pero non puden preguntar nada en absoluto...

O longo do ano, día si e día tamén aparecen nos diarios ríos envelenados dalgún xeito, xeralmente trátase de puríns ou de augas fecais. Sería interminable a lista.

O máis grave son os incendios que se están a producir este ano con máis intensidade que outros anos debido a que está a ser moi seco e moi caluroso. Ademais parece que medraron os asasinos de montes, os que queiman, e os tolos de costume. O resultado nefasto, arden lugares de especial protección como no Navia e no Courel onde arderon sobre 1000 Ha.

Agora que non chova e as cinzas vaian o río Louzara e deste río o Lor,  do pouco que queda vivo en Galicia.

¡¡¡Para Chorar!!!

Este verán foi terrible a sequía galopante e os ríos van prácticamente sen auga e moitos secos. Ríos como o Támega onde morreu moitísima fauna e un exemplo do que pasou este verán en Galicia.

Morte masiva de peixes e troitas no río Támega, ano 2015,  e tamén outros ríos galegos.

Observar que o río Tamega vai vacío

Ver este link con fotografías. Menuda desfeita no Támega.

O 2016 será peor.

 

--------------------------------------------

Noticia de setembro de 2015.

La Región. Ourense

Noticia da Región do día 28/09/2015.

 

Están ben que Adega saque estos textos xa que a impresión que temos algúns, e non somos poucos, é que está facendo á Consellería de Medio Ambiente, xa non existe esa Consellería agora é de Medio Rural, ou como se chame,  unha aportación que lle sae practicamente gratis, amén de facendo unha labor que lle corresponde a Xunta.

A Xunta fai anos que dice que nunca estuveron tan ben os ríos galegos, e os que nos movemos por esos ríos, ademais en todas as provincias sabemos que eso é unha mentira.

Os ríos nunca estuveron tan abandonados como hoxe no 2015.

É unha vergoña.

A Xunta de Galicia está a facer ben pouco polos ríos galegos. por non decir nada...Adega debe denunciar esto cláramente...

Recordemos que a auga é o ouro dun futuro que está a volta da esquina...

Vamos ter problemas e como sempre non haberá responsables...

 

-------------------------------

 

Esta é a última noticia sobre un río que é do pouco que quedaba na provincia de Ourense. Claro que está a falar en Portomourisco, ou sexa por debaixo do encoro de Sta. Eulalia, non pola zona do couto.

Esta zona de Portomourisco fai anos que está de pena.

Desta noticia pódense pensar varias cousas, en primeiro lugar que os sistemas de depuración que se implantaron fai poucos anos son ou foron un auténtico timo a zona e a todos os galegos. Agora veñen con este sistema que está por ver...

Dous que o río Xares comenza a estar contaminado xa en todo o río, O encoro de Prada non está ben e o río o comenzo ten auténticos problemas.

Que río queda san na provincia de Ourense?

 

-------------------------

O malo ou ó  bon de estas pequenas mostras, hai centos en Galicia soio nun ano, cada vez máis, e que logo ríos totalmente contaminados como pode ser o Támega ou outros máis pequenos pretenden os nosos mandatarios que sexan Parques Naturais. E eu pregúntome, saberán o que é un parque natural, realmente coñecen como están os seus ríos. Están falando en serio ou as Eleccións fan milagres...

Desfeita no río Támega. 2015

Ver si non estas noticias como:

.- Querer convertir as ribeiras do Tamega en Verín en Parque Natural. Novembro de 2015. Ver este link.

.-Ou declarar Reserva Fluvial Internacional os ríos Troncoso e Leboreiro; un de Padrenda e o outro de Entrimo, os dous facendo fronteira con Portugal. En fin, o río Troncoso, estaba de pena fai un mes, esquilmado total. O río Leboreiro un pouco mellor, pero non moito máis...

Iremos ver esta reserva Fluvial Internacional. Ver este link.

 

 

 

Salir a Ourense Natural                                          Saír a Ourense natural