¿Qué pretendo?: simplemente denunciar o deterioro
galopante dos nosos ríos. O río onde hai minicentrais está
desgraciado...salvo casos moi contados. En Ourense soio coñezo unha
minicentral que non desfaga o río (a de Allariz)...e siguen a facerse...
¿Cal é a razón?. A que nos contan, que é mentira,
necesitamos este tipo de enerxías (hoxe supón o 7% da producción
eléctrica total de Galicia e inda por riba somos excedentarios nun 50%. Realmente é moi
alto o precio).
A que non nos contan: a única razón pola que se construen
é o negocio. Os cartos. Trátase dun negocio total a conta de bens comúns
e que se desfán irreversibles. Si o río se desfai queda desfeito para
sempre... Costa moitísimo recuperalo...
Realmente dende o punto de vista anterior e dende a miña
opinión é una inmoralidade (curiosamente legal de momento en Galicia...) desfacer un río...
Incluso o
Concello de Contas de
Galicia no ano 2000 emite un informe desfavorable. Pero nin caso. A
Xunta de Galicia do P.P. sigue nunha louca carreira para adiante, deixando
facer cada día máis e máis, deixando esnafrar o mellor dos nosos ríos e nos
mellores lugares...
Realmente están tolos xa que é un fuxir
para adiante que nos leva a ruína no futuro...