La pesca en los ríos de Galicia
Un libro de
Eduardo de la Peña y López de Neira "Biri" y Juan de la Peña
Loureiro. Impreso no ano 2007.
O libro está escrito en castelán.
O libro é de recente compra e
vou a dedicarlle moito máis tempo. En principio gústame todo o que
que vín en especial o "Diario dun pescador", concretamente D.
Eduardo de la Peña Ibañez. Toda unha xoia.
En realidade o libro recolle
a experiencia de catro xeneracións de pescadores, dende 1878 ata
hoxe; o cal xa o fai interesante dende tódolos puntos de vista.
Trata de todas as artes de
pesca dedicadas non soio á troita si non tamén o reo e o salmón.
Trae tamén apuntes sobre o couto de Ombre e sobre temas
gastronómicos.