|
“Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”
Texto explicativo do correo de SOS Courel
Amigas e amigos:
Somos a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do Courel; territorio da Galiza, cuns valores culturais, naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, educativos e científicos, únicos en Europa, foi incluído na Rede Natura 2000, é Patrimonio de tod@s. Propiedade común son tamén as augas que todos estes montes recollen da néboa do Océano, e voltan por milleiros de regatos e ríos; atravesando terras de Asturias, León, Galiza e Portugal, ata o Mar
Sen axuda de tod@s, só @s veciñ@s do Courel, con pouco máis de “mil votos”, seremos incapaces de parar esta desfeita, camuflada detrás do manexo hipócrita e propagandístico da Rede Natura e da eterna promesa tranquilizadora dun Parque Natural, que chegará tarde e con mil recortes, sen cartos, esquivando “intereses poderosos”, reducido a “un debuxo nun plano” e anunciado nun “folleto”.
Esta Asociación, no outono de 2004, coa vosa axuda, fixo unha campaña na defensa do Courel . A Xunta De Galicia na primavera de 2005 respondeu cunha proposta de Parque Natural totalmente mutilada, deixando fora todo o sur do Courel para as pizarreiras existentes e outras tantas novas que se pretendían autorizar...
Canteira no Courel. Ver a fervenza na fotografía.
Ver a desfeita actual.
Outra imaxen.