Galicia ten unha
porta
a portiña do abrente
e os camiños que dan nela
pasan todos por Ourense.
De Ourense son e alí deixei
nas Burgas soños de infancia
no Santo Cristo a devoción
na Ponte o meu corazón.
Cando o Miño chega a Ourense
rouballe a Ponte un biquiño
e o pasar polo Ribeiro
canta ledo e bebe viño.
Os que nacen en Ourense
levan no peito un luceiro
coa roda polos camiños
percorren o mundo enteiro.
Cando o Miño chega a Ourense
dille a Ponte moi baixiño
sinón fora por Ourense
non serías Río Miño.
De Ourense son e alí deixei
nas Burgas soños de infancia
no Santo Cristo a devoción
na Ponte o meu corazón.
O ano que ven levarémola escrita para iniciar esta
canción. De momento ir escoitando o ritmo.
A canción é preciosa.
Gracias Manolo García por cantala e darma a coñecer.
Esta é a canción interpretada por Suso
Vaamonde.
Teño que decir que esta canción escoiteina por
primeira vez cantada por Manolo García, o noso compañeiro de
colexio que sempre gusta de cantar algunha canción e que os demais
non seguimos por non saber a letra.
Esta é a demostración:
Video grabado na comida.
Pequeno video da comida, xuntanza 2017.
---o---
Nota importante sobre o autor da poesía:
Das poucas fotografías que hai de Manuel de
Dios
Manuel de Dios Martínez (1930-2009)
foi un
profesor, un músico e poeta Ourensán
que nos deixou no 2013.
Nos traballos que nos deixou figura esta canción
marabillosa, "Ourense ao lonxe", entre outras, como
a proposta do hino de Ourense, "Ourense no solpor", que finalmente foi aceptada como hino de
Ourense.
Onde estés amigo recibe unha aperta do teu
compañeiro das Lagoas. Manuel de Dios foi profesor en varios
institutos de Ourense, aparte de Director da Coral de Ruada, nada
menos que 30 anos, e
19 anos en "Vellos Amigos" ó que pertencía, entre outras moitas cousas.
Hoxe ten unha plaza adicada en Ourense. ¡Que
menos!.