..

CENTRO INTERPRETACIÓN PAI MIÑO DE TOÉN

Escribe Secundino Lorenzo. Email.

No mapa-dibuxo aparece o gran río Miño, o Pai Miño;  en Portugal chámanlle río Minho. No dibuxo está indicado o gran AquaMuseu do Minho, en Vila Nova de Cerveira (Portugal),  de momento o único museo que ten o noso río,  e tamén aparece o proxecto de facer outro Centro de Interpretación do Pai Miño en Ourense, concretamente no concello de Toén, na parroquia de Puga. Para mín unha gran idea que levo demandando a nivel da miña web, dende fai anos. Estos días tamén comenzan as obras para facer o Centro de Interpretación do Alto Miño en Fonmiña, que xa estaba presupuestado dende setembro de 2020 polo Concello de A Pastoriza e a Confederación H. Miño-Sil.  Esta previsto ao rematar o centro de Fonmiña facer o Centro I. río Miño Pedregal, que seica estará dedicado unicamente a temas  hídricos e xeolóxicas. Vamos camiño de ter catro C.I. do Miño. Xa era hora...

Teño que engadir o Centro Transfronteirizo de Información Ambiental do río Miño, en siglas CTIA-RM, que xa leva anos, dende o 2012, en Salvaterra de Miño. Estuvo un pouco parado, xa que este centro está na Illa española Fillaboa II, en augas internacionais,  e hai que ir en barca, hoxe en febreiro de 2022 está a espera de facer unha pasarela, fálase dunha barcaza que habia fai tempo,  e que vai unir o final dun parque sensacional, o Parque de Canuda,  coa Illa Fillaboa II que é do Concello de Salvaterra de Miño. De momento o que si funciona, dende fai pouco, é un barco, por certo gratis, para recorrer a zona de Salvaterra ata Tui e Valença e aproveitar o moito que hai na zona dende todos os puntos de vista, o barco combínase co tren...Ver nesta páxina web no apartado de caixón de sastre os pormenores e como se pode sacar o billete...

Vamos camiño de ter cinco C.I. do Miño. Xa era hora...

O que aparece no mapa-dibuxo nos Peares e que chamo CIRMOsoño sería outro Centro de Interpretación do río Miño, o sexto, que o chamo "O soño" xa que sería eso...un soño que algún día se fixera. Xa aparecen as condicións deste centro que tería que levar grandes cambios no río Miño dende os Peares ata a desembocadura. Por eso situo a súa realización cara o 2050. Repito é un soño por eso lle poño o icono de . Dicen que cando se soña dende o arco iris cúmplese o soño...Pois eso...

 

Pero vamos co Centro "Pai Miño" de Puga en Toén (Ourense).

Mapa de localización do Centro Interpretación "Pai Miño" en Puga (Toén)

Fonte Google Earth.

Coordenadas 43.3266     -8.0098

 

Fotografía da casa, que está en Puga,  que será dedicada a "centro de Interpretación do Pai Miño". Descoñezo ao autor da fotografía.

Observando a fotografía vexo nela a un gran amigo do que escribe Pepe Varela ao que chamo e me informa de que o proxecto está en moi boas mans,  concretamente fálame e moi ben do alcalde de Toén, Ricardo Fernández, tamén que a Deputación de Ourense está moi interesada e disposta a que esto funcione. Unha gran noticia para Puga  e Toén por suposto. Tamén para Ourense e Galicia.

Este foi o video de presentación.

De momento para o proxecto do Centro de Interpretación do Pai Miño en Toén parece que hai unha casa comprada polo concello de Toén en Puga (Ourense), costou 55.000 € e ten  450 m2,  leo que inda por riba está a carón dunha carballeira de 9000 m2 que tamén é do Concello de Toén; boas ideas e ó parecer diñeiro que aporta de momento a Deputación de Ourense.

Esta é a casa onde estará o Centro de Interpretación Pai Miño. En Puga (Toén-Ourense). Fotografía sacada deste video.

Outra fotografía, pasando por Puga (Toén) dende a estrada OU-402 camiño de Castrelo de Miño.

A idea según o alcalde de Toén de que esta iniciativa é ..."para rendir homenaje al río más importante de Galicia y que no tenía un centro que le hiciera justicia"..., decir que estou totalmente de acordo e coincide coa miña idea de facer esta web, unha páxina na que intento facerlle xustiza, sin dúbida.

Dice o presidente da Deputación, Manuel Baltar que ..."este proxecto non so é de Toén, é da provincia, e atrévome  a decir de toda Galicia"... eu penso que non hai dúbida.

Farei un seguimento xa que me parece unha grandísima idea.

Ver este link que aparece hoxe martes día 15 de febreiro de 2022 A información está tomada de Galicia@Press. Seica aparece reseñas na Voz de Galicia e tamén en La Región.

Fálase e con moito criterio de poñer como base alguns puntos:

1,- Centro de interpretación dos cultivos vitivinícolas. ( Efectivamente o río Miño ten moito que ver co viño, na miña páxina web lle dedico un apartado específico, á relación que ten o río e o viño, tomando como base un traballo maxistral de Xosé Posada e que me levou a sacar fotografías na zona de Puga precisamente...)

2.- As artes da pesca no Miño (outro apartado que tamén trato na web)

3.- A biofauna (o que lle teño dedicado máis de 20 anos, os datos tamén están na web)

4.- Recuperación das barcas que pasaban de Puga ata Cenlle (si falo das barcas que estaban en Barbantes-Estación, que seguramente coinciden)

Imaxínome que irán metendo temas xa que a cousa da para moito, non esquezan as aulas de formación e conferencias así como unha boa biblioteca sobre o río Miño xa que a bibliografía é abondosa. Na páxina web están todos os libros que levo utilizado.

Ó da carballeira vai dar moito xogo para o tema da biofauna e outras, teño entendido, según me conta Pepe Varela que hai uns carballos incribles e moitas sobreiras;  marabilloso... Vexo tamén que o alcalde fai referencia, leo na Voz de Galicia a poñer en marcha ..."un lugar versátil, con cafetería, restaurante, un espacio verde anexo, e no local aulas de formación e conferencias..." .

Por suposto non fai falta decilo que os datos da páxina están a enteira disposición de todo ó que fagan co único interés pola miña parte de potenciar e poñer en valor un río Miño que penso, efectivamente, que non está valorado como debera.

¡Enhoraboa pola idea!.

Farei un seguimento de como avanza, de mo9mento en abril de 2024 non hai noticias, espero que a marcha do antigo presidente da Diputación Baltar fillo, non dé marcha atrás ao proxecto. Farei un seguimento.

 

Para rematar de momento:.

Decir que o río Miño,  soio ten o Museo acuario de Vila Nova de Cerveira, unha auténtica marabilla que vai unida a un parque acuático sensacional, todo elo ao pé do río Minho, un museo que hai que visitar e coller ideas. Pola zona pasa un sendeiro famoso en Portugal, a ecopista do río Minho, que se está ampliando e facendo circular e combinada con Galicia.  Ver este link que poño a continuación.

En funcionamente hoxe en febreiro de 2022 soio está o CTIRM de Salvaterra de Miño.

Na miña páxina sobre o río Miño tiña esta referencia dese museo:

Esto teño escrito:

Importante: en Vila Nova da Cerveira hai un museo únicamente dedicado ó río Miño, unha auténtica marabilla que hai que ver. Unha homenaxe o Pai Miño. ¡Enhoraboa amigos de Portugal! ¡Qué envexa!.

Eso era o que puña fai anos, esperemos que o que se vai facer en Puga (Toén-Ourense) esté a altura do gran río que temos en Galicia o Río Miño

 

Volver a Centros de interpretación

 

Volver a "Disfruta o Ribeiro. Exaprin Ribadavia

 

Saír Miño.       Salir Miño