Visita a Penacoba
Remesar (Bóveda-Lugo)
 
 
 
 
Casa Rural de Penacoba, ademáis visita a Ferrería.
 
Coordenadas    lat. 42.66861111    log. -7.500944444   
 
 
Penacoba está na Parroquia de Remesar e pertence a Bóveda.
Dende Rubíán hai 4 km.
 
 
 
 
 
 

Aquí hai proposta unha andaina de 7.6 km dende Rubián ata Penacoba ida e volta

Outra opción é acercarse a casa rural e alí facer unha excursión a Ferrería e logo a beira do regato de Penacoba que é un entorno moi bonito.

Tamén se pode un acercar a Remesar que é a parroquia.

 

Na fotografía de Google vese o entorno de Penacoba
 

En Penacoba hai moito que visitar por suposto a Ferrería de Penacoba, que aproveita as augas do río Penacoba. Unha ferrería de 1780.

 

Tamén o entorno da casa que hoxe é un hotel. Un hotel perfectamente situado, para pasando uns días poder recorrer non só O incio sinón tamen toda a Ribeira Sacra.

Ver estos links con información:

 

 

A auga movendo todos os engranaxes.

Imprescindible aparte de visitar a casa, facerlle unha visita a Ferrería.

Dende Calvos o tío Antonio foi varias veces a Ferrería de Penacoba para preparar instrumentos de labranza e traer algún novo.

En realidade en linea recta e por camiños son sobre 7 km.

Sobre as ferrerías hai moito que ver e a zona prestase a falar delas. Foron desaparecendo a maioría xa que o seu mantenimiento non é doado.

Vou indicar algúns detalles sobre as ferrerias en xeral, pero poñendo o exempla da de Penacoba que visitei no seu día. Si queredes ampliar buscades a palabra ferrería no meu dicionario fluvial galego:

 

A Ferrería de Penacoba:

     Unha ferrería é un obradoiro onde se quenta o ferro para poder traballalo posteriormente.

A ferrería ten outros sinónimos como fragua, forxa, ferraría, obradoiro onde traballa o ferreiro, etc.

Nesta pequena ficha, quero facer mención das grandes ferrerías  que se situaban o pé  dos ríos, sobre todo en Galicia, Asturias e Cantabria.

Estas ferrerías constaban básicamente dos seguintes elementos: complexo hidráulico para levar a agua (ben en madeira ou con chapacuñas). Grandes fuelles. Forno e gran mazo. Teóricamente as ferrerías estaban situadas preto de lugares onde había carbón e lóxicamente ferro.

Algunhas das ferrerías  inda se conservan en Galicia, así a de Penacoba, preto de Rubián (Lugo), que a estamos visitando.  Seica tamén puxeron a andar a ferrería de Seoane, no Courel, un día destos fareille unha visita...

Outras ferrerías están desfeitas como a do río Navea no camiño de Santa Cruz a Edreira en Chandrexa de Queixa.

As seguintes fotografías corresponden a Ferrería de Penacoba, da que hai datos dende 1870, esta ferrería é moi curiosa xa que algunha dependencia está escavada na rocha:

 

Básicamente a ferrería constaba dunhos canles de auga, normalmente presas e logo conductos de pedra (chapacuñas) ou neste caso de madeira. Esta auga, que neste caso está bastante lonxe (200 metros), recóllese nunha presa, e lévase ata a ferrería.

O impulso da auga caendo, que se ve na fotografía, move grandes rodas, como se ve na fotografía seguinte.

 

 

Roda que vai mover un gran fuelle que se ve nas seguintes fotografías.

A auga cae dende unha gran altura, dous ou tres metros, e move a roda que é vertical, como a das aceas (muíños) do río Miño.

Mediante uns andamiaxes moi curiosos fan funcionar o fuelle ou fol, que seguidamente vai mateñer o lume a tope para fundir o ferro. O darlle aire mellora moitísimo a combustión

De feito, non aparece na fotografía, pero o bico do fol remata dando aire a un forno, onde se quenta o ferro.

Este é o fol que dará aire a fornalleira que é onde se prende o lume para poñe-lo ferro ó roxo.

O fol aviva o lume e pon ó roxo o ferro.

 

 

O ferreiro vai conseguir seguidamente facer distintos obxectos para o que vai facer uso doutro sistema, tamén movido neste caso por outra roda parecida a anterior. Esa roda o moverse levanta un mazo e deixa caer e así sucesivamente.

Básicamente o mazo consiste nunha roda semellante ás dos batáns, tamén vertical, que ten un eixo; noutro cabo están catro tacos de madeira, os malugreiros, nos que tropeza o mango dun martelo que deste xeito sube e baixa e golpea o ferro.

De aquí saía o ferro en lingotes.

Moitas veces anexo a ferrería había outro lugar onde estos lingoters se convertían en ferramenta.

Evidentemente a partir do proceso anterior trabállase o ferro e despois fanse as distintas ferramentas: sachos, fouces, coitelos, etc. Tamén pezas como petadores, reixas, pechos, etc.

As ferrerías fai tempo que quedaron sin uso. Hoxe hai industrias que traballan o ferro doutra forma.

Son famosas inda hoxe as navallas e coitelos de Taramundi en Asturias, onde hai unha ferrería, que merece a pena visitar.

 

-------------------------------------------------

Ver o seu funcionamente neste fantástico video:

 Pulsar este link

Neste corto video de Youtube vese básicamente o funcionamente da ferrería co caer da auga, os fols avivando o lume,  a saída dos lingotes e a  súa preparación co mazo.

Trátase da Ferrería de Cadés en Cantabria  e o video foi realizado por   Juanma  Sánchez, ao que dende esta web lle dou as gracias.

--------------------------------------------------

Si queredes ampliar este dato das ferrerias acudir o meu dicionario fluvial, na voz Ferrería onde a maiores,  do que xa esta aquí escrito,  trato Ferrerías de Taramundi e outras.

Para rematar poñer algunhas cantigas de ferreiros:

Algunhas cantigas dos ferreiros:

------------------------------------------------------

A muller do ferreiro

ten unha saia,

que lla figo o ferreiro

cunha navalla.

-----------------------------------------------------

Non te cases cun ferreiro

que te queiman as muxicas.

--------------------------------------------------------

Non me case, miña nai

con ferreiriño das forxas;

que me queiman as charamuscas

 

 

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.