No mapa pequeno está claro:
estamos en Galicia,
provincia de Lugo, máis ben ao sur da provincia e no Concello de O Incio
Calvos,
está na freguesía de Vilasouto.
Para rematar vou poñer un poema de Manuel
María (1),
gran poeta galego,
que se chama Galiza
e debaixo poño unha interpretación marabillosa feita polo grupo Son
do Sil do Barco de Valdeorras, no que teño
algúns amigos, fillos e netos de Alberguería, pueblo de A
Veiga (Ourense), da que son fillo adoptivo. Seguro que os vai gustar:
Galiza docemente:
Galiza
docemente
está ollando
o mar:
ten vales e
montañas
e terras pra
labrar!
Ten portos,
mariñeiros
cidades e
labregos
cargados de
traballo
cargados de
trafego!
Galiza é
unha nai
velliña e
soñadora:
na voz da
gaita rise
na voz da gaita chora!
Galiza é o que vemos:
a terra, o
mar, o vento...
Mais hai
outra Galiza
que vai no
sentimento!
Galiza somos
nós:
a xente e
mais a fala
Se buscas a
Galiza
en ti tes
que atopala!.
Reivindicamos ó Galego
do que estamos
orgullosos
Sobra que diga que estou
namorado de Galicia, por suposto, da súa paisaxe, do mar, da terra,
dos seus ríos, edende sempre, inda que están moi
maltrados.
Poño un texto de Vicente Risco que
comparto totalmente:
Rio Navea en Chandrexa de Queixa (Ourense), o que
eu chamo o meu río.
No Incio: o Cabe ao comenzo, ou o río Antiga teñen
paraxes como este.
Foto Secundino Lorenzo
"“Ti
dis: Galicia é moi pequena. Eu dígoche: Galiza é un mundo. Cada
terra é como se fose o mundo enteiro. Poderás percorrela en pouco
tempo de norte a sur e de leste a oeste; poderás voltar a percorrela
unha e outra vez; non conseguirás andala toda. E cada vez que a
percorras, atoparás cousas novas. (...) Pode ser ela pequena en
extensión; mais en fondura, en entidade, é tan grande como queiras” Vicente
Risco
Sorprendo, seguro, con esta
incrible fotografía, non é miña, xa me gustaría, non moi lonxe de Calvos; bastaría
acercarse a Ferrería do Incio e coller a estrada que leva a Seoane
do Courel por Seceda; despois de A Casela xa tendes un bon Mirador,
pero no Courel hai moitos, é extraordinario...
Haberá que madrugar un pouco e escoller o día; unha noite fría pode
dar estas néboas ao amencer, seino xa que son pescador de troitas e
esos lugares dos río Lóuzara e do río Lor e afluentes son para mín
coñecidos, Sempre me gustou madrugar, hoxe menos, para a pesca era
moi importante...
¡ Galicia é única!.
Cumios do Courel. Imaxinar o río Lor baixando por
ese canón, non é difícil; ademais é certo, seino...Fotografía de José M. Salgado
"Dende o Cebreiro, o río Lor baixa namorando os
ceos da montaña"...dí Eduardo Moreiras no seu libro "Primaveira
no Lor", un libro marabilloso.
Decir que O Incio é unha das
antesalas de entrada no Courel e lembrar unha frase de Uxío
Novoneyra, do seu libro Os Eidos:
“Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!. Eiquí séntese ben ó pouco que é un home...”.
Os
Eidos,
Uxío Novoneyra, outra marabilla e escritor.
Para rematar lembro que nesta web falaremos do Incio
"A Terra brava" da que moio ben escribiu o gran
Ánxel Fole, outro escritor único, precisamente estando na casa de Benigno Quiroga en
Hospital (O Incio-Lugo), que lle sirviu de inspiración. Ver estos
detalles nesta web no apartado de "Xoias do Incio".
Lucía Pérez, unha
cantante marabillosa de Goó, desta terra, lémbranos
estas cousas e outras:
Somos un país que merece a pena visitar, coñecer a fondo, somos
distintos...
Si vós acercades disfrutai de todo ó noso. Pero
deixalo como está e non deixedes ningún resto; botellas, papel albal,
plásticos en bolsas, etc. Para eso non veñades O Courel, nin a
Galicia...
Pan de Cea ou de bola, mexilóns ao vapor, pulpo á feira, e
queixo San Simón da costa.
Non esquezades un bon tinto, váleme: de Valdeorras ou Monterrei ou O
Ribeiro.
É un dos centos de exemplos e combinacións.
¡¡Que aproveite!!
Si estades pola zona, non
atoparedes pan de Cea, que é de Ourense, pero si un pan fora de
serie por toda a comarca de Sarria e Monforte, tranquilos. Mismo en
O Incio tendes unha panadería con moi bon pan e que fai unhas
empanadas de "sete estralos", sobre todo a de iscos...O viño tamén
vale o da Ribeira Sacra do Miño ou do Sil, hai uns mencias incribles,
o viño de Amandi, que é da Ribeira Sacra do Sil baixa moi ben co
pulpo a feira e temos tamén moi bons chourizos e queixos.
Repito:
Reivindico ó Galego
do que estou
orgulloso.
"O galego é internacional , sin
dúbida, a pesar de que algúns galegos teñen vergoña de falalo...".
Esta páxina súmase a campaña "Doa
galego, salva vidas", campaña
promovida por 11 centros de ensino da Estrada, Forcarei, Cuntis e
Caldas e Reis, en maio de 2023, sin dúbida os nenos galegos son os
que poden, no futuro, salvar a vida do galego.
Fotografía do Faro de vigo 01/06/2023. "Doa galego, salva
lingua"
Manuel María
Fdez.
naceu en Outeiro de Rei 06/10/1929 e faleceu na Coruña o
08/09/2004.
Para mín é
un dos máis grandes poetas en lingua galega de tódolos
tempos.
Onde estés:
¡Moitas grazas!.
Manuel María
Fernández Teixeironaceu
nunha podente familia labrega de Outeiro de Rei, preto de Lugo. Nesta
cidade residiu durante o seu Bacharelato cun tío cura, e frecuentou a
amistade de Pimentel, Anxel Johán e Anxel Fole. Non rematou os seus
estudios de Filosofía e Letras, e unha vez casado, instalouse en
Monforte de Lemos, onde traballa de procurador dos tribunais e rexe coa
súa esposa Saleta Goi a Libreria Xistral.
Na súa vida
activísima de militante da cultura e da política, dirixiu a colección "Xistral" de
poesía, plataforma inestimable de varios poetas máis novos ós que apoiou
xenerosamente, colaborou e colabora con artigos na prensa, organiza
actividades e recita e dicta conferencias sen descanso en tódolos sitios
onde é chamado, sexan en Galicia ou no exterior. Premiadísimo en
certames poéticos, é tamén narrador, ensaísta e dramaturgo e gran
conversador.
Foi o primeiro
poeta mozo que editou un libro na postguerra, o Muiñeiro de brétemas,
publicado no 1950.
Dende entón,
trinta libros de versos compoñen a súa bibliografía poética, a máis
extensa da literatura galega.
A inmensa obra de Manuel Maria resiste á súa definición sucinta pola
concorde variedade da súa musa, desde o intimista ó rabiosamente
político, desde a cantiga popular ó soneto. Algunha crítica estreita
céntrase nos seus desacertos, que sen dúbida os ten, pero que de ningún
xeito poden facer esquecer que Manuel Maria é un dos máis grandes poetas
galegos de tódolos tempos.
Ata aquí unha pequena
semblanza, sacada de internet, deste gran poeta.
Engadir, pola miña banda,
que a obra completa de Manuel María componse de cuarenta e sete
libros. En todos eles hai unha inmensa, por non dicir infinita,
melancolía, tenrura, amor á natureza, un gran sentido ético e o que
se chama realismo crítico.
"Poesía da vida, en
definitiva, aberta ao cosmos da realidade desde un microcosmos
esencial e humano" dice Miguel Anxo Fernán-Vello na nota do
Editor dos libros de Manuel María publicados por Espiral Maior e
que figuran máis abaixo.
Para mín é unha auténtica
gozada, un placer, unha necesidade ler e disfrutar da súa obra; por
eso no me canso de dicir ¡gracias, moitas gracias polo teu traballo!.