Onde está Calvos

 Vilasouto-O Incio - Lugo

 

Importante: todas as fotografías que siguen están sacadas do Google Earth, e algunhas completadas polo autor da web. Os dous mapas dibuxados do Incio e das freguesías están sacadas do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 13.

 

Aquí estamos: en Europa, España, Galicia.

Temos estas coordenadas:

Lat.  42.671404º         Long. -7.435089º 

m.s.n.m. 518

Así é como vemos Calvos nada menos que a 1.712 km. de altura o día 14/12/2015.

Pouco a pouco chegaremos ao noso  pueblo. Vamos baixando...

 

Chegando a Calvos. A 308 km. de altura. Máis ou menos esto é Galicia.

 

Casi chegando. Soio 14 km. de altura.  Xa vemos o Concello  de O Incio. Por certo o C. Postal é  27345.

Estamos en Galicia, na provincia de Lugo e no Concello de O Incio.

Tamén O Incio está na Comarca de Sarria (Lugo).

 

Casi estamos na casa.

Vedes que dentro do Concello do Incio estamos moi ben situados, eu penso dos mellores situados do concello, a esquerda a moi poucos km  3,5 temos a CG-2.2, un corredor que vai a Monforte ou a Lugo; soio temos que ir ao cruce que vedes a esquerda e a 0.5 km, coller para abaixo, estamos a 518 m.s.n.m.,  e a tres kms.  tendes a rotonda do corredor que nos leva a Monforte, ou a Lugo, ou onde queirades. Por certo a rotonda está máis abaixo, concretamente a 415 m.s.n.m. .

Saber que  m.s.n.m. son metros ao nivel do mar.

 

Aquí en amarelo tendes a distancia dende Calvos a rotonda máis cerca da AG-2.2 exactamente 3,40 km. Ver o cálculo da ruta que da Google Earth.

Hai outra saída a CG-2.2 que é por Noceda pero a carretera é peor,  e a distancia ata a rotonda é de  4.6 km. Moito mellor a marcada de amarelo que xa vedes que é practicamente recta.

En calquera dos dous casos Calvos está moi ben situado a moi poucos kms. dun corredor básico para acercarnos a Monforte de Lemos, a Ribeira Sacra de Sober, a Ribeira Sacra de Chantada ou ó Saviñao ou ben á Sarria ou Lugo.

Neste mapa tendes o Concello do Incio, que está na provincia de Lugo e por suposto en Galicia. Pertence a comarca de Sarria.

O Centro de Saúde de Atención Primaria é O Incio ( 982417532 e cita previa 982427077).

O centro de Saúde de urxencias é Sarria.

Nombre: CENTRO SAUDE SARRIA
Dirección: CALLE CALVO SOTELO 138
Provincia: LUGO Municipio: SARRIA
Código Postal: 27600 Teléfono: 982532111

 

Basta atopar o encoro de Vilasouto e a esquerda un pouco arriba tendes Calvos.

Este mapa é do 2010 e non estaba feito o corredor AG-2.2 que ó puxen de calqueira forma cunha cor malva para situarse.

Mapa de freguesías ou parroquias de O Incio. Provincia de Lugo. Galicia. España.

En Vilasouto, no centro a esquerda, de amarelo, está a freguesía de Vilasouto, e nela  está ó  noso pueblo: Calvos.

Aquí tendes o mapa real, neste caso sacado dunha fotografía de Google Earth

Fotografía de Google Earth

 

Este mapa  do Instituto Xeigráfico Nacional é moi interesante, non soio polo nome Somoza Maior de Lemos que é histórico si non tamén por outros detalles ...

 

Outra Imaxen.

Por certo Calvos está sobre 518 m.s.n.m.

O pueblo de Calvos e os seus lugares. Data 11/08/2018

En total son sobre 30 casas .

Máxima distancia entre casas: 300 m. (entre a Casa do Redondo,

está no mapa a esquerda de todo no centro,  e a Lama. En liña recta)

O lugar máis alto é  O Palacio  que está a 522 m.s.n.m.

O máis baixo é A Lama que está a 500 m.s.n.m.

 

Para rematar vou poner unha xoia en mapa de 1943-44:

Trabajos topográficos de la provincia de Lugo". Escala 1:25000 . Zona 3º firmado en Madrid o 19 de marzo de 1944.  O mapa está firmado por un topógrafo e varios inxeneiros. A superficie está calculada co Trociño dun mapa de 1943-1945  da "Dirección general Instituto Geográfico y Catastral  n planímetro "Reiss".

Este mapa confirma moitas cousas das afirmadas anteriormente. Vexo que ten algúnha diferencia con "Villasoto" que o sitúa donde hoxe é un lugar de Calvos, A Lama,  e tamén pon "Villasoto"  a carón da Illeira e do Barrial; neste último caso poñendo Villasoto(1), seguro que é onde estaba a Igrexa.

Agradecer ao servicio estatal de mapas da Coruña pola amabilidade e o trato que me deron solicitanto mapas antiguos do municipio de O Incio.

Déronme varios mapas pero este é o máis interesante, o que non trae é Santa Cruz do Incio, unha mágoa.

 

Mapa 1943-44 no que aparece Calvos e tamén Vilasouto

Trabajos topográficos de la provincia de Lugo".  1943-44. Escala 1:25000

-----0----

 

Para terminar ver unha imaxen dinámica en Google Maps.

Atención as imáxenes que  son do día, ano 2023, pero si baixamos son do ano 2014.

As casas poden cambiar totalmente dependendo o que se faga nelas. Eso pasa xa que o automóvil de Google pasou fai 9 anos.

 

Nota importante:

Observo no mapa de Google Maps que aparece,  nun camiño sin sentido,  unha nota que pón Casa da Bica. O que meteu esto non tiña nin idea e non quero pensar mal.

Esta é a burrada dun entendido ou malintencionado...

 

Mala idea de quen? Non quero pensar mal. Pero a Casa Bica non está nese Camiño, e máis,  sería imposible ir dende a casa Bica a Lugo xa que ese camiño é intransitable.

Tratarei de escribir a Google e que corrixan ese gran fallo. Si o día de mañán queremos poñer a casa en venta, por poñer un exemplo, así tería un valor increiblemente baixo ou nulo.

Mandei a denuncia a Google Maps

 

 

É, esto me contesta...o da dereita.

Quedo atento ao tema.

POR FIN: GOOGLE ARRANXOU O TEMA E NON APARECE EN XANEIRO DE 2024-

 

Hai moito incompetente solto ou xente con mala idea.

¡Queda dito!.

 

A casa da bica está no medio do pueblo, onde está a Fonte da Bica, como veredes no mapa que poño a continuación.

 

Casa Bica en Calvos. (Vilasouto-O Incio)

 

Imaxen da entrada na Casa Bica en Calvos. Imaxen de decembro 2023.

 

En fin, xente ou mal intencionada ou ben sin ter idea. Estas cousas había que penalizadas.

Inda por riba pon que a distancia de Calvos a Lugo e os tempos unha barbaridade:

De Calvos a Lugo hai 52,2 km. e leva 38 minutos a unha media de velocidade de 73 Km/h. que ben se pode facer xa que son 3,5 km. a vía rápida e o resto ata Lugo, cunha estrada sensacional.

Casa Bica, é esa casa que vedes,  e marco na flecha da dereita,  coa finca a carón da estrada. Xusto onde está a Fonte da Bica.

Dende esa casa a Lugo, repito,  hai 52,2 km. simplemente baixando a serra a 3,5 km. xa se colle a via rápida. A 38 minutos chégase a Lugo cunha velocidade media de 73 km/h.

A fonte da Bica hoxe febreiro de 2023. En calvos. Enfrente está a casa da Bica.

Outra vista da actual fonte de Calvos. Fonte da Bica.

Aquí porei a antigua fonte da Bica, de onde lle ven o nome a casa. Sin dúbida unha fotografía histórica para Calvos. Foto de Secundino Lorenzo. Ano 1978. Cámara reflex Olimpus M1.

O topónimo de A Bica:

O lugar de Calvos que se chama A Bica creo que o nome venlle de que era unha das fontes do pueblo e está xusto enfrente dese lugar.

Claro que hai outras teorias. Na cuestión dos topónimos ocurren estas cousas.

Esta é a Casa Bica que está na misma estrada que vai a Vilasouto. Dende aquí a 3,5 km. está a Via Rápida Monforte de Lemos a Lugo. Imaxen de 2022.

Nesta gran foto de Andoni Carrera, vese un trozo do pueblo de Calvos, neste caso con dous lugares o da Bica e o do Palacio. A casa da Bica vese perfectamente a carón da estrada e enfrente a fonte. O seú carón, no lugar da Bica,  a casa da Barreira, a casa da Escaleira e as casas do Palacio: fillas de Severino, casa da Maruja, casa do Enrique, e a casa do José Antonio. Un pueblo moi bonito por certo. Aquí falta os lugares do Codesal, A Nogueira e a Lama.

A fotografía está sacada porAndoni cun dron. Gracias Andoni.

Calvos A Nogueira e O Palacio detrás. No Centro A Bica. Fotografía de Andoni Carreira.

Calvos O Palacio. Fotografía de Google Earth de 11/08/2018.

Sensacional fotografía de Andoni Carreira no medio A Lama, a esquerda parte de O Palacio e a dereita parte de O Codesal.

Fotografía de Calvos. A Lama. Está sacada de Google Earth o día 11/08/2018

Calvos el Codesal na fotografía de Andoni falta a casa do Quintá e do Redondo. Vese a Cruz.

Calvos. O lugar do Codesal completo. A fotografía está sacada do Google Earth o 11/08/2018,

 

salir.jpg (1925 bytes) Sair a Calvos-Vilasouto.