Ruta pola Ribeira Sacra do río Sil
Parte de Lugo.
 

Comentario Calvos-Sober:

Salimos de Calvos ou Vilasouto ou onde queirades o fundamntal e chegar a Sober e coller unha estrada que baixa ata o último tramo do río Xabrega. Si o facedes dende Calvos  son 28 km. a Sober. Mellor por fora de Monforte, pola circunvalación e logo a Saida a Ourense;   o chegar a Canabal colledes o desvio a Sober. Paradiña e xa vades a facer o tramo I. De Sober a ruta deste río hai 6 km.

O final veremos a Ribeira Sacra pola marxen dereita do río Sil do encoro de San Estebo e comenzado polo porto que fai o río Xabrega.

Por certo estuvemos un fin de semán hospedados no "Palacio de Sober", que recomendamos sempre que esté aberto. Unha marabilla. Seica abre en marzo de 2023. Merece a pena pasar un fin de semán  neste palacio. Servicio excelente. Catro estrelas. Ten boas promocións o longo do ano.

Por certo volve estar aberto. Ver este link. Un fin de semán aquí é incrible. Moi ben situado para ver a Ribeira sacra do Sil en Lugo.

  

Está a carón de Sober. ¡Noraboa por volover abrir!. 982299189

O que sigue está probado con grupos de xente, dende fai moitos anos, e últimamente por amigos do mismo pueblo de Calvos que levaron esta pequena "chuleta" e viñeron encantados.

 

Comentarios ó Tramo I da andaina:

 

Con doble liña, rectángulo negros,  están marcados os lugares a visitar.

Esta excursión xa a fixen varias veces, o mapa fíxeno para facer a VI andaina Exaprin, grupo de alumnos de Ribadavia que lles dín clase. Asociación da que son actualmente presidente e fago a páxina web.

 

A ruta "Rego de Xabrega". Foto Secundino L.

Unha ruta de muíños.

Comentario: Consello para xóvenes: facer esta pequena ruta. Si non,  unha parada ver algúns muíños e baixar os chancís que é onde desemboca e ten unha fervenza espectacular.  Si se vai en autobús o lóxico é facela e logo ter o utobús a carón dos Chancís. Si vas co teu coche logo hai que volver.

--o--

Distancia 4 km ida e volta. Nos soio faremos a ida.

Dificultade: baixa.

Duración : como moito 1 hora.

A ruta vai pola beira do río Xabrega en Anllo (Sober). O río baixa lanzado ata o río Sil. Este río cae o Sil cunha parede de rochas moi espectacular. O río ten varios muíños e dous batáns.

Ollo que a ruta non está nada indicada e moi abandonada (marzo 2013). Unha mágoa...

É curioso que algúns dos muíños son de roda vertical (Chámase bruia e son típicos das aceas en Ourense ciudade que había catro,  dous inda se poden ver hoxe, os interesados podedes ver a miña páxina web co dicionario, para saber do que estamos falando).

 

Desembocadura.Chancis. Embarcadeiro. Foto Secundino .L.

A ruta dos muíños de Xabrega remata co río caendo por unha parede de rocha moi espectacular e formando unha fervenza.

No lugar, que se chama Chancís, fixeron un embarcadeiro xa que está xusto enfrente do embarcadeiro de onde sae a ruta en catamarán polo canón do Sil. Casi onde está a presa de San Estebo.

O embarcadeiro está feito con moito gusto, na miña opinión,  pero cando o río trae moita auga, como era o caso do día da miña visita,  é un caos a zona xa que o río non da abasto e sae do canle, facendo que a explanada que hai no lugar se asolague.... Hai que velo. Merece a pena. Pero ollo tomar precaucións si o río leva moita auga

Hai tamén unhas vistas marabillosas o canón do río Sil.

O que menos me gusta é a cor do río Sil, unha cor verde que trae o río dende moi arriba...


A ruta "Rego de Xabrega" que trascurre río abaixo no Concello de Sober ata os Chancís onde hai unha fervenza espectacular e un porto de catamaráns está da man do Señor... Non hai nada indicado, en ningún momento hai señais de ruta e faise mal, moi mal o camiño...  está en moi mal estado. Así non vamos a ningunha parte e non se fai país.

O rego tamén se chama regato de Camilo e tiña varios muíños nunha ruta de 2 kms. Os muíños están medios desfeitos, hai moas no ríoe outras pezas. O abandono é grande...

 

-----------------------------------------------------------

Entrada no "Mirador de Cividade", espectacular, misterioso, hai que vivilo... Foto Secundino Lorenzo.

A estrada que leva a este mirador remata cun sendeiro de 3 kms de estrada non asfaltada pero que se pode pasar indo moi despacio. O letreiro pon soio para 4x4 pero un autobús pequeno pasa sin problemas. Os coches particulares indo despacio non teñen problemas.

Sei que para a festa do viño de Amandi arranxaron un pouco este camiño botando graba e asfalto nos lugares máis comprometidos.

Entrada no "Mirador de Cividade", espectacular, misterioso, hai que vivilo... Foto S.L.

Mirador Cotarro II. Espectacular, enfrente Sta. Cristina de Ribas do Sil e moitas máis cousas...Foto Secundino L.

Trataremos ir dende o Mirador de Cividade, en total 2,5 km. de camiño que pasan os coches perfectamente.

Sta. Cristina dende o mirador Cotarro II. Un exemplo claro de románico e un mosteiro benedictino que quedou anexionado a o mosteiro de Santo Estebo de Ribas do Sil. Unha xoia entre castaños. Fotografía de inverno.

Si algún día facedes a Ribeira Sacra do Sil por Ourense, non esquezades que esta igrexa é  unha xoia e hai que vela.

Mirador Cotarro I ou tamén chamado Cividade. O fondo o encoro de San Estebo de Ribas do Sil.

O mirador foi proxectado por Isabel Aguirre. É unha pasada e as vistas impresionantes.

Decir que estas fotografías son do que escribe e saqueinas na primeira ruta que fixen por estos lugares. Pasamos a miña dona e máis eu uns días vendo estas marabillas  Eran días de inverno.

Mirador de Cividade. Fotografía Secundino Lorenzo.

Vai para vosoutros está fotrografía:

Mirador Cotarro I ou Cividade. Unha marabilla. Fotografía Secundino Lorenzo.

Nevada no outro lado, cara o monte Medo e o Rodicio en Ourense.

 

Paisaxes marabillosos, pequena fervenza a carón do mirador de cividade.

 

 

Comentarios ó Tramo II  da andaina:

 

Con doble linea, rectángulo negros,  están marcados os lugares a visitar.

Fot. Secundino L. Tamén deste lugar sae o tren turístico á "Viticultura heroica e canóns do Sil". Nós non colleremos ese tren xa que o noso vai conducido por outro maquinista.

 

Comeremos no Restaurante "A Cantina" de Doade.

Bon trato e boa comida moi preto de Amandi. Ver este link.

Tfnos.: 982 198  717        630 333 579

Convén encargar antes.

Fot. Secundino L. Dende o mirador de Soutochao.

 

Nestes sucalcos cultívase a uva  nas variedades de mencía,   e godello entre outras. Como sabedes a variedade mencía da lugar o viño tinto típico de Amandi e o godello o viño blanco. Os dous son sensacionais.

 Hoxe hai moitas bodegas na zona, totalmente mecanizadas e con produción que rondan, algunhas entre 50.000 e 200.000 litros. Veremos ó pasar algunhas delas,  moi famosas. Tamén se está traballando, moito e ben, con viños  en barrica de roble francés e americano, facendo viño con crianza. Tamén facendo e levando as últimas tecnoloxías en fermentación natural en depósitos de acero inoxidable con temperaturas e tempo de procesos totalmente contralados. Algunhos viños como o godello despois da fermentación natural estanse a levar a depósitos de madeira de roble francés e logo unha posterior crianza de tres meses sobre lías finas.

Esta parte está considerada como Subzona Amandi, aparte dentro da Ribeira Sacra hai tamén as subzonas de Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil.

O traballo nestas viñas é incrible, observar a pendente, a estreiteza dos sucalcos onde non queda máis que traballar sin medios mecánicos. O de sangue, sudor e lágrimas creo que ven a conto...

Denominación de Orixen Ribeira Sacra foi autorizada en setembro de 1996.

Comprende 2.500 Ha, 2.811 viticultores,  e 94 bodegas.

 

 

Viticultura heroica. Está claro... Fot. S.L.

O nome de viticultura heroica está perfectamente fundamentado, basta ver os bancais, nos que as vides loitan por gañar terra a montaña. A posta en produción do terreo supón o levantamento de paredes de ata tres metros para unha plantación as veces de dúas liñas de cepas.

Hai números que demostran  que o tempo que se tarda en preparar o terreo para poñer en explotación unha cepa neste lugar, equivale en terreo chan a plantación de ata 1000 cepas.

subzona de Amandi, que é a que estamos vendo comprende as parroquias de Anllo, Amandi, Barantes, Bolmente, Doade, Lobios, Pinol, San Martiño de Anllo en Santiorxo; todas elas dentro de Sober. Tamén comprende a Parroquia de Marcelle que está no Concello de Monforte.

Observar na fotografía de S. Lorenzo estos sucalcos ou muras e algún medio mecánico para subir as uvas.

A orientación predomina o sur. Tamén favorece a escasa pluviosidade, a acción termoreguladora dos ríos,  a exposición solar óptima así como o terreo coa disposición en escaleira que favorece a drenaxe dun chan granítico-pizarroso e ácido.

viño de Amandi deu sona o Concello de Sober cando se enviaba en ánforas de barro a Roma. Seica este feito está documentado.

 

Monumento o Carreteiro, o que carga cós cestos de uvas polos empinados terreos moitas veces cun 60º-70º de pendente. Unha pasada. As uvas son subidas ata os inchadoiros, lugar onde se depositan as uvas nunhos recipientes chamados arcas para logo levalas a bodega. A fot. é de Secundino Lorenzo e está sacada camiño do miradoiro de Soutochao.

As ladeiras da marxe dereita do Sil, que estamos a recorrer,  resultan especialmente aptas para o cultivo do viñedo por estar orientadas ao mediodía e recibir o suave clima da Ribeira Sacra con toda a forza do sol. Na época dos romanos o Viño de Amandi era descrito nas crónicas como o "ouro líquido do Sil". Durante os séculos de esplendor dos mosteiros da Ribeira Sacra, a dedicación dos monxes á elaboración diste viño levouno a ser unha das bases da economía medieval de Galicia e protagonista de excepción do intenso tráfico fluvial que navegaba istas espectaculares ribeiras do Sil. 

Na fotografía de Secundino L. vese a zona de Amandi e como se están a facer e rotular fincas doutros xeitos, onde o terreo ó permite.

En frente vemos a esquerda o canón do Mao, a baixada dos tubos da minicentral do Mao, tamen un anaco desta minicentral abaixo no río Sil , os pobos de Val e San Lourenzo e na cima o pobo de Forcas.

Nese canón do Mao temos pendente facer a ruta de Barxacoba. Sensacional.

A central Hidráulica de Regueiro vese perfectamente dende o mirador de Amandi. Fotografía S. Lorenzo.

Mirador de Cadeiras. Dende este mirador vese na parte dereita os "Balcóns de Madrid". Impresiona moito a altura da montaña que se ve e que tapa o pobo de Parada do Sil, o pobo dos "Barquilleiros" que teñen que ver coa historia e o nome dos "Balcóns de Madrid", como vimos na nosa III-Andaina.

 

Aquí tendes o Santuario de Cadeiras de estilo barroco e que ten a importancia de estar situada nun lugar moi bon para facer festas campestres e así se fan sobre todo o día  8 de setembro na explanada do santuario. Os pendellos que se ven na fotografía moi longos e con forma de L de máis de 200 metros chamáronme a atención. Unha gran festa debe celebrarse neste lugar...

Dende os balcóns de Madrid (mirador que está na parte de Ourense)  vese perfectamente este santuario.

 

Decir que aquí quedaría por ver unha bodega, que menos e probar un viño, calquera delas pode valer, en Doade tendes a Regina Viarium que admite visitas. Tamén Rectoral de Amandi. As dúas son espectaculares.

Ver o link de Regina Viarium. Votarlle un vistazo. Esta bodega pasades a carón dela en Doade. Ten horarios de visita que podedes ver na web.

 

Ver o link a Rectoral de Amandi. Tamén está marcada a visita preto, ten horario de visitas e visitas guiadas.

Queda o voso arbitrio.

Tamén podedes pasar, a volta de Doade polo único lugar onde se fai cerámica, tratase da  Alfarería de Gundivós.

Ver este link sobre a Alfarería de Gundivós. Merece a pena. Ver rectoral de Gundivós.

 

No mapa vedes que si estades en Doade, si en vez de coller a LU-903 que vai saír a Monforte colledes unha interior que leve a Sober pasades por Gundivós.

 

 

 

Comentarios ó Tramo III  da andaina:

Nota si vos queda tempo pola tarde despois de visitar Amandi e a viticultura heroica o regresar podedes acercarvos a Ferreira de Pantón. O saír a xeral Monforte-Ourense colledes para Ourense e os cinco km. máis o menos metédevos a Ferreira, alí hai dúas xoias auténticas:

1.- A igrexa de San Miguel de Eirei. Maravillosa. Ver as fotos. Está a 2 km. de Ferreira. (Un señor que vive alí a carón da igrexa ten a chave.

2.- As Bernardas o final do pueblo.  Estas teñen un horario que xa sabedes o tema dos rezos "ora e labora" recóllense moi pronto. Enterarse antes. Pasades o pueblo e a 400 m. a esquerda. Penso que pechan as 18 horas.

Si non queda tempo pois nada máis, anotade para velas outro día..

 

Con doble linea, rectángulo negros,  están marcados os lugares a visitar.

Claustro do conxunto monacal das Bernardas de Ferreira de Pantón Fotografía Secundino L.

Convento das "Bernardas". Mosteiro Cisterciense.

Está a 1 km. do pobo de Ferreira de Pantón e na estrada antiga.

As monxas Bernardas son do Cister, vestidas de marrón para a laboura e de blanco para acudir sete veces o día á ora. Aquelo de "ora e labora". Son entre 12 a 14 monxas coa súa abadesa ó frente. Viven, no dibuxo ó fondo, a esquerda onde se ven as chemineas.

A primeira noticia escrita é do ano 924, logo no 1175 a súa patrona,  unha filla do Conde Traba fai donación o Cister. Seica rematou a tradición chamandoa Santa Fronila de Lemos. O caso é que os condes soltaron moita pasta para facer este recinto e nótase. Sobre todo ata o século XVIII, con ampliación, ver a parte dereita reservado as señoras da alta nobleza e o seu servicio, as mandadeiras. A chamada "casas das donas".

O que podemos ver, ben pouco, é o claustro, que é renacentista,  por detrás dun cristal e a igrexa que é rica por fora e menos rica por dentro. Era o que mandaba o Cister na regla de Bernardo Claraval.

Nos "canecillos" haberá que buscar dous músicos e una danzante, soldadeira, coas faldas o aire. Dentro hai sepulcros de D. Diego de Lemos e seguramente o seu fillo. O tono distinto da pedra débese o tono calizo da pedra do Incio.

Nota: importante saber que no "labora" das monxas están os almendrados, cocadas, pasta de te e tartas; telo en conta xa que algo hai que mercarlles, non sexa o demo...

 

 

Dibuxo do Mosteiro do Divino Salvador de Pantón,  do libro citado.

Ollo co horario as 18 pechan, xa sabedes...as vísperas...

 

 

Igrexa de Eiré, dende a praza do pobo. Ese día caían chuzos no pobo, chovía a "Deus dar". Fotografía Secundino L.

Igrexa de San Miguel de Eiré

Declarada en 1964 Monumento Nacional, dende logo é distinta a outras igrexas. É do século XII.

A torre é única, por certo hai que ser artista e xogarse o tipo para subir a misma.

Outra cousa que a distingue é a porta Norte, cargada de simboloxía e moi traballada, dunha forma sutil, única.

Como mostra da calidade do libro, xa citado,  así como o detalle,   poño a descrición da porta norte que se fai no mismo, podedes ver tamén a fotografía e seguir o texto:

"..La puerta norte está formada por dos arquivoltas decoradas que se apoyan sobre sendas columnas con capiteles tallados con motivos vegetales y una cabeza de figura humana invertida.

La dovela central del arco tiene un Agnus Dei, el tímpano decorado con círculos componiendo cruces está apoyado sobre dos mochetas  con los símbolos de los evangelistas  Lucas y Marcos (toro y león), a la derecha con sus iniciales LU y MA, grabadas; a la izquierda, más dificil de ver, están Juan y Mateo (águila y hombre alado), formando un violento escorzo con las alas en las que vemos una cabeza invertida y una mano...".

En dous lugares da igrexa pon PS FECIT, "Pedro fíxoo" que se supón é o nome do mestre que fixo esta xoia...Hai outras teoría que falan de outro nome...

Dentro,  hai que vela, está bastante expoliada pero poden verse pinturas dun Cristo coa Virxen e San Xoán. Fora nos canecillos do ábside hai algúns rotos a propósito, como o da parella copulando, a maioría son motivos vexetais.

 

Dibuxo do libro citado (que puxen o revés para que me coincida coa fotografía)

 

A chave tena un veciño, o da casa con patio que está a dereita...

Unha auténtica xoia esta igrexa de San Miguel de Eiré. A fotografía é de Álvaro García.

Porta norte da igrexa de San Miguel de Eiré. Fotografía de Secundino L. para ver o detalle do descrito arriba.

Moita xeometría nesta porta, unha auténtica xoia o meu entender... Hai que vela.

As follas que rematan en caras son única e dunha delicadeza fora do común...

Fotografía S. Lorenzo

Neste caso na dereita son animais, por certo por riba pon LU (Lucas) e MA (Marcos) e as follas rematan en pequenas flores, Fotografía S. Lorenzo.

 

Nada máis, gustaríame que este traballo sirva para darse conta do que temos en Galicia e que temos que conservar e poñer en valor.

Por outro lado xa vedes como estamos de situados en Calvos e Vilasouto a tiro de pedra da Ribeira Sacra do río Sil, pois non che digo a Ribeira Sacra do Miño, esa estamos a carón totalmente. Quince km. outro día porei cousas desa ribeira.

 salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.