Visita a Lóuzara.
O río Louzara e o poeta Fiz Vergara V.
Roteiro literario Fiz Vergara Vilariño
Dibuxo do Roteiro literario. Tomado
"Rutas al detalle".
Localización:
Parroquia de San Cristovo de
Lóuzara.
Lugar: Airapadrón (aquí
comenza o roteiro, e por debaixo da fervenza de Santalla remata)
27720 Samos-Lugo
Tfno. de contacto e
información: 34982546002
Datos técnicos:
21 km. por estrada, ida e volta (mellor en coche).
Saída dende Airapadrón
3 km. ruta ao pé, a partires de Santalla.
Punto 6 do roteiro.
Esta leva aprox. 1h e 8 m.
Dificultade: baixa.

Mapa para chegar dende O Incio ata
Santalla. Airapadrón está un pouco máis arriba de Santalla.
Ver que tendes dous opciones que
logo comentarei. Máis o menos os mismos kms. sobre 17 Km.
As dúas teñen o seu encanto.
As dúas primeiras unha é polo
Incio, no Incio coller a estrada que vai a Hospital e a
Ferreria a Lu-P-1306 e o pasar a Ferrería a 5km. coller a que
leva a Santalla a Lu-P-5605. Son tamén sobre 20 km. pero é moito
peor estrada, eso si con mellor paisaxe.
Esta é a mellor ruta dende Calvos ou Vilasouto ou
O Incio ata o inicio do roteiro en Airapadrón.
De azul a ruta e de bermello o roteiro. Comenza en
Airapadrón e remata por debaixo de Santalla.
Mellor opción dende Calvos,
dende Vilasouto ou dende O Incio:
A outra vía dende O Incio coller
para Foilebar, é a Lu-P-2503, o pasar Foilebar coller a que leva a
Airapadrón a estrada Lu-P-2505, Airapadrón estáa 2,5 km. En total
estamos no comenzo do roteiro e non chega a 20 km dende Calvos;
de4nde o Incio restar 9. Esta é a mellor opción
Tamén hai unha terceira ruta dende
Calvos: Ir a Sarria, logo a Samos e dende alí a 9,3 km está Aira
Padrón que é o comenzo do roteiro. En total sería : 36,3 km. casi é
o doble. Evidentemente os de Sarria non teñen outra opción.
Este é o Roteiro dedicado a Fiz Vergara Vilariño,
comenza en Airapadrón preto de Santalla. Ver o mapa anterior.
Son 13 lugares dedicados ao poeta Fiz Vergara
Vilariño.
A miña sorpresa.

Río Lóuzara. Esta presa do río
Louzara forma parte dun roteiro literario. Todas as fotografías son
de Secundino Lorenzo.
Este é o lugar 4 do roteiro que
Santalla dedicou ao poeta galego Fiz Vergara Vilariño, nado en
Santalla 1953-1997. En Santalla e a carón do seu río o Lóuzara ten este
itinerario con 13 paradas marabillosas.
Pois ben, o que escribe foi un día de
pesca ao río Lóuzara, era o ano 2012 e atopouse nesta presa cunha poesía
escrita nun mural de ferro. Pero unha poesía marabillosa. Tamén un
moneco que estaba a atravesar a presa como si fora fonambulista.

Esta figura esta no punto 4 do Itinerario
literario de Santalla.
Sobra que diga a sorpresa que
levei e ese mismo día buscamos o meu compañeiro de pesca Julio
Taboada e máis eu a explicación deste itinerario. Posteriormente
quedou todo aclarado e merquei algúns libros do gran poeta Fiz
Vergara, entre eles "Nos eidos da bremanza". Unha
marabilla de poeta.
Logo e xa convencido da calidade
dos seus poemas púxeno na miña páxina web "Ríos galegos" no apartado
de os ríos son poesía.
Ese foi a miña
pequena homenaxe a Fiz Vergara Vilariño.
Esta é a poesía que vín de Fiz
Vergara aquel día:
Romance íntimo
ao río Louzara.
Dezanove anos de vida
e índa zoa nos meus ouvídos
a túa cantiga soneira,
que arrolou de meniño,
aquil cantar doce, soave,
garimoso e solermiño;
aquil cantar infantil
inda hoxe sigue vivindo.
Pro a infancia... a miña infancia:
¿Onde ma levaches río?
Dezanove anos de vida
e inda vexo o meu sorriso
reflexando nos espellos
dos teus remansos de vidro;
nas túas ondas transparentes
coma luces do vacío.
¡Os espellos seguen aí,
perennes e cristaíños!
Pro a ledicia... a ledicia:
¿Onde ma levaches río?
|

Fotografía do monolito onde está a poesía. ¡ A nosa sorpresa
foi incrible!.
Nota: esta poesía forma parte dun itinerario
sensacional, roteiro literario, que está feito en Santalla, sempre
seguindo o río Lóuzara, entre outras cousas como homenaxe ao seu gran
poeta Fiz Vergara Vilariño. A poesía aparece no libro "Seis novas voces
da poesía galega".
Chámase:
4.- Muiño de Locai. Álvaro de la Vega.
( 42.67151667 , -7.249783333 Altitud: 639 m. Distancia: 7,2 km)
Está no punto 4 e pón "Muíño de Locai" e a xeito
de monólito de ferro, aparece firmado por Álvaro de la Vega (ver a
cabeceira á esquerda)..
--o--

Río Lóuzara espectacular. O Lóuzara é un afluente do río Lor.
Fotografía de Secundino Lorenzo. A fotografía é do río Lóuzara,
pero non da ruta.
Pola miña parte dedícolle esta fotografía espectacular do río Lóuzara
un
pouco por riba de Santalla, no pueblo de A Ponte é donde hai esta tosta
ou presa.
10.- Pozo de
Monteiro, artista Caxigueiro
( 42.65543333 , -7.255033333 Altitud:
337 m. Distancia: 0,8 km)
.
Río
¡Río da miña infancia, cobra de auga
escoando lixeira vagoada
abaixo!
Moitas veces (de mociño)
puxen sobre as túas ondas correntías
o mesmo S.O.S. metido na botella.
Logo fiquei na orela
agardando en silencio,
ollándome no espello dos teus claros
relanzos.
Todo foi en van, compañeiro:
¡ela inda non chegou a miña carón!
|
O poema está sacado do libro
"Nos eidos da bremanza". Galaxia
1990
Ata aquí contei como entrei en contacto con este gran poeta.
Hoxe poño este roteiro no apartado de Xoias da Zona, da miña web dedicada a
Calvos-Vilasouto, no Incio, éntrase con calvos-vilasouto.es , preto moi
preto de Santalla e deste lugar que recomendo. Ese é o outro pequeno regalo
que lle fago a este gran poeta que E.P.D.
---o---
Unha vez chegado a este punto o
lector seguro que quere ver o roteiro literario completo; pois ben en
internet hai varios traballos incribles desta ruta, vou poñer un deles,
impresionante como todos:
Basta saber que ao largo do roteiro
hai 13 momentos:
Cada un deles leva dous nomes un o
nome do lugar e outro o artista que diseñou o que vedes no lugar:
1.-
Aira Padrón, artista Primitivo Lareu
2.- Cruce de Foilebar,
artista Xesús Otero-Yglesias
3.- Requeixo, artista
Manuel Buciños
4.- Muiño de Locai,
artista Álvaro de la Vega
5.- O Pedregal,
artista Violeta Bernardo
6.- Altamira,
Santalla, artista Miguel Macía
7.- O Muiño, artista
Fernando Yáñez
8.- A Fonte da Cova,
artista Mónica Alonso.
9.- Aira de Tesín,
artista Poy
10.- Pozo de
Monteiro, artista Caxigueiro
11.- Veiga de Fía,
artista Eduardo Valiña.
12.- Augadalte,
artista Paco Pestana
13.- A Pedra do Río, Pozo de Beltrán, artista Manuel Caamaño.
E nada máis, descarga o roteiro que
sigue e disfruta de verdad:

Fotografía portada da web sensacional de Sarria 100. Descoñezo ao
autor da fotografía.


O roteiro comenza en Airapadrón e
remata despois de Santalla e por debaixo dunha fervenza do Lóuzara.
Datos de cada punto:
Nota: Os kms. son acumulativos. O
paso a grados decimales é cuestión de comodidade, si en google Earth
pondes esa opción resulta trivial e inmediato localizar os lugares
facendo unha copia (ctrl C) e pegando (Ctrl V).
E xa sae o lugar.
Onde poño (Ctrl C) quero decir
pulsar a tecla de control e sin soltar a tecla C, si temos marcado
algo vaino copiar en memoria, o que se chama a memoria caché, logo con (Ctrl
V), pegase o copiado onde queirades. Esta era a miña lección nº 1 de
programación polos anos 1981. Xa choveu...pero non tanto como nos
gustaría...
Os números están tomados do
sensacional traballo de Sarria-100:
Nº
Parada Roteiro//Artista Diseño/Kms. ac. |
Coordenadas en grados decimales |
Altitude
|
1.- Aira Padrón./// Primitivo Laren///Km
0 |
lat.-long. 42.69656667
, -7,27635 |
1092 |
2.- Cruce de Foilebar ///Xesús
Otero-Iglesias/// km. 3 |
lat.-long. 42.68293333
, -7.26431667 |
909 |
3.- Requeixo///Manuel Buciños///Km.6,6 |
lat.-long. 42.67531667
, -7.2497833 |
554 |
4.- Muíño de Locai./// Álvaro de la
Vega///km. 7,2 km. |
lat.-long. 42.67151667
, -7.249783333 |
639 |
5.- O Pedregal.///Violeta Bernardo///km.
8,2 Km. |
lat.-long. 42.6676
, -7.257533333 |
637 |
6.- Altamira. Santalla.///Miguel
Macia// km. 9,4 |
lat.-long. 42.65836667
, -7.257333333 |
642 |
7.- O Muiño///Fernandez Yañes///km.
0,3 |
lat.-long 42.6578013
, -7.25611 |
642 |
8.- A Fonte da Coba ///Mónica
Alonso ///km. 0.4 |
lat.-long 42.6579
, -7222583333 |
645 |
9.- Aira de Tesin.
/// Poy ///km. 0,6 |
lat.-long
42.65660333 , -7.2563 |
645 |
10.- Pozo do Monteiro ///Caxigueiro///km.
0,8 |
lat.-long
42.65543333 , -7.255033333 |
637 |
11.-Veiga de Fina///Eduardo Valiña///Km.
1,2 |
lat.-long
42.65253333 , -7.2539 |
637 |
12.-Aguadalte///Paco Pestana///Km.
1,4 |
lat.-long
42.65156667 , -725396667 |
627 |
13.-A pedra do río///Manuel Caamaño///Km.1,7 |
lat.-long
42.64976667 , -7.254783333 |
627 |
Descarga a rutas para
vela completa :
Roteiro Sarria 100
--o--
Outros Links de axuda, que merece
a pena ver.
Salir a Calvos.
|