A Ribeira Sacra do río Miño.
Provincia de Lugo
Andaina-visita
polo CANON DO Miño
Chuleta da andaina - visita.

A Cova.

O Cabo do Mundo |

Visitamos: as
igrexas de Santo Estebo de Ribas de Miño - Diamondi - e San
Martiño da Cova- Tamén o Museo de Arxeriz.
Chuleta da
andaina
CANÓN DO MIÑO
LUGO
Datos
e chuleta da andaina-visita.
|
Salir a Calvos.
Mapas da visita:
Poño algúns mapas para que vexades que non vai ser
fácil selecionar unhas cantas cousas para ver nunha primeira
visita estes lugares incribles.

Mapa da Ribeira Sacra do río MIño e do río Sil.

Reservas da Biosfera: Ribeira Sacra e Serras de Oribio e
Courel
Sin lugar a dúbidas estos lugares están cheos de
canóns, serras, chans e vales cunha riqueza en flora e faunas fora
de serie que a converten nunha Reserva da Biosfera da UNESCO.
Tamén están cheos de historia: dende os castros dos
nosos antepasados, os oestrimnius, ata a nosa era; un patrimonio fora
de serie e único no mundo.
Respetemos os lugares.

Mapa de miradores e sendeiros da Ribeira Sacra do Miño.

Mapa de patrimonio da Ribeira Sacra do Miño. Incrible a
riqueza.
Faltan os castros, pero están no seu sitio, tamén os
petroglifos e tamén as mámoas. Un gran patrimonio que ten a Ribeira
Sacra. Unha pena que o río tanto o Sil como o Miño teñan tanta auga
parada, xa sei o progreso...pero maila todo temos unha marabilla.
--O--
O marabilloso de todo esto é que ó temos a "tiro de
pedra" dos nosos fogares. Unha mágoa que haxe xente da nosa zona que
non vexa esta riqueza e peor inda que nona coñeza.
Dende Calvos ou Vilasouto chegar a Ribeira Sacra do
río Miño, enfrente a Chantada, por Escairón son 15 km. Por Monforte
un pouco máis pero esta preto, moi preto.
Esta será a miña selección de lugares:
A páxina visitará Santo Estevo de Ribas do Miño,
San Paio de Diamondi, o Cabo do Mundo e a Igrexa de San Martiño da
Cova, a Casa Museo de
Arxeriz. Para un día está máis que dabondo. O importante e que
vexades as marabillas que temos en Galicia e moi preto e que se
poden artellar moitas excursións e sacarlle moito proveito
Quedan abertas outras visitas e andainas xa que
quedaredes namorados destos lugares.
Ruta xeral Tramo 1
¡Empezamos!
¡Mellor pola mañan, sin madrugar moito, pero con tempo!

Mapa de situación da primeira igrexa a de San Estevo de Ribas de
Miño.
Tramo 1: visita San Esteban de Ribas de Miño e Diamondi.
Localización da igrexa:
Parroquia: Santo Estevo de Ribas de Miño
Lugar: Santo Estevo
27594 O Saviñao - Lugo
Coordenadas
42.617874 , -7.706872
398 m.s.n.m.
A chave: preguntar hai unha Sra. que ten as chaves.
Chamar ao Concello do Saviñao e pedir información, un par de día
antes: 982452061

Mapa de situación 2: aquí vese exactamente onde está
a igrexa coas coordenadas en grados,
para facer soio copiar e pegar. Aquí vese moi ben a
maniobra de seguir ata a ponte do Miño, fixádevos que antes de
chegar hai un desvio que nos deixa facer a maniobra moito mellor.
Xa que vamos empezar por visitar a Igrexa de Santo
Estevo de Ribas do Miño, dende Calvos ou Vilasouto penso que
mellor vamos ata Monforte e sin entrar collemos a circunvalación que vai
a Chantada Lu-533. Antes de chegar o desvio "pón Cazapedro" , que
levaría ao encoro de Belesar, está
indicado, collemos a estrada que nos leva a menos de un km. ata igrexa.
Atención dende Monforte ten unha mala entrada, xa que
queda no outro carón, ir atentos primeiro aparece o rótul que pon
"Cazapedro" e enfrente o da nosa igrexa, hai que seguir ata 1 km
máis abaixo e antes de entrar na Ponte que pon río Miño, meterse a
esquerda que pón "Ruta fluvial" é a estrada que leva ata o
pueblo Belesar o catamarán, etc,
metédevos que así dades a volta e xa subides outra vez o 1 km. e
entrades pola vosa man a dereita.

No mapa tendes marcada o que hai que facer en bermello:
pasar rótul "Cazapedro" é a 1 km. na ponte pasar a esquerda e volta,
andar o 1 km e entrar na estrada que leva a igrexa de Santo Estevo. Está
claro que aquí non podedes entrar a esquerda xa que é raia continua.
Seguides e a 1 km.dades a volta, ver figura seguinte.
No mapa de situación que é do 08/08/2018 vendes
perfectamente como pode facerse.
Vexo tamén que esta maniobra está indicada antes xa que
indica que se pode dar a volta a 200 m. efectivamente na ponte.. ¡Ven
feito pola DGT!.

Para sair para Diamondi xa tendes esa man e colledes a
estrada que hai a 1,7 km. que leva a Fondo da Vila e logo Buxán e xa
chegades a Diamondi. É a estrada Lu-P-5806
Vexamos cousas sobre a Igrexa San Estevo de Ribas de
Miño.

Igrexa de San Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao)
Dibuxo tomado do libro da biliografía (1)
Tomei este dibuxo xa que é a maior forma de entender
que esta igrexa foi construida nunha ladeira onde practicamente era
imposible facela, sin embargo fixérona e moi seguro por certo, no
famoso terremoto de Lisboa nin se moveu cando todos sabemos que en
Galicia houbo movementos en moitos edificios como no Ribeiro ou en
Montederramo. Do dibuxo non escapan algúns detalles de asentamento
que si podería escaparse vendo fotografías.

Nesta marabillosa fotografía, sacada da web
de Rotea, vese a ladeira na que está feita pero non conta
como está asentada.

Outra imaxen marabillosa, descoñezo ao
autor da fotografía. Interesa ver que a Igrexa está
feita e asentada nunha ladeira, polo tanto ó fundamental foi como se fixo para que esté asentada
perfectamente.
O máis seguro sobre este monumento é que foxe
construido por mandato do obispo de Lugo, por moitos detalles, en
particular polo parecido os traballos feitos en Portomarin. Dende
logo parécese moito. É posible que foxe Monasterio nos primeiros
anos pero non hai documentación relacionada.
O edificio é impresionante, a fachada ten un
impresionante rosetón, espectacular visto tamén deste dentro, logo
porei unha fotografía, ten catro metros de diametro, a porta ten
catro arquivoltas sobre columnas de mármol do Incio, con músicos
sentados que lembran, salvando as diferencias, como dice Fco. Javier
Ruíz (1) ao Pórtico da gloria de Santiago e de Ourense do maestro
Mateo.

Nesta fotografía deS. Lorenzo, o que escribe vense
estos detalles. A entrada é impresionante.

Detalle dos capiteis da portada da igrexa.

Detalle do tornaaugas e do rosetón da fachada.
Incribles. Esta fotografía e a anterior son miñas, unha mágoa que na
miña visita non tuvéramos chave para vela por dentro, tuvémonos que
conformar coa explicación da guía, por certo extraordinaria, que no
ano 2013 nos levou por esta e outra igrexas da Ribeira Sacra do Miño
e quedamos impresionados. Eu acerqueime dende Calvos aquela e outras
tardes. O evento estaba montado por varios concellos entre
eles O Saviñao e consistía que reunirse a unha hora da tarde na
praza do pueblo, quen quixera e logo organizar unha marcha en
automovil coa guia e outros compañeiros. Unha gozada de idea, que
coido debera seguir.

Tamén saquei esta dende o exterior. Porta da fachada
sur, moi interesante. O campanario está fora nunha rocha na parte
sur; ten dúas campás.
O Rosetón visto dende fora dase un conta da luz que
pode meter na igrexa, pero é que os catro metros que ten fano
impresionante, ver a fotografía que aparece a continuación:

A orientación da igrexa é loxicamente coa fachada
principal cara o poniente como mandan as normas das igrexas
románicas.

Este é o ábside da igrexa e dúas partes,
a iglesia está dividida en catro partes. Imaxen tomada
dunha 360º que poño no primeiro lugar dos links de
ampliación.

Planta dibuxo de San Estevo de Ribas de
Miño sacada do libro que puxen na bibliografía deste
traballo (1).
Neste plano orientado de oeste a este
vense perfectamente as catrlo partes da igrexa é o
ábside, tamén na portada está dibuxada con todo detalle
a doble paréd e as escaleiras que suben ao rosetón e o
campanario, pero este foi quitado posteriormente, hoxe
está fora da igrexa.
O interior está dividido en catro espacios por arcos
e un ábside con bóveda de Canón. A altura da igrexa é impresionante
e todo elo está permitido pola construción sobre arcos de
descarga que o permiten, a pesar repito de estar feita nunha ladeira.

Perfectamente construida, a
fotografía está tomada dunha 360º do primeiro link que poño
abaixo. É moi interesante xa que vese a parte de atras da
iglesia, a dereita e o doble muro feito para alixeirar a
fachada e o mesmo tempo para darlle consistencia. Si
algún día entro sustituirei as fotografías, de momento fixen
unha copia dun trozo.
Os materiais de construción son de pedra caliza e
usouse tamén o mármol do Incio en moitos capiteis e columnas.

Fotografía sacada dende fora e na parte este,
aquí vese perfectamente o ábside semicircular. Descoñezo o
autor da excelente fotografía, sacada do primeiro link que
poño ao final.

Planta dibuxo de San Estevo de Ribas de Miño
sacada do libro que puxen na bibliografía deste traballo
(1). Aquí insiste Francisco José Ruíz Alderguía.
o autor do libro (1) nunha das peculiaridades positivas
desta igrexa marabillosa.
O lugar onde está ubicada a igrexa consiste
nun desmonte e un recheo para construila, quedando a fachada
principal, a máis pesada mirando ao río con peligro de
derrumbe e colapsar a igrexa. Pero o constructor era moi bon:
o primeiro que fixo foi construir unha bóveda baixo os pés
eso vese moi ben do fant´ñactico dibuxo, así dalle o terreo
unha consistencia fora de serie, evitando o corremento das
terras. A segunda cuestión que fixo foi alixeirar a fachada,
que ha fixo oca e cunha trabazón entre as paredes por medio
dunha escaleira interior que sube ao balcón do rosetón. Puso
tamén dous arcos de descarga laterais que van xunto a porta
principal. Gracias a todo esto en nove siglos de vida non
tuvo ningún momvemento.

Esta fotografía, tamén miña permite ver o asentamento.

Esta fotografía, tamén miña permite ver o asentamento.
Foio
o que máis me chamou a atención.

Ver como está construido o ábside e que columnas ten
de apoio aparte do muro.
Dentro da igrexa é digno de admirar unha adoración
dos Reis Magos, en pedra, que o parecer indamantén algo de
policromía orixinal.
Non deixedes de ver as fotografía 360º que hai na
primeira web que poño máis abaixo,concretamente a Galicia el buen
camino, sensacional e podedes ver detalles dentro da igrexa, e fora
tamén.
Por suposto ten moi interes todo o feito por
Miniontour, por eso a poño como segunda web, traballan moi ben e
conb moito gusto.
Para rematar decir que é
Monumento Nacional dende o ano 1931.
Unha auténtica xoia.
Links moi interesantes sobre a Igrexa de San
Estevo de Ribas do Miño:
San Estevo de Ribas de Miño. Galicia el buen camino. Fotos 360
interiores e exteriores.
Miniontour visita San Estevo de Ribas do Miño.
Arquivoltas. Moi interesante, aquí podedes ver o campanario.
--o--
Vexamos cousas sobre a
igrexa San Paio de Diamondi.
Tramo 1: visita San Paio de Diamondi.
Localización da igrexa:
Parroquia: San Paio de Diamondi
Comarca: Terra de Lemos
Lugar: Diamondi
27548 O Saviñao - Lugo
Coordenadas
42.5944103 , -7.712028
485 m.s.n.m.
A chave: preguntar nas casas que hai a carón da igrexa. Unha Sra.
ten as chaves.
Chamar o Concello do Saviñao, dous días antes, e pedir información: 982452061

Supoñemos deixamos a igrexa de San Estevo de Ribas de
Miño, volvemos pola misma estrada e o chegar a xeral volvemos cara
Monforte de Lemos. O pasar apenas 1,7 km. temos outra estrada a
Lu-P-5806 que nos leva directamente a segunda igrexa que vamos a
visitar, a de San Paio de Diamondi.

Estuven nesta igrexa no ano 2013, esta fotografía é
do 2011, e non estaba feito a
casa dos peregrinos, ver fotografía máis abaixo. Fotografía de
Google Earth.

San Paio de Diomondi,fachada ano 2013. Fotografía
Secundino Lorenzo. Na parte esquerda estaban a facer o Albergue de
Peregrinos do Camiño de Santiago.

Estuven nesta igrexa no ano 2013 e non estaba feito a
casa da esquerda da fotografía, estaban en construcción. Nada menos
que un albergue para o camiño de Santiago. Aproveito a fotografía da
web Miniontour.es os que lles dou as grazas.

Portada de entrada a San Paio de Diamondi. Chama
moito a atención xa que na porta hai de todo dende lobos, saxitarios
que non se ven noutras portas e moitas cousas que cham a atención.
Non é unha entrada normal.
Seica o Obispo Odoario salvou da ruina esta igrexa.
En 1164 xa aparecía nombrado, nunha donación de Fernando II, San
Pelagio de Diomondi. Era un monasterio en 1231, que pasa a depender
do Obispo de Lugo, aque a fixo a súa residencia de verán. A casa do
obispo estaba adosada o muro norte e logo convirtiuse en casa
rectoral.
O nome de Paio, Pelagio ou Pelaio tuvo grtan
tradición xa que a vida do xoven Pelaio, sobriño do obispo de Tui
que prefiriu a decapitación a someterse as tentacións que lle
propuña o califa. O de Diomondi ven de Deomundo, nome visigodo, que
seguro que era o dono do lugar.
A porta e a fachada é moi esbelta con capiteis moi
ben tallados e flanqueados por dous arcosque dan a sensación dun
templo de tres naves. Catro arquivoltas con colunnillas e capiteis.
Con figuras moi curiosas.

A pila ten unha base cónica e parece unha copa
semicircular. O dibuxo chama moito a atencións sobre todo
a roseta cós seis pétalos. Dentro ten unha cruz latina e dúas
figuras.

Intentouse facer un gran templo pero o proxecto
quedouse corto, bótanse moitas cousas de menos. Non ten rosetón
na fachada principal, tampouco a altura, inda que non é pequena,
falta altura nos muros laterais e outros moitos detalles si
comparamos coa igresa de San Estevo de Ribas de Miño quedouse
moi curta.

Vista da outra parte da igrexa co altar. A
orientación é coma todas de oeste a este. O ábscise do altar
semicircular ten moita luz.

Unha vista do teito e das columnas que sosteñen a
bóveda de canón.

Aquí vese a porta sur que ten uns detalles de bovinus
nas mochetas e arcos lobulados no tímpano.

A súa construcción rematou no ano 1210
despois das reformas e cambios, que foron minando o diseño
de principio, que prometía moito.

Para rematar poño unha fotografía sacada da web que
recomendo de Miniontour onde acostumbrar a poñer estos monecos
simpáticos que van facendo comentarios moi apropiados. Quero poñer
esta fotografía xa que cando eu estuven na zona estaban en
construción este albergue para peregrinos que fan o camiño de
inverno a Santiago. Sei que logo caeu parte e fianlmente quedou así,
que me parece moi digna a obra e sei que falan ben dela. Escribo
esto en marzo de 2023.
Eu estuven no 2013 cunha guia e outros compañeiros. O
resto das fotografías saqueinas eu.
Links interesantes sobre a Igrexa de San Paio de
Diomondi:
Miniontour visita San Paio de Diomondi.
---o---
Visita a Igrexa de San
Martiño da Cova no Cabo do Mundo:
Siguemos de visitas, vamos visitar un lugar
marabilloso que se chama Cabo do Mundo onde o río Miño fai un
meandro que é famoso e que hai que ver.
Vimos de Diamondi, supoñemos que salimos de mañán e
non moi tarde xa que pretendo que vexamos tres lugares, xa levamos
dous.
De Diamondi ata o cabo do mundo é seguir a estrada e
andar 8 kms. simplemente.

Saides de Diamondi e a 400 m cambiades d estrrada pasades a
LU-P-5807 e non abandonades ata Fión, soio 5 km despois. En Fión
colledes a dereita e pasades polo mirador do cabo do mundo e a 200
m. colledes a dereita para baixar o Cabo do Mundo.

No mapa buscades Fión e colledes a dereita, xa vedes
o Mirador do Cabo do Mundo, e a 200 m. colledes a dereita. Para
comer recomendo o Restaurante
Torre Vilariño, a 3 km. da Igrexa, que queda a carón da
casa Museo de Arxeriz que hai que visitar. Baixades antes de
comer a ver a Igrexa de San Martiño, temén o mirador Abadia da
Cova, con moi boas vistas. e logo a comer. Despois de comer podedes
tomar un café abaixo na praia da Cova, un lugar agradable.. Tendes
un mirador, o Mirador da Abadia da Cova, onde está precisamente a
bodega.

Esta fotografía do que escribe está sacadadende o Mirador da Abadia
da Cova. O lugar é un espectaculo.

Esta fotografía tamén miña, ou sexa Secundino
Lorenzo, está sacda un pouco máis arriba. Abaixo tendes o mirador. O
lugar é impresionante.

Sigo con fotografías impresionantes, aquí vedes o
mirador abaixo. No río Miño no centro tendes a praia da cova, onde
digo de ir a tomar un café, tamén hai restaurante. A esquerda tendes
a Igresa de San Martiño. Esa casa que se ve a dereita é a bodega
Adegas Moure, pode visitarse tamén, pero previo aviso e hai que
pagar.
Pero vamos ver a Igrexa de San Martiño da Cova
(Seguimos en O Saviñao)

Vista tridemensional da zona, ver o desnivel que hai a igrexa a 387
m.s.n.m. e o río Miño abaixo a 207.. Si queredes ior ata a praia
tendes unha estrada que se ve no mapa, abaixo a esquerda e que sae a
pñoucos metros da igrexa. Hai a preia 2,5 km. O mirador 800 m.
Tramo 1: visita San Martiño da Cova.
Localización da igrexa:
Parroquia: A Cova (San Martiño)
Comarca: Terra de Lemos
Lugar: A Cova.
27548 - O Saviñao - Lugo
Coordenadas
42.561167 , -7.676264
387 m.s.n.m.
A chave: preguntar nas casas que hai debaixo da igrexa. Unha Sra.
ten as chaves.
Chamar o Concello do Saviñao, dous días antes, e pedir información: 982452061

San Martiño da Cova, unha pequena igrexa encantadora
nun lugar privilexiado.
Igrexa románica de finais do século XII e principios
do XIII. É un módelo de igrexa do rural galego de ábside
semicircular e nave única case cuadrada.
Soio é un pouquiño máis grande do habitual xa que foi
monasterio de CanónigosAgustinos.
A mín gústame moito xa que está consagrada ao patrono
de Ourense San Martiño, pero esto non é máis cunha anécdota, a guía
que me ensenou esta igrexa tamén dixo que era a clásica rural e que
lle encantaba por todo...E coincido, simplemente.

Dibuxo que presenta Francisco José Ruíz Alderguía.
no seu libro (1). resaltando a cousa sencilla e a paisaxe.

Este é o aspecto que ten por fora, moi pouca cousa
pero bonita.

Por dentro é bastante alta e ten este aspecto
típico de igrexa convencional do románico. A orientación por
suposto ao oeste, nada menos que o Cabo do Mundo.
Por estar nunha forte pendente a fachada
principal queda ao río Miño, a altura da cabeceira ospés é
salvada por tres tramos de escaleira, un na entrada
principal, outro no prebisterio e outro no medio da nave.

San Martiño o santo que da nome a Igrexa.
O corpo principal está articulado en tramos por medio
de grandes contrafortes que se van adelgazando na parte alta..
Seica conserva unhas pinturas da Santísima Trinidade
e unhas esceas na bóveda do presbiterio quesimulan unha balconada.
Sobre San Martiño que podo decir, falo de San Martín
de Tours, non moito xa que na vida pisou Galicia e a pesar de
todo é patrono de Ourense e ten a Catedral de Ourense dedicada.
Seica era moi tolerante e compartía cos pobres moitas cousas, a capa
por exemplo que partiu en doas cun mendigo para que se tapara do
frio. En fin si queredes ampliar
tendes aquí un link.

As vistas son marabillosas.
---o---
Para comer tendes dúas opcións:
A primeira en
Restaurante Torre Vilariño, que por certo
comín unhas cantas veces e moi ben por certo.
A segunda opción é casi a carón da igrexa,
subindo un pouco tendes tamén un restaurante,
Restaurante A Cova onde se come bastante ben e cunhas
vistas moi bonitas. Aquí comimos un grupo de amigos o día
05/05/2023.
Podedes dedicar a
tarde a visitar a Casa museo de Arxeriz. Pode ser pola vosa conta ou
con guía. Por suposto chamar antes.
A continuación tendes algúns datos da visita ao Museo
de Arxeriz, que dende logo recomendo.
---o---
Casa museo de Arxeriz. Ecomuseo Pazo de Arxeriz.

Si comedes en Vilariño a poucos metros xa tendes o
museo. 600 m. O mismo si o facedes no Restaurante A Cova édesplazarse 1 km.

Esta é a posición do Ecomuseo Pazo de Arxeriz. Ir con
calma, merece a pena.
Situación do Ecomuseo Pazo de Arxeriz
Lugar: Arxeriz s/n. Fión.
27548 O Saviñao - Lugo
Coordenadas
42.558960 , -7.666393
589 m.s.n.m.
Non estaría de máis enterarse un par de días antes si
estará aberto.
Aquí tendes un teléfono para chamar: 692941667
admite wassap.
Para volver dende Arxeriz indo a Vilariño colledes
a man esquerda a Lugo -P-4102 que vos leva a poucos kms. a estrada
Monforte-Chantada pola que comenzastes a mañán coller a esquerda
para Monforte e para a casa.
Copio os seus fins:
"...O
Ecomuseo Pazo de Arxeriz forma parte da Rede Museística de Galicia
dende o 28 de novembro do 2008, en calidade de "Colección Visitable".
Esta experiencia museística comeza a súa andaina no
2004 coa idea de amparar, rescatar, defender, restaurar, expoñer,
estudar, investigar e divulgar o patrimonio etnográfico e
histórico-artístico da Ribeira Sacra. O proxecto iníciase dun xeito
modesto en dúas salas, coa vocación de ir medrando e facendo museo.
A idea, dende o comezo, foi a de integrar e combinar
os espazos expositivos das salas, no interior dos edificios, co
entorno da finca, os xardíns, a horta, as construcións adxectivas, o
castro e o bosque; coa intención de que os visitantes poidan
alternar a visita interior co paseo exterior. O propio nome de
Ecomuseo xorde da combinación de etnografía, historia e natureza que
se da en Arxeriz..."
Este
é o link do Ecomuseo de Arxeriz.
Saber o importante:
Primeiro : O horario.
Si vamos pola tarde a entrada é a 17:00 e a salida
seróa as 20:00
É polo que decia de ir a tomar un café ou o que
apeteza ao bar que hai na praia da Cova.

O ideal sería a visita guiada pero esa é pola mañán.
Ollo: De mayo a octubre: mércoles a
domingo de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. De
novembre a abril: mércoles a domingo de 10:30 a 14:30.
Decir que a visita a este museo é imprescindible,
conozo o museo, fai 10 anos ou así visiteino, xa que o tema dos ríos, que é a miña especialidade,
dentro das miñas páxinas, fan uso e está atento as súas
investigacións e achegas.
Así o tema das barcas do río Miño téñeno moi
estudiado e merece a pena velo:
Ver a miña páxina sobre as
Barcas de pesca do Miño:
No museo de Arxeriz atopamos unha parte importantes
das que trato na miña páxina:
Barca das dornas, tamén moi usada
polas zonas de Chantada e Os Peares; en tempos por suposto.

Barco das dornas. Este
barco consta de dous cascos, flotadores construidos a
partir de troncos de madeira rebaixados a golpe de
trencha e que se chaman
dornas, sobre elas asentase unha plataforma construida
con tablas.

Nesta fotografía da miña visita con amigos,
o museo de Arxeriz, vese o Barco das Dornas,
coas dúas dornas á beira do barco
e que por abaixo non ten nada co cal a flotación é
perfecta e ademais é unha navegación silenciosa. É un
barco típico de pesca e moi usado na zona. Permite
aproximarse sin facer moito ruído, o cal é moi bon para
a pesca.
Visita do día 05/05/2023.

Gústame moito esta fotografía que sacou Esperanza Peña,
compañeira da pandilla de amigos, que estuvemos vendo o
museo, xa que polo seu enfoque vese como montan o museo
con fotografías apropiadas á barca. De feito vense dous
pescadores nos Peares nunha destas barcas e no fondo a
dereita un tronco que mostra como se fan as dornas que a
compoñen. Tamén se ve unha Barca de Pousa.
Houbo destos barcos dende Belesar ata A Guarda.
Imaxen e texto sacada deste link
http://www.concellodechantada.org/spa/cultura_barcas.htm
Ou as barcas de pousa:
Barca da pousa:
Son barcas utilizadas na Ribeira Sacra para pasar os culeiros dende a finca
á bodega. Outras veces tamén se pasan outros tipos cargas.

Esta fotografía está sacada da
miña páxina sobre Os rios galegos.,
concretamente do
dicionario fluvial
na entrada
barcas.

Este
barco da pousa está no museo de Arxeriz.
A dereita un tronco para facer unha das dornas.
Fotografías sacadas da ficha que ten Adela Leiro e
Mon Daporta do río Miño; por certo unha xoia. Enhoraboa.

A misma barca con pousa pero cos culeiros.
A barca anterior pasando os culeiros cheos de Uva
na vendimia. Simplemente aproveitaban para pasar da finca á zona da
bodega para pisar as uvas.
Decir que nas "salas fluviais" do Museo está moi ben
representado o tema dos barcos e barcas, así teñen os grandes barcos
para pasar a xente incluso con ganado ou carros si fai falta, ata o
batuxo, as lanchas da Lagoa de Antela ou os carochos de
Portugal. Todo barcas que foron incorporando pouco a pouco.
Tamén teñen moi estudiados os encoros tanto dos
Peares como o de Belesar e os pueblos que desapareceron con estes
encoros. Moitas fotografías e un mesado onde teñen os pobos todos
que quedaron asolagados polo encoro de Belesar.
Noutra sala teñen moitos aparellos de pesca dende as
canas, nasas, boiterón, caneiros, redes típica como a miudeira e a
chumbeira, etc.
Nela podedes ver directamente algunhas das artes que
tanta fama deu o río Miño:

Resumen feito polo gran etnógrafo galego Xoaquín Lorenzo Fernández.
Neste resumen de aparellos tendes a maior parte de aparellos de
pesca utilizados no río Miño. Pois ben no Museo podedes ver moitos
deles. Tamén o aparello usado nos caneiros, famosos sobre todo na
provincia de Lugo.
Sorprendeume gratamente que no museo tuveran a rede anguieira
que se utilizaba nos caneiros para coller anguías, e que Sonia. a
guía do museo, explicou perfectamente como se utilizaba.
Non saquei fotografía xa que na miña páxina, concretamente no
dicionario
fluvial explico con todo tipo de detalle a utilización dos
caneiros e nela teño esta fotografía:

Unha mágoa que os caneiros quedaran totalmente sin
utilidade no río Miño debido os encoros, había
moitísimos no río Miño sobre todo dende o Saviñao
ata ben pasado Lugo. Esta rede
ou outra similar está neste Museo de Arxeriz...
As explicacións foron moi boas, nesta última visita
atendeunos Sonia que centrou moi ben os temas e explicou dabondo
cada un dos materiais etnográficos do museo.
Outros tema etnográficos estuveron dedicados o viño e as
vendimias, un tema básico nesta zona, estamos na Ribeira Sacra
do Miño, un lugar con viños de alta calidade e bodegas moi
importantes. Unha mágoa que o encoro de Belesar estragara algunhas
das mellores fincas...O progreso...

No local de exposición teñen unha chea de pipas e
bocois,
así como cántaros de medición do viño. Tamén alambiques de todo
tipo.
Na fotografía de Esperanza Peña vese o clásico
recipiente, unha pipa especial, onde se pisaba o viño recién vendimiado.
Tamén colgados os famosos "pelexos" que en tempo se usaban para
transportar o viño. Sonia con moito
detalle explicou como se facían estos recipientes e sobre todo como
se poñían esas especies de cordas, feitas de polas de salgueiro para
suxetar perfectamente a madeira. Moi interesante todo.
No se esqueceu de comentar a importancia que tiña a
cabra na época das vendimias, xa que ao final na comida de celebración
era o plato principal. Na fotografía, colgados da trabe, vense
algúns destos pelexos.
Por suposto todo ó relacionado coa viticultura
tradicional.
Rematou a visita ao museo cunha visita ao Pazo, do século XVII;
pero polo medio tamén había , hórreos,
unha capela e un castro.
Sonia explicou de quen era actualmente o Pazo e a súa
historia, así como os escudos que están na entrada.

Marabillosa fotografía dun balde para ir a fonte e
traer auga pra casa. Aquí Sonia contounos máis dunha
anécdota relacionados cunha moza que cando chegaba a casa,
as veces, caíalle o balde e tiña que volver á fonte buscar,
outra vez,
a auga...cousas de amores...xa se entende...iría encantada.
A fotografía é de Esperanza Peña.
Nota: dime Pili Aira, que en Calvos (Vilasouto
-O Incio) non lle chamaban balde, o nome era sella,
efectivamente sella é nome galego
"...recipiente de forma troncocónica, feito con doelas de
madeira suxeitas con aros de metal, que se emprega para
transportar e conter auga"

Esta fotografía é de Teresa Velasco.
Outra compañeira do grupo que estuvemos vendo o Museo.
Estas árbores, neste caso carballos, sorprendéronos a
todos pola súa antiguedade. Este dende longo non lle
faltaría moito para os 500 anos.

O entorno é marabilloso, mismo a chegada e no
camiño que leva ao Castro de Arxeriz hai carballos con moitísimos anos, como este da fotografía. Todo moi ben
coidado.
No castro estase a traballar actualmente.

O Castro de Arxeriz está a 300 m do Pazo. Fotografía de Google Earth.

Fotografía do Castro de Arxeriz de Andrés Glez. Castro, sacada dende
un dron.
Esta fotografía está sacada
deste video sensacional de Andrés.

Fotografía do Castro de Arxeriz, sucalco
que da ao oeste da zona, ao fondo o Cabo do Mundo, e a
praia de Cova.
A fotografía, tamén marabillosa, é de Teresa Velasco.

Actualmente, mes de maio de 2023, está excavado unha parte do Castro e feito na entrada un simil dunha vivenda
do castro. Todo moi ben pensado.
Fotografía de Esperanza Peña.
Aproveito para das as grazas as compañeiras
Esperanza Peña e Teresa Velasco polas súas fotografías que
enriquecen este pequeno traballo.
A maior parte da flora que hai no traxecto está
debidamente indicada cós seus nomes
Levan dende o ano 2004, ampliando e perfecionando o
ecomuseo.
Unha chea de cousas moi interesantes.
Imprescindible a súa visita.
Ata aquí a chuleta da excursión.
Salir a Calvos.
BIBLIOGRAFÍA DESTE TRABALLO:
Este traballo concreto ten dúas fontes principais
(1) O gran libro "Cuaderno del Románico en la Ribeira
Sacra" o mellor libro que conozo sobre este tema.

Autor Francisco José Ruíz Alderguía.
Ediciones La Rectoral Ver Sacrum 2011.
Deste libro saquei o máis importante xa que o autor é un
auténtico detallista a hora de describir cada elemento do noso gran
patrimonio, neste caso a Ribeira Sacra.
(2) As miñas visitas pola zona sempre con guías
especializadas. Unha posibilidade que me deu Concellos como O Saviñao o
facer as excursións ao patrimonio da zona da man de guias expertas e con
montaxes distintos, acudir cada un do seu lugar que quixera e logo
compartir os vehículos de cada uno. Unha gran idea. Ano 2013 por exemplo.
Salir a Calvos.
|