A Ribeira Sacra do río Miño. Parte dereita.
Provincia de Lugo
 

Andaina-visita  polo CANON DO Miño. Parte Dereita. 

Chuleta da andaina - visita.

 

    

Sta. María de Pesqueiras. Dibuxo. F.J.R.Aldereguía

Sta María de Pesqueiras. Planos.F.J.R.Aldereguía

Visitamos: as igrexas de Santa María de Pesqueiras (Chantada) - Santa María de Nogueira.

Chuleta da andaina

CANÓN DO MIÑO. Parte dereita

LUGO

  Datos e chuleta da andaina-visita.

 

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mapas da visita:

 

Poño algúns mapas para que vexades que non vai ser fácil selecionar unhas cantas cousas para ver nunha primeira visita ou nunha segunda, como é o caso,  estes lugares incribles.

 

Mapa da Ribeira Sacra do río Miño e do río Sil.

 

Reservas da Biosfera: Ribeira Sacra e Serras  de Oribio e Courel

 

Sin lugar a dúbidas estos lugares están cheos de canóns, serras, chans e vales cunha riqueza en flora e faunas fora de serie que a converten nunha Reserva da Biosfera da UNESCO.

Tamén están cheos de historia: dende os castros dos nosos antepasados, os oestrimnius, ata a nosa era; un patrimonio fora de serie e único no mundo.

Respetemos os lugares.

 

Mapa de miradores e sendeiros da Ribeira Sacra do Miño.

 

Mapa  de patrimonio da Ribeira Sacra do Miño. Incrible a riqueza.

 

Faltan os castros, pero están no seu sitio, tamén os petroglifos e tamén as mámoas. Un gran patrimonio que ten a Ribeira Sacra. Unha pena que o río tanto o Sil como o Miño teñan tanta auga parada, xa sei o progreso...pero maila todo temos unha marabilla.

 

--O--

O marabilloso de todo esto é que ó temos a "tiro de pedra" dos nosos fogares. Unha mágoa que haxa xente da nosa zona que non vexa esta riqueza e peor inda que non a coñeza.

 

Dende Calvos ou Vilasouto chegar a Ribeira Sacra do río Miño, enfrente a Chantada, por Escairón son 15 km. Por Monforte un pouco máis pero esta preto, moi preto.

Esta será a miña selección de lugares:

A páxina visitará Santa María de Pesqueiras e logo Santa María de Nogueiras.  Para un día está máis que dabondo. O importante e que vexades as marabillas que temos en Galicia e moi preto e que se poden artellar moitas excursións e sacarlle moito proveito

Para comer e pasar a tarde podedes regresar  de Santa María de Nogueiras, baixando ata o río Miño

Quedan abertas outras visitas e andainas xa que quedaredes namorados destos lugares.

 

Ruta xeral  Tramo 1

¡Empezamos!

¡Mellor pola mañan, sin madrugar moito, pero con tempo!

 

 

Forma de chegar vindo dende Monforte de Lemos: Lu-533

Ver flechas bermellas.

Vimos pola estrada Lu-533, vamos atentos para coller para o encoro de Belesar, hai un rótul que pón Pesqueiras. Pasamos a presa e collemos a esquerda. Vamos ata unha estrada que hai a man dereita (900 metros dende o encoro). Dende alí non chega a 1 km. atopamos a Igresa de Pesqueiras. Un paseo entre árbores centenarios.

Hai unha ruta de wikiloc neste link que explica que hai tres km. seguindo o camiño que vai pegado ao encoro. e logo volvendo de frente. A ruta está perfecta descrita. Podemos,  os que andamos pouco ou nos costa moito,  ir directos como marco no mapa de Google Earth, así sería 1 km. En total ida e volta 2 km.

 

 

Mapa de situación da primeira igrexa a de Sta. María de Pesqueiras.

Tramo 1: visita Sta María de Pesqueiras.

Parroquia: Santa MARÍA DE PESQUEIRAS

Lugar:  27516 Chantada - Lugo

Coordenadas         42.630461    ,     -7.728762

462 m.s.n.m.

Chamar ao Concello de Chantada un par de días antes:

Tfno información: 638823592

 

 

Por fora mostra unha cara distinta que dende dentro, parecendo unha humilde igrexa que soio ten destacable esta porta sur.

 

 

 

Observar que a igrexa ten varias altura, sempre adaptadas ao terreno.

 

 

Santa María de Pesqueiras. Unha marabilla. Descoñezo ao autor da fotografía.

Desta igrexa sábese moi pouco parece ser que foi de monxas benedictinas polo 1120. o Edificio actual data do ano 1220.

O ábside hai que velo con calma ten unhas pinturas impresionantes do século XVI que foron rehabilitadas no 2006. Recomendo visitar a web, do link que aparece máis abaixo e levar unha idea das pinturas que vamos a ver.

Santa María de Pesqueiras. Unha marabilla. Descoñezo ao autor da fotografía. Unha mostra do interior.

Fotografía 360º sensacional. Pulsa para vela. Tamén na imaxen.

Descoñezo ao autor que felicito.

 

Para rematar decir que é Monumento Nacional dende o ano 1950

Unha auténtica xoia.

Información e visitas tfno: 638823592

 

 

Links moi interesantes sobre a Igrexa de Santa María dePesqueiras:

 

Santa María de Pesqueiras. Web de Turismo de la Ribeira Sacra.

 

Este link trae información moi interesante e unha fotografías fora de serie, en particular unha de 360º espectacular.

--o--

 

 

 

Vexamos cousas sobre a igrexa Santa Maria de Nogueira de Miño.

A igrexa está situada no meandro do río Miño chamado O Cabo do Mundo, pero na parte dereita do río Miño.

 

Desde a Igrexa de Pesqueiras saímos outra vez a LU-533, basta no cruce seguir o contrario, ou sexa, non ir a presa do encoro. Saímos a Presa do Couto e logo a xeral, camiño de Chantada..

Na xeral Ourense-Lugo N-540. A poucos metros collemos a esquerda a LU-P-1801 que nos leva por Vilar de Abaixo ata igrexa de Sta. Maria de Nogueira. A  9 kms.aproximadamente temos a Igrexa.

 

Tramo 2: visita a Santa María de Nogueira de Miño.

Localización da igrexa:

Parroquia: Sta Maria de Nogueira

Comarca: Chantada

Lugar:

Chantada - Lugo

Coordenadas         42.556332 ,     -7.713891

402 m.s.n.m.

A chave: preguntar nas casas que hai  a carón da igrexa. Unha Sra. ten as chaves.

Chamar  e pedir información: 699122740

 

 

 

 

A igrexa é impresionante ten mezclas de románico do século XII. Logo ten señais góticas, Sábese pouco da súa fundación. Chama moito a atención un gran rosetón  na fachada principal, fachada que foi remodelada no século XVIII.

Nos capitesi do presbiterio hai figuras de músicos, en romerías que poderían ser da zona..

Ten unha gran torre campanario e a fachada é barroca.

No interior destacan unhas impresionantes pintura, que fan que algún digas que esta igrexa é a capilla sixtina gallega e se fale do Maestro de Nogueira.

Son famosas as campás que seica se oen moi lonxe.

Unha igrexa que merece a pena visitar e disfrutar.

Teredes fotografías miñas moi pronto.

 

A fachada non é románica dende logo. É barroca. O campanario é impresionante.

Impresionante. Descoñezo ao autor da fotografía, que está sacada do link que aparece máis abaixo.

 

Fotografía 360º. Pulsar xa que é unha marabilla. Pulsar. Tamén na imaxen.

Descoñezo ao autor ó que felicito polo traballo.

 

Links interesantes sobre a Igrexa de Sata María de Nogueira.

 

Links de patrimonio de turismo.

Este link ten moi boas fotografías, en particular unha 360º que é imprescindible vela. Sensacional.

 

 

---o---

 

Para comer tendes una boa opción pasando a outra beira do río, ademais podedes seguir a tarde vendo lugares moi importantes da Ribeira Sacra do río Miño:

Dende a Igrexa de Santa Maria de Nogueira de Miño volvedes pola LU-P-1801 e a 5 km. colledes a dereita para Pincelo un pouco máis adiante cruzades o río Miño e colledes a dereita a 4 km. tendes a Praia da Cova. A Poucos kms. tendes un bon restaurante para comer.

A opción é  pasar o río, a acercarse a Praia da Cova, ver no mapa. Logo a poucos kms. tendes o  Restaurante A Cova onde se come bastante ben e cunhas vistas moi bonitas. Aquí comimos un grupo de amigos o día 05/05/2023.

Podedes dedicar a tarde a visitar a Casa museo de Arxeriz. Pode ser pola vosa conta ou con guía. Por suposto chamar antes.

A continuación tendes algúns datos da visita ao Museo de Arxeriz, que dende logo recomendo.

Por suposto subindo ao restaurante tendes unhas vistas marabillosas do Meandro do Miño chamado o Cabo do Mundo ver estas fotografías miñas.

 

Esta fotografía do que escribe está sacada dende o Mirador da Abadia da Cova. O lugar é un espectaculo.

Esta fotografía tamén miña, ou sexa Secundino Lorenzo, está sacda un pouco máis arriba. Abaixo tendes o mirador. O lugar é impresionante.

 

Sigo con fotografías impresionantes, aquí vedes o mirador abaixo. No río Miño no centro tendes a praia da cova, onde digo de ir a tomar un café, tamén hai restaurante. A esquerda tendes a Igresa de San Martiño. Esa casa que se ve a dereita é a bodega Adegas Moure, pode visitarse tamén, pero previo aviso e hai que pagar.

 

 

---o---

 

Casa museo de Arxeriz. Ecomuseo Pazo de Arxeriz.

 

 

Si comedes no Restaurante A Cova é desplazarse  1 km.

 

Esta é a posición do Ecomuseo Pazo de Arxeriz. Ir con calma, merece a pena.

 

Situación do Ecomuseo Pazo de Arxeriz

Lugar: Arxeriz s/n.  Fión.

27548   O Saviñao - Lugo

Coordenadas         42.558960 ,     -7.666393

589 m.s.n.m.

Non estaría de máis enterarse un par de días antes si estará aberto.

Aquí tendes un teléfono para chamar:  692941667 admite wassap.

 

Para volver dende Arxeriz indo a Vilariño colledes a man esquerda a Lugo -P-4102 que vos leva a poucos kms. a estrada Monforte-Chantada pola que comenzastes a mañán coller a esquerda para Monforte e para a casa.

 

Copio os seus fins:

"...O Ecomuseo Pazo de Arxeriz forma parte da Rede Museística de Galicia dende o 28 de novembro do 2008, en calidade de "Colección Visitable".

Esta experiencia museística comeza a súa andaina no 2004 coa idea de amparar, rescatar, defender, restaurar, expoñer, estudar, investigar e divulgar o patrimonio etnográfico e histórico-artístico da Ribeira Sacra. O proxecto iníciase dun xeito modesto en dúas salas, coa vocación de ir medrando e facendo museo.

A idea, dende o comezo, foi a de integrar e combinar os espazos expositivos das salas, no interior dos edificios, co entorno da finca, os xardíns, a horta, as construcións adxectivas, o castro e o bosque; coa intención de que os visitantes poidan alternar a visita interior co paseo exterior. O propio nome de Ecomuseo xorde da combinación de etnografía, historia e natureza que se da en Arxeriz..."

 

                      Este é o link do Ecomuseo de Arxeriz.

 

Saber o importante:

Primeiro : O horario.

Si vamos pola tarde a entrada é a 17:00 e a salida seróa as 20:00

É polo que decia de ir a tomar un café ou o que apeteza ao bar que hai na praia da Cova.

O ideal sería a visita guiada pero esa é pola mañán.

Ollo: De mayo a octubre: mércoles a domingo de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. De novembre a abril: mércoles a domingo de 10:30 a 14:30.

 

Decir que a visita a este museo é imprescindible, conozo o museo, fai 10 anos ou así visiteino,  xa que o tema dos ríos, que é a miña especialidade, dentro das miñas páxinas, fan uso e está atento as súas investigacións e achegas.

Así o tema das barcas do río Miño téñeno moi estudiado e merece a pena velo:

Ver a miña páxina sobre as Barcas de pesca  do Miño:

No museo de Arxeriz atopamos unha parte importantes das que trato na miña páxina:

 Barca das dornas, tamén moi usada polas zonas de Chantada e Os Peares; en tempos por suposto.

 

 

Barco das dornas. Este barco consta de dous cascos, flotadores construidos a partir de troncos de madeira rebaixados a golpe de trencha e que se chaman dornas, sobre elas asentase unha plataforma construida con tablas.

 

 

Nesta fotografía da miña visita con amigos, o museo de Arxeriz, vese o  Barco das Dornas,  coas dúas dornas á beira do barco e que por abaixo non ten nada co cal a flotación é perfecta e ademais é unha navegación silenciosa. É un barco típico de pesca e moi usado na zona. Permite aproximarse sin facer moito ruído, o cal é moi bon para a pesca.

Visita do día 05/05/2023.

 

 

Gústame moito esta fotografía que sacou Esperanza Peña, compañeira da pandilla de amigos, que estuvemos vendo o museo, xa que polo seu enfoque vese como montan o museo con fotografías apropiadas á barca. De feito vense dous pescadores nos Peares nunha destas barcas e no fondo a dereita un tronco que mostra como se fan as dornas que a compoñen. Tamén se ve unha Barca de Pousa.

 

Houbo destos barcos dende Belesar ata A Guarda.

Imaxen e texto sacada deste link

http://www.concellodechantada.org/spa/cultura_barcas.htm

 

Ou as barcas de pousa:

Barca da pousa:

Son barcas utilizadas na Ribeira Sacra para pasar os culeiros dende a finca á bodega. Outras veces tamén se pasan outros tipos cargas.

 

 

Esta fotografía está sacada da miña páxina sobre  Os rios galegos., concretamente do dicionario fluvial na entrada barcas.

 

Este barco da pousa  está no museo de Arxeriz. A dereita un tronco para facer unha das dornas.

 

Fotografías sacadas da ficha que ten Adela Leiro e Mon Daporta do río Miño; por certo unha xoia. Enhoraboa.

 

A misma barca con pousa pero cos culeiros.

A barca anterior pasando os culeiros cheos de Uva na vendimia. Simplemente aproveitaban para pasar da finca á zona da bodega para pisar as uvas.

Decir que nas "salas fluviais" do Museo está moi ben representado o tema dos barcos e barcas, así teñen os grandes barcos para pasar a xente incluso con ganado ou carros si fai falta, ata o batuxo, as lanchas da Lagoa de Antela ou os  carochos de Portugal. Todo barcas que foron incorporando pouco a pouco.

Tamén teñen moi estudiados os encoros tanto dos Peares como o de Belesar e os pueblos que desapareceron con estes encoros. Moitas fotografías e un mesado onde teñen os pobos todos que quedaron asolagados polo encoro de Belesar.

Noutra sala teñen moitos aparellos de pesca dende as canas, nasas, boiterón, caneiros, redes típica como a miudeira e a chumbeira, etc.

Nela podedes ver directamente algunhas das artes que tanta fama deu o río Miño:

 

Resumen feito polo gran etnógrafo galego Xoaquín Lorenzo Fernández.

 

Neste resumen de aparellos tendes a maior parte de aparellos de pesca utilizados no río Miño. Pois ben no Museo podedes ver moitos deles. Tamén o aparello usado nos caneiros, famosos sobre todo na provincia de Lugo.

Sorprendeume gratamente que no museo tuveran a rede anguieira que se utilizaba nos caneiros para coller anguías, e que Sonia. a guía do museo,  explicou perfectamente como se utilizaba.

Non saquei fotografía xa que na miña páxina, concretamente no dicionario fluvial explico con todo tipo de detalle a utilización dos caneiros e nela teño esta fotografía:

Unha mágoa que os caneiros quedaran totalmente sin utilidade no río Miño debido os encoros, había moitísimos no río Miño sobre todo dende o Saviñao ata ben pasado Lugo. Esta rede ou outra similar está neste Museo de Arxeriz...

 

As explicacións foron moi boas, nesta última visita atendeunos Sonia que centrou moi ben os temas e explicou dabondo cada un dos materiais etnográficos do museo.

 

Outros tema etnográficos estuveron dedicados o viño e as vendimias,  un tema básico nesta zona, estamos na Ribeira Sacra do Miño, un lugar con viños de alta calidade e bodegas moi importantes. Unha mágoa que o encoro de Belesar estragara algunhas das mellores fincas...O progreso...

 

No local de exposición teñen unha chea de pipas e bocois, así como cántaros de medición do viño. Tamén alambiques de todo tipo.

Na fotografía de Esperanza Peña vese o clásico recipiente, unha pipa especial,  onde se pisaba o viño recién vendimiado. Tamén colgados os famosos "pelexos" que en tempo se usaban para transportar o viño. Sonia con moito detalle explicou como se facían estos recipientes e sobre todo como se poñían esas especies de cordas, feitas de polas de salgueiro para suxetar perfectamente a madeira. Moi interesante todo.

No se esqueceu de comentar a importancia que tiña a cabra na época das vendimias, xa que ao final na comida de celebración era o plato principal. Na fotografía, colgados da trabe, vense algúns destos pelexos.

Por suposto todo ó relacionado coa viticultura tradicional.

Rematou a visita ao museo cunha visita ao Pazo, do século XVII; pero polo medio tamén había , hórreos,   unha capela e un castro.

Sonia explicou de quen era actualmente o Pazo e a súa historia, así como os escudos que están na entrada.

 

Marabillosa fotografía dun balde para ir a fonte e traer auga pra casa. Aquí Sonia contounos máis dunha anécdota relacionados cunha moza que cando chegaba a casa, as veces, caíalle o balde e tiña que volver á fonte  buscar, outra vez,  a auga...cousas de amores...xa se entende...iría encantada.

A fotografía é de Esperanza Peña.

Nota: dime Pili Aira, que en Calvos (Vilasouto -O Incio)  non lle chamaban balde, o nome era sella, efectivamente sella é nome galego "...recipiente de forma troncocónica, feito con doelas de madeira suxeitas con aros de metal, que se emprega para transportar e conter auga"

 

Esta fotografía é de Teresa Velasco. Outra compañeira do grupo que estuvemos vendo o Museo. Estas árbores, neste caso carballos, sorprendéronos a todos pola súa antiguedade. Este dende longo non lle faltaría moito para os 500 anos.

 

 

O entorno é marabilloso, mismo a chegada e no camiño que leva ao Castro de Arxeriz hai carballos con moitísimos anos, como este da fotografía. Todo moi ben coidado.

 

No castro estase a traballar actualmente.

 

O Castro de Arxeriz está a 300 m do Pazo.  Fotografía de Google Earth.

 

Fotografía do Castro de Arxeriz de Andrés Glez. Castro, sacada dende un dron.

Esta fotografía está sacada deste video sensacional de Andrés.

 

Fotografía do Castro de Arxeriz, sucalco que da ao oeste da zona, ao fondo o Cabo do Mundo, e a praia de Cova.

A fotografía, tamén marabillosa,  é de Teresa Velasco.

 

 

Actualmente,  mes de maio de 2023,  está excavado unha parte do Castro e feito na entrada un simil dunha vivenda do castro. Todo moi ben pensado.

Fotografía de Esperanza Peña.

 

Aproveito para das as grazas as compañeiras Esperanza Peña e Teresa Velasco polas súas fotografías que enriquecen este pequeno traballo.

 

 

A maior parte da flora que hai no traxecto está debidamente indicada cós seus nomes

Levan dende o ano 2004, ampliando e perfecionando o ecomuseo.

 

 

Unha chea de cousas moi interesantes.

Imprescindible a súa visita.

 

                                                                           

Ata aquí a chuleta da excursión.

 

 

 

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.

 

 

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA DESTE TRABALLO:

 

Este traballo concreto ten dúas fontes principais

(1) O gran libro "Cuaderno del Románico en la Ribeira Sacra" o mellor libro que conozo sobre este tema.

 

 

Autor Francisco José Ruíz Alderguía.

Ediciones La Rectoral Ver Sacrum 2011.

Deste libro saquei o máis importante xa que o autor é un auténtico detallista a hora de describir cada elemento do noso gran patrimonio, neste caso a Ribeira Sacra.

 

(2) As miñas visitas pola zona sempre con guías especializadas. Unha posibilidade que me deu Concellos como O Saviñao o facer as excursións ao patrimonio da zona da man de guias expertas e con montaxes  distintos, acudir cada un do seu lugar que quixera e logo compartir os vehículos de cada uno. Unha gran idea. Ano 2013 por exemplo.

 

 

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.