Acea do Bubal. Merece a pena vela. Antiga central eléctrica.
Peares. "Acea
do Bubal", trátase dunha casa de turismo rural mismo na desembocadura do río
Bubal, afluente do río Miño xusto a trinta metros. Os Peares é onde empeza o
canón do río Sil. Aquí aproveitaremos para citar o "Principio de
perceptoloxía" según o cal o río que no momento de xuntarse forme maior
angulo coa dirección que sigue é o río principal. Según este principio, o
río Sil é afluente do río Miño. Non creades que a cousa é tan fácil xa que
"O Miño leva a fama e o Sil leva a auga". O licenciado Molina decía que o
principal era o Miño, que non era extranxeiro...Eso sí o máis longo é o Miño
(310 km.), contra o Sil (225 km, 106 en Galicia).

Observar que o ángulo A que forma o
río Miño coa súa prolongación e maior que o ángulo B que
forma o Sil coa prolongación.
O seguinte paso e trasladarse a Luintra, o
pueblo dos afiadores, bon lugar para tomar un cafe, ver ese
monumento e seguir a San Estebo de Ribas do Sil. Ver o mapa e coller
para Nogueira de Ramuin (Luintra).
.jpg)
Monumento de Buciños ao Afiador en Luintra. Camiño de Santo
Estevo. Precisamente en Sto. Estevo veremos unha exposición de Rodas de
Afiar típicas da zona.
-------------------------------------------------------
Seguimos o mosteiro de Santo Estebo:

Este é o mapa de situación dende Os Peares ata San Estevo. Por
certo enfrente desemboca o río Cabe que ven de Monforte de Lemos
dende O Incio
.jpg)
Esto é Santo Estgebo, soio por esto xa merece a pena facer a
visita, pero hai máis, moito máis.
Mosteiro
de San Estevo de Ribas do Sil: mosteiro Bieito
(Ora et labora, xa sabedes), (Século X inda que xa no VI era
cenobio). Este monasterio na
Desamortización de Mendizabal no século XIX (1.835) e posteriores anos
quedou feito un desastre. Ver fotografía más abaixo. Hoxe está totalmente
reformado (Suances, Freixido e Vecoña foron os arquitectos que fixeron a
reforma, discutible pero quedou bastante ben) e ten fama de ser un parador
fora de serie. Dende logo está nun lugar marabilloso e ten unha ladeira de
castaños impresionantes ata o río.
No parador temos de todo dende tres
claustros dous renacentistas (o grande e o pequeno onde estaba a
piscifactoria do monasterio, tiñan troitas e anguías, estos si que
sabían...) e un románico o dos obispos que hai que ver con detalle, as
dobles columnas, as figuras do teito, as pinturas do Sur, todo
impresionante. Ten outro piso superior doutro estilo, oxival
dexenerado do s. XVI; ata una fachada barroca con tres escudos que hai
que ver (O Imperial arriba o do monasterio coas 9 mitras de obispos entre
elas a do famoso Franquila e o de Castela, congregación de Valladolid, a
dereita). Unha iglesia románica (S. XII) , pero con moitos elementos de
transición e que ten unha construción moi especial. que chama a
atención. Ten tres naves, ver como dunha, máis baixa, parten as outras,
polo tanto máis altas. A iglesia é pequena pero merece a pena vela. Ten un
retablo pétreo moi curioso, é románico que representa a Cristo e os
apóstoles.
No Monasterio había de todo dende
panadería, hospital, hospedería, casa da inquisición, casa do ciruxán
(estaba fora), etc. Pasaba un pequeno río pola cociña...
Do parador actual gústame moito un
comedor que teñen abaixo entre castaños, pódese ver. As habitacións están
ben pero o precio chégalle (no 2011 un fin de semán 110 €).

En San Estevo hai moito que ver: os claustros, ollo que é parador e de
categoria, e moitas cousas. Sempre hai algunha exposición, hai que ver a
igrexa, ten unha ara dos apostoles incrible.

Claustro principal. Hoxe enfrente está o parador nacional de San Estevo de
Rivas do Sil

Outro dos claustros marabillosos que ten.

Fachada principal.

Esta peza hai que vela, está dentro da igrexa. Xesucristo e os apóstoles.
Este
é o afiador. Veremos
unha exposición de rodas de afiar no Mosterio de Sto. Estevo na primeira
planta. Sin dúbida, o afiador é o traballo máis representativo da zona . Xa
sabemos o de "Ourense terra da chispa", tamén "Ourense terra de afiadores e
paragueiros". Esta estatua está nunha plaza de Luintra. Pasaremos por alí.
Seguimos avanzando camiño de Sta. Cristina, outra xoia.
Antes de chegar temos un mirador ao canón do Sil

Impresionante vista do Canón do Sil. Enfrente os miradores de Cividade da
parte de Lugo e polo medio enfrente Monforte de Lemos. Vamos camiño de Sta
Cristina.

Antes de chegar a Sta Cristina hai un helipuerto, con lugares para
pernoctar, e miradores, merece a pena ver o lugar. Impresionante. Son o
que se chama "Camping canón do Sil". Os miradores chámanse "Pena
da Cividá".

Outra vista.
.jpg)
Esta é a vista dende os miradores.

Fotografía de Sta. Cristina sacada dende o mirador Cividade 1 doutro
lado do Sil, dende Sober, era ao final do inverno pero vense os soutos
perfectamente.

Baixando a Sta. Cristina, dende logo está nun lugar incrible. O redor
todo soutos.

Interior da igrexa de Sta Cristina. Altar.

Parte de atrás do abside de Sta Cristina.

Monasterio de Sta Cristina. Paso previo a San Estevo.
Mosteiro
de Sta. Cristina. De
camiño de S, Estevo a S. Cristina pasaremos por dous miradores ó canón do
Sil dende un deles está sacada a fotografía que vedes máis abaixo. Tamén
veremos onde Iberdrola pretende facer un Lago, que crea moito división na
xente, e que vai afectar moitísimo a zona.
O Mosteiro de Sta. Cristina (s. XII a
iglesia, do cenobio xa se fala no ano 876), o cal baixaremos andando como un
km. entre castaños, como vivian os monxes..., está nun lugar incrible.
Dentro do pequeno, é fermosísimo. A iglesia é románica pura ( planta de cruz
latina, con tres absides no cruceiro, ventanales e arcos de medio punto).
Dentro da iglesia pouco hai hoxe , o retirar o altar apareceron as pinturas
de tres Santos, S. Domingo, S. Antonio e S. Tomás e por riba Santa Lucía e
Santa Bárbara. No vos perdades pola parte da fora, os canes, as
figuras con elementos decorativos que fixeron os canteiros, destacan as
figuras de personas, algunhas en posicións simpáticas e as bestas; hai
de todo...
Os laterais son moi bonitos con
ventanais enmarcados en columnas, casi nada...
O rosetón e a portada son únicas.
A torre da iglesia é especial, a
arquería apuntada na base é gótica.
Na fachada principal da iglesia tendes
a firma do canteiro -xefe. Hai que buscala?..
O mosteiro é pequeno pero espectacular.
É posterior, s. XVII.
Os monxes pasaban de Sta. Cristina a
San Estevo, xa que no s. XVI foi priorato anexo.
Dice moita xente que "en Sta. Cristina
buscouse a Deus, con máis ventaxa que noutros lugares..."

Ollo, esto é o que queren facer, moi preto de Sta.
Cristina.

O
barquilleiro de Parada do sil. Os
barquilleiros dedicábanse a fabricación e venta de barquillos, que era unha
pasta delgada que facían con forma de barco ou abanico, tamén en forma de
tubo. Eran de sabor exactamente como os cucuruchos dos xelados. Sabía ben.
Iban pola festas e levaban os barquillos nun cilindro que remataba nunha
tapadeira que tiña unha especie de ruleta. A xente pagaba, dáballe o redor a
ruleta e o que tocaba un tipo de barquillo, as veces dous, etc. Ver a
tapadeira na fotografía de abaixo.
Inda hoxe se ofrecen barquillos en
algunhas praias de Galicia. As veces en Riazor, na Coruña.
No Concello de Parada do Sil,
onde hai una figura para lembrar o barquilleiro, moitos veciños
practicaron esta venta en tódalas festas de Galicia e tamén en outros
lugares como Madrid, víanse moito no San Isidro en tempos, despois da
guerra.

Na esquerda está a tapadeira do
barquilleiro e algunhas das formas así como o molde. A dereita
un barquilleiro en Madrid, no San Isidro.

Balcones de Madrid. Espectaculares vistas o canón do Sil.
Os
Balcóns de Madrid. Son
uns miradores moi espectaculares que hai en Parada do Sil e nos que se pode
ver, si o día o permite, varios kms. de Canón do Sil. Merece a pena.
Chámanse "Balcóns de Madrid" , primeiro
porque son miradores e segundo porque nese lugar, abaixo no canón, había uns
barqueiros que pasaban os barquilleiros de Parada do sil o outro lado. Os
Barquilleiros iban a Monforte para coller o tren que os levaba a Madrid. Alí
vendían os seus barquillos.
Aquí en Parada do Sil eu comería, hai
moi bos restaurantes pero convén encargar antes.
Restaurante Parada do Sil é
unha boa opción. Tfno 988208189
Pola tarde tendes varias opcións eu
faría despois de comer e descansar a ruta de Barxacoba é moi corta, un paseo
interesante e despois si quedan ganas unha visita a bogeda Ponte da Boga que
mercou Estrella Galicia non fai moito.

Situación da Ruta da Luz. Barxacoba.
Rematades baixando pola Teixeira ata o
Sil e cruzando a Amandi, concretamente a Doade. Dende alí a Monforte e
rematades.
Hai moito máis que ver como San Pedro
de Rochas, ou Montederramo o mosteiro, pero un día non da para máis .
Si a visita se fai dende Ourense, esas
dúas visitas son obligatorias xa que podedes subir a Montederramo e logo a
volta parar en San Pedro de Roca que é fora de serie.
Si se fai dende Lugo como é este caso o
lóxico é na Teixeira baixar ao Sil e cruzar a Doade e xa camiño de Monforte
de Lemos, si non faríase pesadísima, son moitas cousas e moitas emocións.

Ruta de Barxacoba, espectacular.

Trátase dunha ruta espectacular sobre o río Mao.
A
ruta de Barxacoba. Entre
Parada do Sil e a Teixeira atopamos o Canón do río Mao, que dende Leboreiro
baixa ata Barxacoba. Espectacular e inacesible salvo polo canle do río. En
moitos lugares ten fervenzas de moita altura. Teño ganas de velo dende un
avión, seica é impresionante. Por certo na zona hai ese servicio de vo, xa
vos direi onde...
Pois ben, na súa última parte,
antes de chegar e desembocar no río Sil, rematan de facer un sendeiro de
3,15 km. moi espectacular. O sendeiro pode facerse hacia a desembocadura,
dende a antigua fábrica da luz ata Barxacoba ou o revés.
Nos farémola baixando, como
corresponde... O río actualmente leva auga, é un río bravo con moito
desgaste de rochas e non poucas marmitas, poteiras, pilacóns o como
queirades chamarlle a esos pequenos pozos que fai a auga xunto coas pedras
nos leitos dos ríos e logo producen remuiños.
A zona ten unha vexetación moi rica
en amieiros, salgueiros, loureiros, pradairos e madroños. Destacan
como plantas entre outras típicas: a xilbarbeira e a cantroxiña.
Ata aquí a chuleta da excursión.