A Ribeira Sacra de Pantón
Provincia de Lugo
 
Parte 1.
 

 

Faremos unha excursión de un día, pódense facer varias en varios días, pernoctando en lugares de Pantón marabillosos e logo desplazándose. No concello hai de todo dende hospederias, mesóns, casas rurais e ata mosteiros (hospedería do Mosteiro de Ferreira, soio mulleres). Para comer hai moita variedade e unha excelente calidade, unha pasada...

Vou indicar unha soa excursión, pero repito podedes facer varias. Queda moito que ver:  mosteiros (como o de Sta. María de Ferreira de Pantón, ocupado polas "bernardas"), igrexas fantásticas,  como San Estevo de Atán ou a Divino Salvador de Ferreira, ermidas,  pazos (como o de Ferreiroá e outros),  casas grandes (como a Rectoral de Castillón e outras)... Restos arqueolóxicos (mámoas, castros, petróglifos, etc). Cruceiros, muíños, fornos, miradoiros. Adegas unhas cuantas, por suposto con viño de "sete estalos" , o pueblo de Míllara e moitas máis cousas.

Escollo só unha pequena mostra.

O feito de dedicar a esa excursión tres partes é un tema informático, simplemente para non cargar demasiado o texto e facelo lento...

A primeira parte só nos levará  á Os Peares e a igrexa de San Vicente de Pombeiro.

 

 

 Os  Peares:

 

Dende calquer lugar de Galicia é doado chegar á Os Peares. Ao final por estrada iredes tanto dende Monforte como dende Lugo pola N-120. Dende a Barrela tamén hai unha estrada a Os Peares. Por suposto tamén en tren. Esa ponte de ferro, de finais do século XIX, permitiu que o tren chegara a Ourense nese século dende a meseta.

A visita está pensada para que visitedes os lugares desplazándose cun automóvil.

 

 

No mapa vense Os Peares, un lugar marabilloso para calquera que ó visite. Aquí xúntanse tres ríos, o río Miño, o río Sil e un pequeno río, o río Bubal. Aqúi tamén se xuntan as Ribeiras Sacra, a do río Miño, e a do río Sil e por suposto unha subzona básica que é a Ribeira Sacra de Pantón que ten a cualidade de compartir as dúas.

Os Peares é un pueblo que pertence a dúas provincias, a de Lugo e a de Ourense e catro concellos que aparecen no mapa referenciados e perfectamente diferenciados. Podedes ter algún problema para delimitar Carballedo e A Peroxa, pero o río Bubal é quen delimita eses concellos.

Por si non quedara claro.

 Observar no dibuxo que no río Sil hai dúas pontes unha da N-120 actual e outra a da N-120a, esa é a que tendes que pasar para logo cruzar o río pola ponte de Ferro e camiñando e facer unha pequena excursión e logo ir a segunda parte, a igrexa de San Vicente de Pomboeiro.

 

Os Peares é a orixe das dúas Ribeiras Sacras. Para mín é un lugar único, dunha beleza marabillosa e que me trae moitas lembranzas, tanto de neno como xa de maior. En tempos remotos, collíamos anguías na casa da miña madriña, un pouco máis abaixo da fotografía, onde desemboca o río Barra en Barra de Miño, tiña un muíño na misma desembocadura. Posteriormente, xa de maior, pesquei troitas camiñando dende Barra de Miño ata os Peares, sempre pola marxen dereita do río e volvía en tren. En algúns lugares soio podía ir pola vía do tren...

 

 

Na fotografía, sacada dende o mirador que hai na parte de Ferreira de Pantón vese no centro a esquerda casas de Os Peares que están en Nogueira de Ramuín (Ourense), a dereita a Estación dos Peares, na dereita do río; estación que está na Peroxa (Ourense), Tamén vense dúas pontes.  unha delas, á do tren,  con máis dun século de historia, foi inaugurada en 1884, e outra xoven, a Ponte chamada de Feijoó, que é de 2016.

Aconsello que deixedes o coche pasada a ponte do Sil, é decir, nos Peares da zona de Ferreira de Pantón; xusto onde se ve esa casa de catro balcóns. Así poderedes pasar pola ponte de ferro ao outro lado do río, pola parte peatonal que ten a ponte e acercarse, como excursión,  a Acea do Bubal, que está na outra beira, a dereita da fotografía.

 

Si queredes ver máis fotografías de Os Peares , pulsa neste link: unha web do que escribe, dedicada ao río Miño.

 

Si queredes ver a historia da ponte de ferro dos Peares e da ponte de Feijóo pulsar este link: unha web do que escribe que trae a historia das 52 pontes, que ten, de momento,  o río Miño.

 

 

Neste lugar e cruzando esa ponte marabillosa de ferro, hai un camiño sin problemas na parte dereita da ponte con doble barandilla, tendes vistas únicas do río Miño e do río Sil. Nesa parte dereita da fotografía é onde podedes deixar o coche e facer esta pequena excursión. Si algún ten medo de pasar pode ir andando, ou co cocbe,  e pasar pola ponte de Feijóo ao outro lado. Serían 2,5 km. ida e volta andando.

 

Nesta fotografía vese a desembocadura do río Bubal enfrente, así como a Acea do Bubal que recomendo visitar.

 

Quizás mellor nesta fotografía, vese  mellor a desembocadura do río Bubal e a acea do Bubal xusto detrás desa pasarela que hai por riba do Bubal. Esta fotografía está sacada dende un mirador que hai subindo a igrexa de San Vicente de Pombeiro. A 200 m. do cruce.

 

Acea do Bubal. Hoxe é un bar e un pequeno museo. Antiguamente, e inda se conserva toda a maquinaria,  a acea tiña unha pequena central de luz eléctrica, que daba luz á zona; antes por suposto de facer o encoro de Os Peares. Subindo, doutro lado do río hai un paseo.

 

Nesta outra vense os tres ríos e tamén o tellado da Acea do Bubal. Hai un pequeno sendeiro por este río subindo a esquerda do río que merece a pena, non chega os 500 m e vese a presa da fotografía seguinte.

 

 

Presa que permite logo desviar a auga para producir electricidade en tempos pasados. O río é o río Bubal e o lugar marabilloso.

Ata aquí a visita Os Peares. Regresar ao coche.

 

 

 

 San Vicente de Pombeiro:

 

Dende Os Peares bastaría coller a 200 metros, subindo  a carón do río Miño,  a estrada Ourense a Monforte antiga, ata o cruce coa  estrada Lu-P-4104 que vedes no mapa que sigue. A Igrexa de San Vicente de Pombeiro esta a pouco máis de 3 km. dende o cruce.

Tendes un mirador de Os Peares a 300 metros, merece a pena parar na misma curva.

 

No mapa tendes a estrada Lu-P-4104 e onde se colle. O pasar a ponte do río Sil, estrada Ourense a Monforte antiga ou N-120a, hai exactamente 370 m.

 

A estrada Lu-P4101 vai río arriba polo río Sil, pasando por un pequeno encoro que se chama de San Pedro, que se ve no mapa.

As súas coordenadas son: 42.44812  , -7.70301.

Son aproximadamnte tres kms. dende Os Peares.

 

Esto é a Igrexa de San Vicente de Pombeiro e o Priorato, hoxe rectoral. O Río é o Sil. O oeste está a dereita.

A fotografía está sacada dun video do Concello de Pantón. O lugar é marabilloso

 

Esto é a Igrexa de San Vicente de Pombeiro e o Priorato, hoxe rectoral.

A fotografía está sacada dun video do Concello de Pantón.

 

No que sigue si non poño o autor das fotografías enténdese que son do autor da web.

 

A igrexa de San Vicente de Pombeiro merece a pena visitala. Está nun lugar marabilloso e ten ese aspecto que se ve, de gran igrexa. Esta é a parte sur. Por detrás está  a fachada principal e o priorato, actualmente casa parroquial. O cemiterio está o comenzo deste camiño que se ve.

 

Vista do cemiterio mirando o lado contrario. As mimosas habería que controlalas un pouco.

 

Ó fondo da fotografía o Mosteiro de San Vicente de Pombeiro, por detrás está a fachada principal e o Priorato. Unha auténtica marabilla fundada antes do ano 1000 pola Reina Dña Gotona, esposa de Sancho Ordoño e que nace como Priorato, logo foi cedida a orden de Cluny, pola infanta Urraca, filla de Alfonso VI, rei de Galicia e León.. En 1200 comenzou a facerse as obras do templo, xa existía o mosteiro,  de planta basilical de tres cabeceiras e catro tramos na nave. Seguidamente faltaron os cartos e quedou a cousa a medias. Todo esto pode verse por dentro a pouco que se analice. A partir do século  XVI pasou a depender de Santo Estevo de Ribas do Sil.

No século XVIII faise  o Priorato ou casa-pazo na zona norte que logo sería a casa rectoral e a igrexa parroquial. Coa desamortización do século XIX convírtese en casa rectoral e igrexa parroquial..,

Non hai que esquecerse de contar o cambio que lle deu un párroco e o seu irmán coadxutor, os dous afeccionados á carpintería e outros traballos,  a principio de 1900. Terminaron en madeira e escaiola o abovedado e  as pinturas desapareceran  casi 100 anos. Nas pinturas si investigades están as razóns que motivaron ao párroco a tapalas. Mirai con calma, douvos a pista de que miredes a pintura do suizo final. Tranquilos que o final porei onde está precisamente esa pintura, dentro do plano da igrexa.  Seica os parroquianos estuveron moi orgullosos da súa igrexa con bóvedas de canón que simulaba sillería durante un século ata que chegaron as rehabilitacións de 1996.

Nese ano 1996 rehabilitouse e volveuse, afortunadamente, ao que había primitivamente;  foi cando apareceron as pinturas primitivas. Estas pinturas, que son  do ano  1460 e que seguramente sexan as máis antigas de Galicia. Espero que teñades  a oportunidade de entrar e velas, merece a pena...A máis antiga data de 1460, data na que se sabe por un documento que o abade Cluniacense don Vasco encargou para a capela maior unha lamentación sobre un Cristo morto e unha Última  Cea: dice  Fco. Jose  Ruíz Aldereguía, no libro que poño na bibliografía, que son de estilo hispano-flamenco inda que cunha factura e composición un tanto primitivas. Tamén hai un  Calvario e un San Vicente, e unhas esceas do Xuizo Final. No primeiro pilar do Norte hai unha composición  con tres xeneracións representadas: Santa Ana, a Virxen María e o Neno Xesús. En total son 80 m2 de pinturas ao fresco procedentes de distintos mestres.

 

Planta de San V. de Pombeiro. Ten ademais  unha torre e tres ábsides

Dibuxo do libro citado na bibliografía.  

 

Para ver esas marabillas,  programar a visita debidamente, e pedir o Concello de Ferreira de Pantón que veñan abrir, para facer unha visita interior. Merece a pena non soio para ver as pinturas si non tamén para situarse e ver como foi a andadura da construción desta igrexa que empezou querendo ser un gran templo, vese perfectamente por fora, ver a planta do dibuxo,  e rematou como se pode ver por dentro, sendo bastante máis pobre; todo fai pensar  que dentro haberá uns pilares que sosteñen unha bóveda de canón, pero esta nunca chegou  a facerse. Seguramente houbo un cambio de parecer, que poido ser xeral para a orden do Cister; lembrar ó de "ora e labora", e menos luxos...

 

Notas: A chave pódemola atopar, fai uns anos, nunha Casa cor amarela de Cibrisqueiros. O que a tiña chámase Jaime. Hoxe no 2024 habería que confirmar este dato.

 O máis seguro e llamar ao Concello uns días antes.  Tfno.:  982456377 (Esto é cultura en Pantón)

 

Nesta fotografía aérea, sacada dun video propiedade do Concello de Pantón,  podedes ver o conxunto. A igrexa está orientada ó poniente, como tódalas románicas,  e ten ese aspecto de grande igrexa e importante convento. Na parte de fora e no sur ten un cruceiro.

 

 

Esta é a fachada principal. Moi interesante, pero sencilla e chama á atención o  tornaaugas. A decoración das columnas e demais é a típica con elementos da terra por exemplo as vides e os frutos que dan.

Os expertos opinan que hai similitudes coa Catedral de Ourense,  e que traballaron artesanos dos talleres do mestre Mateo.

 

Esta fotografía non é do que escribe e  descoñezo ao autor da misma.

 

Esta si é do autor da web, puxen a de arriba xa que se ve mellor o sol e as catro follas. Tamén o feito de que borraran algunha delas.

O tornaaugas é unha auténtica marabilla, ata seis arcos de media punta que rematan nun puntos de apoio en forma de cabezas por debaixo ten esas filigranas que representa o sol, soio catro xa que se eliminaron dous nunha reforma e por riba ese dibuxo con catro follas.

 

Fotografía da porta sur da igrexa. Está sacada da web Galicia pueblo a pueblo. A parte sur é para mín a máis bonita. A porta e o rosetón teñen moito traballo e moitos detalles. O rosetón leva perlas e rosetas cuadrifolias.

 

Este é un detalle das archivoltas da entrada que ten na parte sur, ver fotografías anteriores, onde tamén hai un rosetón moi interesante. Na entrada a esquerda no comenzo da primeira archivolta vese o lobo, do outro lado debera verse un zorro ou algo similar. O mal e o ben.

 

Na fachada norte, que se ve nesta fotografía sacada da web Galicia pueblo a pueblo,  non hai ventanas e está situada unha porta bastante bonita e ben feita, seguindo a liña das demais. Posteriormete, hoxe, ten un cristal como porta será  para así ver o interior e non molestar. A verdade que non me parece boa idea. Dende logo as pinturas non se poden ver con detalle, eso é evidente.

 

Na parte esquerda da fachada vese unha torre campanario, cadrada na base e circular no último tramo. Na fotografía, sacada dun video do Concello de Pantón vese perfectamente.

 

 

O abside é espectacular por fora e por dentro por suposto; con  moitísimos detalles e  con motivos xeométricos e animais.

Curiosa escultura. Dúas aves enlazadas.

 

Dentro vese que a espectacularidade dos contrafuertes que vimos fora, inda que  non teñen dentro o seguimento. Espérase que teña unha bóveda de canón, pero nunca se fixeron. Malia ese detalle a igrexa é maxestuosa e merece moito a pena,

 

Estuvemos vendo a igrexa un grupo de alumnos do que escribe, a maioría de Ribadavia. Alumnos da miña época de profesor entre 1968 e 1977 no ITEM (Instituto técnico de ensino medio)  de Ribadavia. Pedíramos uns días antes que nos abrisen a porta a unha hora determinada e así foi...

 

Vexamos algunhas das pinturas que hai no teito e nas paredes:

 

A baixada do Cristo da Cruz. Nesta pintura na parte esquerda abaixo figura o autor d. Vasco e o ano que fixo as pinturas.

 

O Xuizo Final, ao fondo na parede;  a dereita o Cristo na cruz, este está nunha das columnas.

 

Todas estas pinturas que se deben a un abate D. Velasco ou D.Vasco que ademais aparece nunha das pinturas onde aparece tamén o ano que as fixo, entre 1457 y 1472 , están nun traballo  feito por Alicia P. Suárez Ferrín e que tendes neste pdf, Las pinturas murales de San Vicenzo de Pombeiro. Un gran traballo.

 

 

 Neste dibuxo da planta da igrexa están escritos os motivos das pinturas e situadas exactamente onde están;  un traballo marabilloso do autor do libro, Francisco José Ruíz Alderaguía.. Penso que se entende perfectamente. A orientación do plano da igrexa  é de abaixo arriba sur-Norte e de esquerda a dereita oeste-este.  No centro hai dúas columnas tamén con dibuxos.

Este esquema axuda moito para saber de que van as pinturas que se conservan.

 

---o---

 

Recomendo para ampliar á web de Galicia pueblo a pueblo, Moi boas fotografías e moito detalle nos textos. Merece a pena botarlle unh vistazo.  Este é o link.

 

---o---

 

 

Bibliografía e comentarios ao marxen:

Brevísimas notas sobre o Románico da RIBEIRA SACRA:

 

 

Aclaro un dato sobre o nome de Ribeira Sacra:

Os limites están no mapa que está copiado do libro que poño máis abaixo. Unha xoia auténtica.

No libro escríbese da boa fortuna do seu nome, Ribeira Sagrada, ou Ribeira Sacra, que foi un "error" na transcripción dun documento que facía referencia as donacións de terras efectuadas a uns monxes pola reina ou condesa Teresa, para erixir un monasterio, nun lugar de Montederramo, o que chamaba Bosque de Robles Sagrado (Rovoira Sacrata).  Co tempo o término Ribeira sacra, foixe extendendo a zona ribeireña das confluencias do Miño e do Sil, onde se levantaron monasterios, ou outros edificios relixiosos, sin definir un espacio concreto.

 

Soio lembrar algunhas órdenes relixiosas, que foron as precursoras deste arte,  como os Benedictinos (que funda Benito de Nursia. Mosteiro de  Montecassino. Napoles. Siglo VI.  "Ora e labora". 73 normas,  sete oracións o día  Laudes (3),prima (6), tercia(9), sexta(12), nona(15), vísperas(18) e completas(21)). Exemplo Sto. Estebo Ribas do Sil, Sta Cristina, San Pedro de Rocas, etc.);  a Abadía de Cluny ( Regla reformada por  Guillermo Duque de Aquitania. Francia Central 910. Razóns: depender do Papa e non dos Señores; cortar a moita riqueza acumulada polos Benedictinos e ver que se perdera a base, que era cuidar as almas,... Monxes Cluniacenses. Exemplo San Vicente Pombeiro) ó que siguen outras como os Cister (Regla, tamén  reformada,  por Bernardo de Claraval en 1119. Mao dura, xa que volveran as andadas das riquezas: volta a S. Benito "Carta de caridad"Cistercienses. Exemplo  Montederramo. Xunqueira Espadañedo. triunfou chegou a ter 60.000 monxes e , nuns 340 mosteiros que se triplicaría en pouco tempo...), que tuveron moito que ver coa renovación da espiritualidade e un novo estilo de vida en Francia, Italia e unha boa parte do norte de España,  Portugal e tamén en boa parte de Europa central e o norte.  Os cistercienses chegan ata hoxe en día.

Citar que tamén tuveron a súa importancia as órdenes de caballerías como os Templarios (Exemplo Hospital Incio) e outros. Tamén por suposto, ter en conta,  a influencia das peregrinacións, as cruzadas, así como os poderes políticos e relixiosos que forman o cerne do románico.

 

 

É unha paradoxa dice Fco. José Ruíz, no libro que cito máis abaixo, que aquela sociedade belicosa, certamente inculta, ansiosa de poder e de riqueza, desconsiderada coa inmensa maioría pobre e embrutecida, creara o románico. Un arte que para representar o ceo e a grandeza do Creador necesitaba un templo con bóvedas de sillería con todos os problemas que arrastraba. 

Esas bóvedas veremos que inda están en pé despois de tantos séculos...

Fixérono moi ben, sin dúbida. Grandes mestres...

Tamén  repasar catro cousas sobre as plantas de cruz latina e outras, a orientación este-oeste, os rosetóns, as bóvedas de canón e as torres ou campanarios. Decir que había escolas de "Mestre de obra" nesta zona,  como a de Ourense e Vilamarín e mestres que deixaban firma, así o mestre de Eiré...e sobre todos o mestre Mateo, o mellor de todos.... A importancia das fachadas, portas de entradas, etc. O Románico comenza en Galicia realmente a finais do século XI.

Sabemos de sobra que os mosteiros buscan lugares onde a auga esté cerca, onde se poidan cultivar viño, castaños, etc. e dispoñer de pesquerías con moitas anguías,  salmóns, troitas e sábalos,  como estes do Sil.

Sabemos tamén da Regla Benedictina de "Ora et labora" dos primeiros monxes, a acumulación de riquezas ata chegar a "Carta de Caridad" dos Cluny, un golpe na mesa por cousas mal feitas, onde se afirman que os monxes deben de vivir do traballo das súas mans e decir non  os diezmos e limosnas...

Unha característica propia da Ribeira Sacra é que moitos dos monumentos reciben o nome de mosteiro, e logo soio vemos unha igrexa, pero non sempre hai unha casa rectoral ou  restos dun pequeno mosteiro. Efectivamente ese mosteiro existiu, pero logo coas leis amortizadoras do século XIX (Madoz e Mendizábal) e o pouco cuidado e o abandono fixo ó que se pode ver, que en moitos casos non existe ou está en estado lamentable...

Sobre o románico da zona recomendo o libro  "Cuaderno del románico de la Ribeira Sacra" de Fco. José Ruiz Alderaguía,  Ediciones La Rectoral 2011, un libro moi traballado e marabilloso no texto e nos dibuxos. non ten fotografías. Dice nun dos capítulos "...que a Ribeira Sacra merece un visitante culto e asombrado ante la grandeza de lo sencillo". Pois ben,  nós pretendemos, seguro que sí,  cumplir as dúas condicións, dentro da nosa humildade...

 

O libro é de Fco. José Ruíz Alderaguía.

Na portada pon, entre outros detalles:

"Animado por descubridores varios,

canteiros de la palabra,

asombrados viajeros que anotan lo que sienten

en viejos cuadernos de bitácora a la sombra de cualquier soto".

 

Nota: por certo o dibuxo é  o ábside de San Estevo de Ribas do Sil.

O libro merqueino nunha librería no centro de Monforte. Sabía que era outra xoia, xa que me falaron moi ben del... 

 

Esta pequena chuleta pretende ser unha "dovela" posta nos nosos coñecementos...

Por certo, falando de dovelas, vou poñer algúns nomes que penso deberan saberse para sacar máis producto a estas visitas. Ver este pequeno glosario do Románico,  sacado do libro citado. Regresai pulsando flecha a esquerda ou volvendo a web de calvos-Vilasouto faise escoitar.

A nivel de internet neste link tendes moitas características con exemplos de Románico. Moi traballado.

--o--

No traballo dedicado a Igrexa de San Vicente de Pombeiro utilizo tamén un traballo moi completo sobre as Pinturas da Igrexa.

O traballo completo está recollido neste pdf.

--o--

 

salir.jpg (1925 bytes) Salir a Calvos.