.O MMuseo do ferrocarril de
  Monforte de Lemos.
 
O mellor museo do Ferrocarril de España
 

A fotografía unha máquina de vapor, a famosa "Mikado", no museo hai exemplares de máquinas dende a de vapor,  a de diésel , ata a eléctrica. Distintos modelos e todos en funcionamento.

Dice Francisco José Ruíz Aldereguía en su libro "Cuadernos del románico de la Ribeira Sacra" , escribindo sobre ó que hai que ver na Ribeira Sacra e aproveitando a visita ao entorno de Monforte e Lemos: "...injusto sería hacia Monforte si no mencionase el Museo del Ferrocarril, otra gloria del pasado donde algún nostálgico ferroviario nos contará cómo en sus tiempos aparcaban entre las estaciones, rotondas, andenes y talleres hasta cien máquinas de vapor, y enseñará con orgullo la locomotora "Mikado" que aún mantienen en servicio pata disftute de los aficionados y los amigos del ferrocarril...".

Totalmente certo, na miña opinión ir de visita a zona de Monforte e non ver este museo non ten perdón de Deus...

Maquina con motor diesel, despois de ser inspecionada polo meu neto Aldán..

Neste centro todo funciona xa que hai talleres para levar a cabo esas tarefas.

En canto ás locomotoras, poderás atopar as tres traccións históricas desde a creación do ferrocarril, dende o vapor, pasando polo diésel ata a tracción eléctrica. Entre elas podemos destacar a nosa locomotora de vapor Mikado 141F 2111, o único modelo conservado do Mikado fabricado en Inglaterra e en pleno estado de funcionamento. Non menos importantes son as nosas máquinas diésel e eléctricas máis destacadas, das series 1800 e 7700, locomotoras moi habituais do depósito de Monforte ata os anos 90, cando a gran maioría foron retiradas da circulación.

Ver este link do museo

Maqueta do intercambiador.

No intercambiador pódese entrar nun pequeno tren e ver como xira no centro, ven a máquina, ou ou outro elemento de cara a entrar en algúns dos talleres. Un invento impresionante. Este de Monforte de Lemos vale nada menos que para  18 máquinas o mesmo tempo.

Non marchedes sin ver esta pasada.

 

Para este par de avós e os seus netos é un clásico. Sempre volvemos a velo.

Na fotografía Madi, Aldán, Pili e Chicho.

Hai fotografías, neste pequeno traballo,  que o neto ten 4 anos e non tiñamos neta e hai fotografías que o neto vai por segunda vez, por exemplo esta fotografía  e xa temos neta. A neta 4 anos e o neto 8. Pero é igual os todos disfrutamos noi Museo do Ferrocarril. Os avós tamén...

Non descartamos ir unha terceira vez.

 

Volvimos no ano 2018 cos netos pero xa sabíamos máis e tamén fixemos o recorrido en pequeno tren por toda a instalación.

Un día inolvidable.

Por si fora pouco na instalación había entrado un corzo e non sabía como saír.

Toda unha aventura inolvidable.

Pasámolos todos ben menos un, opobre corzo que non sabía que facer...

O final saiu o pobriño, cantos topetazos levou contra as paredes da esquerda o querer saltar.

Veña a tomar carreira e pegar topetazos contra esa valla que se ve verde. ¡Pobriño!.

Tuvo a sorte de que logo colleu para a dereita, ver na fotografía de arriba e non viña ningún tren e sairía o monte. ¡Unha avebtura máis!.

O final todos alegres e seica o corzo tamén...

Noraboa...

Neste tren, que soio saía as 12:00 A.M. fomos ata o intercambiador.

Outra aventura.

Nas fotos a miña dona e os meus netos.

Tres persoas moi queridas polo que escribe.

A nena,  a nosa neta Madi,  tamén montou nunha pequena máquina eléctrica que había na pequena estación.

Non falta detalle neste museo.

 

Hai unha actividade imprescindible si se visita este museo que é visitar o intercambiador. Preguntar a que hora sae o tren que leva a velo, merece a pena ver esta marabilla. O tren chega ata o medio, como se ve coa locomotora negra, e logo pode entrar a calquera dos boxes, para reparar, ou o que sexa.

Volvo a poñer o intercambiador:

Esta é unha maqueta, pero existe realmente  e estuvemos vemos como funcionaba. Unha pasada.

 

Estuvemos cós nosos  netos dúas veces, no 2013 con Aldán e no 2018 con Madi e Aldán. Un museo especial, moi ben montado, con moitas cousas incribles por ver, unha visita obligada para grandes,  pequenos e amantes do ferrocarril en xeral...

Link do museo

Link de muferga

 

Imprescindible a visita a este museo. Unha auténtica marabilla.

De momento solo poño un video, dunha máqueta que hai na entrada e un link a páxina web do museo.

O mellor día de asistencia : o sábado ou o domingo.

Mirar si está aberto.

  • Dirección:

  • Teléfono: 982 418 421

  • email: muferga@muferga.es

  • web: http://www.muferga.es/

  •  

     

    Deixo aquí a dirección tomada do Google Maps.

     

    Dende Monforte:

    Esta moi indicado, si saides de Monforte hacia Lugo atentos na recta de saída que a poucos metros tendes o desvio o museo e está perfectamente indicado.

    Desde el centro de Monforte hai 1,8 km.

    Abaixo no mapa vindo de Monforte, arriba vindo de Lugo, pasando o río Cabe.

    Vindo de Lugo, pola via rápida:

    Si chegades a Monforte vindo de Lugo antes de chegar a 1 km. máis ou menos, o pasar a Mercedes e a residencia de mayores que está a esquerda, atentos que porá un desvio para llegar ao museo.

    Desde el puente del río Cabe hai 2,3 km.

     

    É moi doado chegar a este museo.

     

    Martes a viernes
    horario de mañana: 11.00 a 14.00
    horario de tarde: 16.00 a 19.00

    Sabados, domingos y festivos
    horario de mañana: 12.00 a 14.00
    horario de tarde: 17.00 a 19.00

    Lunes cerrado.
     

    Ir con calma.

    Deixo este video da entrada onde hai moitas sorpresas.

    Ver a sorpresa do meu neto.

     

    Para rematar un video marabilloso:

     

     

    Link deste video sensacional.

     

    salir.jpg (1925 bytes) Saí á Calvos.