Ese ano 2003 publicouse na revista do
centro do IES.As Lagoas de Ourense, "Gaiola Aberta" un traballo
en conmemoración do aniversario con 200 páxinas, con escritos de
profesores e alumnos con dúas partes no seu índice una
primeira I O Pásado e un II Parte O
futuro.
Na segunda parte o profesor de
Matemáticas Secundino Lorenzo e profesor en tempos da EATP de
informática, publica un traballo titulado "A Informática no
Instituto das Lagoas", traballo que poño íntegramente a
continuación.
---o---









Nota final escrita en abril de 2025
Pasaron xa 22 anos dende que escribín
este artigo sobre os nosos comenzos coa informática nun IES de
Bacherelato de Ourense, concretamente As Lagoas.
No artigo falo de que por aquela época
Alfonso Amorín e máis eu montamos a empresa Edisa S.A. en Ourense,
empresa na que o que escribe traballei dende 1983 ata o ano 2000,
en Ourense, sin deixar a profesión de profesor de matemáticas, ano no
que deixei a empresa xa con miras a miña xubilación como profesor no ano
2005.
A empresa inda hoxe existe e é unha
das empresa de software máis importantes de España, a sede principal
tena no Parque Tecnolóxico de Ourense e ten sucursais como
empresas en moitas partes de España e en México e sudamerica.
Actualmente teen máis de 200 traballadores. Está en 30 paises e o seu
software esta en 500 empresas. Ver este link coa súa
traxectoria actual.

Estos son os sectores de especialización:
Abril de 2025


Orgulloso de fundala co meu
compañeiro e amigo Alfonso Amorín Gómez, naquel ano 1983. El deixou o
IES As Lagoas e a súa profesión de Catedrático de Matemáticas no ano
1990 para dedicarse integramente o campo dos negocios.
Triunfou plenamente, pero os seus
inicios foron no IES As Lagoas e cun Video Genie con 16 K. de ram. Os
estudios fixémolos en Vigo nun master informatico dun ano e que foron a
base do resto.