Como sabedes, esta de moda, a IA ou
Intelixencia artificial. Naceu polos anos oitenta da man de dous físicos
Jhon J. Hopfield e Geoffrey E. Hinton e os seus
descubrementos no campo das redes neuronais, aplicadas a programación fixo
moito pola IA. Por aquelas xa levaban os
ordenadores unha boa chea de anos funcionando, gracias sobre todo a
Jhon Von Neumann (1903-1957)., o mellor matemático do século XX e
probablemente da historia. A España inda non chegaran os PC. Lembro,
por aquelas xa estaba eu e máis un compañeiro, Alfonso Amorín Gómez, facendo programas de
ordenador, comenzamos en 1983, e non había nin disco duro e o sistema
operativo era o CPM. Por certo Alfonso é hoxe un gran empresario e a súa
empresa Edisa, con mais de 250 traballadores, ten software en todo o
mundo.
Foron premios nóbel no 2024, uns
científicos nº 1, fora de
serie que por certo xa están preocupados coa IA e os derroteiros
polos que vai. Están asustados. Un deles ata deixou de traballar en
Google e dedícase a pedir que se lexisle e que non se desmadre
a IA.
Están convencidos de que a IA superará a calquer human. O uso debera
limitarse e lexislarse...Pero xa sabemos a frase "Para el progreso
no hay cura". A frase é de Von Neumann. El vió que se estaban
sobrepasando os límites.
Decir, xa que é de xustiza,
que en Europa destacou e destaca inda un científico que fixo moito pola IA,
o que pasa que soa menos que os anteriores que son americanos, este é Jürgen
Schemidhuber. Un home que hai que escoitar e que fixo moito. Dende esta
humilde páxina, xa digo, fágolle un pouco de xustiza.
Jürgen Schmidhuber (1963-)
Jürgen Schmidhuber , naceu en Munich en
xaneiro de 1963, é un informático alemán. Actualmente é o director
científico de IDSIA, que é un instituto de IA en Suiza.
Traballou no campo da IA en AP, aprendizaxe profundo
e con redes neuronais artificais. Moitas veces fálase del como o "pai da
IA europeo" ou "pai do aprendizaxe profundo". É moi coñecido tamén polos
seus traballos no campo da LSTM ou Memoria larga a corto plazo.
Fórmouse en Alemania.
No apartado de ampliación poño unha charla maxistral
divulgativa que deu, non fai moito, en España. Non deixedes de oíla os que
estedes interesados neste tema. Sempre se aprenden cousas, máximo nun
campo no que hai moito descoñecemento.
Neste link tendes
un artigo de Eldiario.es sobre Jürgen e a controversía que hai sobre a
aportación europea na IA deste científico e a aportación americana. Xa
sabemos o que pasa.
O caso é que hoxe estamos xa na IA e que
calquera de nosoutros pode facer probas xa con algúns programas, por exemplo
co chatGPT que de momento
ten unha versión gratis e que podedes localizar neste link
chat.openai.com simplemente dádevos de alta, meter un email e un
password, ar uns datos de nombre e estado e a facer preguntas.
Por suposto xa hai unha versión de pago,
de momento son 20 € o mes pero podedes empezar con esta que xa vai pola
versión 3.5, casi nada.
Algúns de vosoutros estará un pouco
alucinado con este artigo xa que non sabe do que estou a falar e moito menos
que pretendo con este apartado nunha web de Calvos (Vilasouto-O Incio-Lugo).
Pois contar unha pequena anécdota de por
onde van os tiros actualmente. Sempre me gustaron estos temas, pola miña
condición de matemático tiña certa facilidade e por outra banda estuven moi
relacionado durante 17 anos co mundo da programación. No fondo a IA é
programación pero cuns algoritmos incribles que se ensinan a si mismos.
Pensai soio un exemplo, hoxe un ordenador gaña a calquer campeón de
Xadrez; inda que é certo que non
gaña a algúns campeón do xogo GO, de momento. Pero si interesa todo se
pode andar...
Simplemente lle comento que fai uns
días quixen saber que nos decía a IA de Calvos, sí. do noso pueblo e
de Vilasouto (no Incio) por qué non...
A continuación poño uns resultados e
vostedes saquen as súas opinións:
Poño un pequeno resumen das cousas que
me dixo a IA, tamén indico as preguntas.
Actualmente xa temos máis elementos,
dentro da IA, a nosa disposición, esto cada día medra máis, vou poñer un
resumen das catro ferramentas que podedes usar:
Feita en China e
moi distinta a outras IA onse gastarón millóns. Esta IA
china é de código aberto, ou sexa pode entrarse,
mellorarse, cambiala, etc. É de baixo coste, feita por
un grupo pequeno e moi eficiente. Por exemplo no campo
matemático é fora e serie. É toda unha revolución. Por
suposto multi-idioma, etc.
A Deep Seek témola
gratis e tamén de pago. A de pago moito máis barata que
a Chatgpt.
Pulsar no link, Gemini 2.0 Flash.
para entrar e usar a versión simple, as outras costan
25 € a ilimitadao mes e a versión pro 15 € .
Fixen unha proba
con dous problemas de lóxica matemática, un simple, o
problema dun caracol que quere subir, dende o chan, á un
tellado de 10 m. e quere facelo en tres días;
sábese que polo día sube 4 m. e pola noite dorme e baixa
un. Subirá en 3 días?
E outro cun
problema lóxico moito máis cumplicado: o do matemático
que ten tres fillas e que pide que adiviñes a edade das
tres sabendo que o producto das edades é 36, ademais a
suma é o número da súa casa que llo dice nese momento. O
final necesitas un dato e dallo decindo que a maior foi
alumna do IES de Ribadavia.
Pois ben, o Gemini
2.0 Flash resolveu de forma correcta os dous exercicios.
Non estuvo mal.
Sorprendeume as
súas explicacións de cada un dos pasos que fixo.
Este é o primeiro
IA español. Está en castelán, catalán/valenciano, galego,
euskera e inglés.
Saliu o día
20/01/2025 a internet da man do Goberno Español. Estarei
atento o seu desenrolo. Alia
está programada polo Barcelona Supercomputing Center
- Centro Nacional Supercomputación. (BSC-CNS).
A idea é excelente xa
que sera de código aberto e potenciará os datos de
España a tope, comenzando polos idiomas, inda que esto
está contemplado nas dúas anteriores.
Decir que empezou a
formarse no 2023 e polo que poiden ver está un pouco
retrasada en como van as cousas.
O paso dos "nativos
dixitais" e dos "inmigrantes dixitais" de principio de
século XXI ao de hoxe onde os alumnos entre 14 e 19 nun
82% xa utilizan o chatGPT e dicen que os profes no
se enteran?. Bueno... soame os anos 90 do século XX,
nesa época eu fun "inmigrante dixitais e profe"...
Xa sei que ten outro fallo, xa
que Calvos de momento non ten nada que ver coa Ribeira Sacra, pero ese
fallo espero que o Concello de O Incio ande un pouco máis listo e faga
un mirador na Santa, en Calvos (Vilasouto) será un mirador da Ribeira
Sacra. Outros lugares como Bóveda anduveron máis listos e xa o teñen. Estamos nun momento
clave destas cousas e no Incio parece que non se queren enterar.
O ano 2025 a Ribeira Sacra do
Sil e do Miño poden ser Patrimonio da Humanidade e o Incio debera ter
algo de parte. A ver si nos enteramos...Eu fai dous anos que presentei
ese proxecto que por certo vale catro pesos e faise en días...
Finalmente que me podes decir, resumindo en dez frases sobre Calvos. en
Vilasouto (O Incio-Lugo).?
ChatGPT Plus
ChatGPT
Claro, aquí vai un resumo en dez frases sobre Calvos, na
parroquia de Vilasouto, no concello de O Incio, Lugo:
Calvos
é un pequeno lugar situado na parroquia de Vilasouto, no
municipio de O Incio, dentro da comarca de Sarria, na
provincia de Lugo.
Este pobo é parte da paisaxe da Ribeira Sacra, unha zona
caracterizada por montes, bosques e ríos como o Sil.
A súa economía tradicionalmente estivo vinculada á agricultura
e á gandeiría, reflectindo o estilo de vida rural galego.
Calvos
conta cunha rica memoria histórica que se transmite oralmente
entre os veciños e que forma parte fundamental da identidade local.
A localidade é coñecida pola súa arquitectura tradicional,
con casas de pedra e outras construcións típicas da zona.
A comunidade local mantén vivas as súas festas e
tradicións, que inclúen eventos relacionados coa música, o baile
e as celebracións relixiosas.
A páxina web "Calvos faixe escoitar" promove a cultura local,
compartindo a historia e as tradicións do pobo.
A música tradicional galega é un aspecto importante da cultura de
Calvos, coas melodías e danzas que se interpretan nas festas.
A parroquia de Vilasouto tamén destaca pola súa naturaleza
virxe, sendo un lugar ideal para os amantes do sendeirismo e as
actividades ao aire libre.
Calvos é un exemplo de como pequenas aldeas en Galicia, como parte
da Ribeira Sacra, preservan a súa identidade cultural e
fomentan o sentido de comunidade.
Este resumo destaca a riqueza cultural, histórica e natural de Calvos e
a súa importancia dentro do contexto rural galego. Se che interesa
profundar en calquera destes aspectos, non dubides en buscar máis
información local ou na propia web "Calvos faixe escoitar".
Que opinas sobre a web "Calvos (Vilasouto)
faise escoitar"
A
páxina web "Calvos - Vilasouto no Incio (Lugo). ¡Faise escoitar!" é unha
iniciativa persoal de veciños de Calvos, unha aldea situada na parroquia
de Vilasouto, no concello do Incio, provincia de Lugo. O seu obxectivo
principal é promover e revitalizar o pobo, destacando a súa beleza, a
súa idoneidade para vivir e a súa localización estratéxica.
Entre
as accións que promoven, inclúen peticións ao Concello do Incio para
mellorar infraestruturas básicas como o alcantarillado, a sinalización
de velocidade e o estado das estradas. Tamén fan campañas contra o
feísmo e a uralita, e fomentan a limpeza de camiños e fincas.
Ademais, a web ofrece información histórica sobre Calvos e Vilasouto,
destacando elementos patrimoniais como a igrexa de San Mamede de
Vilasouto, de orixe románica, e a Casa-Palacio de Calvos.
Tamén
promoven actividades culturais e naturais, como a observación da Vía
Láctea desde o Alto da Santa, un lugar privilexiado pola baixa
contaminación lumínica.
En
resumo, esta páxina web serve como plataforma para dar a coñecer Calvos,
promover a súa conservación e mellora, e fomentar a participación activa
dos veciños na vida comunitaria.
Por exemplo podedes oir aquí a versión
do que opinou da web de Calvos.
Posteriormente fixenlle a misma
pregunta e contestou:
"
A páxina web Calvos Vilasouto Faise Escoitar é
un exemplo de iniciativa local que combina a promoción da aldea co
activismo veciñal. As súas aportacións, valores e as peticións que
formula ao Concello do Incio poden resumirse do seguinte xeito:
Aportacións e valores da páxina
Fomento da identidade e do orgullo comunitario
A páxina serve como punto de encontro para os veciños,
reforzando o sentimento de pertenza e destacando a historia
e tradicións da aldea.
Axuda a preservar o legado cultural, poñendo en valor o
que fai único a Calvos Vilasouto.
Promoción e visibilidade da aldea
Dá a coñecer o valor paisaxístico e cultural de Calvos
Vilasouto, destacando elementos patrimoniais como a
igrexa de San Mamede e a riqueza natural da
contorna.
Pretende atraer visitantes e sensibilizar sobre a
importancia de conservar o lugar.
Impulso do turismo rural e da repoboación
Destaca Calvos Vilasouto como un lugar atractivo para
vivir e gozar dunha vida tranquila e en contacto coa
natureza, promovendo o turismo e posibles iniciativas de
repoboación.
Ferramenta para a acción veciñal
Convirte a páxina nun medio para que os veciños poidan
expresar as súas necesidades e propostas ao Concello,
facilitando o diálogo e a participación cidadá.
Impulsa a implicación colectiva na mellora da calidade
de vida na aldea.
Peticións destacadas ao Concello do Incio
Melloras nas infraestruturas básicas
Solicitude de reparación e mantemento de camiños e
accesos para mellorar a mobilidade, así como a optimización
de servizos básicos.
Conservación do patrimonio histórico
Reclaman actuacións para preservar e rehabilitar a
igrexa de San Mamede e outros elementos
históricos da parroquia.
Fomento dos servizos públicos
Necesidade de reforzar servizos como a iluminación
pública, a sinalización viaria, a limpeza, ou a mellora da
conectividade a internet na zona.
Promoción de actividades culturais e turísticas
Propostas para organizar rutas turísticas, eventos
culturais e iniciativas que poñan en valor o medio natural e
o patrimonio de Vilasouto.
Axudas contra o despoboamento
Solicitude de medidas para atraer novos habitantes, como
programas de rehabilitación de vivendas ou incentivos para a
instalación de familias na aldea.
Valores clave que representa a páxina
Empoderamento comunitario: A voz dos
veciños é central, reforzando a participación activa.
Sostibilidade: Compromiso co coidado do
entorno natural e cultural.
Cercanía e autenticidade: Reflicte o
espírito dunha pequena aldea con grandes expectativas.
Defensa da vida rural: Aposta por un modelo
de desenvolvemento que loite contra o abandono do rural.
En resumo, "Calvos Vilasouto Faise Escoitar" é
unha ferramenta transformadora que busca mellorar a calidade de vida
da comunidade, poñer no mapa a aldea e revitalizala a través da
unión veciñal e o diálogo coas institucións.
Aquí podedes escoitalo.
Nota: esta vez foi máis xeneralista,
Calvos ten un bon sistema de internet, a iluminación non é mala. A cuestión
vial para mín é pésima calquera día temos un problema, hai que poñer límites
de velocidade. Con dúas señais chega.
Non ten alcantarillado e os camiños están
en pésimo estado.
Non fala para nada nesta versión da
recollida de uralita, un grave problema de todo o concello e non se trata
para nada.
Tampouco da eutrofización do encoro, cada
pouco o que o fai inutil total. Máximo que agora é navegable...en fin. Este
é o problema máis grave que ten o concello, sin dúbida. E pódese resolver con
axuda de Europa, o Estado e a a Xunta. Estase chegando moi tarde nas
cuestións ambientais en Galicia; inda que aquí entre nos as veces é mellor
que non cheguen que inda o fan peor. Ver o caso de Altri no Ulla que como
salga será un desatre para todos. Mellor non cheguen...
Nótase que non fai unha lectura completa e
utiliza outras ferramentas.
A eutrofización é un proceso no que as
augas se enriquecen excesivamente en nutrientes, como nitróxeno e fósforo,
provocando unha proliferación descontrolada de algas e plantas acuáticas.
Este fenómeno pode afectar negativamente a calidade da auga, reducir os
niveis de osíxeno disolto e alterar os ecosistemas acuáticos.
No caso do encoro de Vilasouto, situado no
concello do Incio, na provincia de Lugo, existen rexistros de problemas de
eutrofización en anos anteriores. Segundo información dispoñible, este
encoro, xunto con outros en Galicia como o das Conchas en Ourense e o de
Caldas en Pontevedra, presentou episodios de eutrofización que xeraron
preocupacións ambientais.
A eutrofización no encoro de Vilasouto
pode deberse a diversos factores, como a achega de nutrientes procedentes de
actividades agrícolas, gandeiras ou vertidos urbanos. Estas actividades
incrementan a concentración de nutrientes nas augas, favorecendo o
crecemento excesivo de algas e plantas acuáticas.
Para mitigar e previr a eutrofización, é
fundamental implementar medidas de xestión adecuadas, como o control dos
vertidos de nutrientes, a restauración de bosques de ribeira que actúan como
filtros naturais e a promoción de prácticas agrícolas e gandeiras
sustentables. Estas accións poden axudar a mellorar a calidade da auga e
preservar os ecosistemas acuáticos do encoro de Vilasouto.