A estrada que vai dende Noceda a Vilasouto
pasando por Calvos. estaba penosa. E
sigue penosa.
Menos o tramo Vilasouto-Fonte da
Bica.
A da Serra que vai de Rubián a Calvos
impresentable.

Fixeron, antes das eleccións, o tramo
Vilasouto ata a Fonte da Bica en Calvos, ó que está
marcado de bermello.
Tamén os pequenos ramais de A Nogueira (non
previsto), O Palacio,
O Codesal, en Calvos e o Barreal (previsto pero nono fixeron) en Vilasouto .

Esta estrada que ven, estaba de pena.
As señais é unha petición do que escribe de fai tres anos polo menos. Non
fan nin caso no concello, descoñezo as razóns... Os coches e motos pasan a velocidades de rally e calquera
día podemos ter un gran disgusto. Non entendo como non fan caso. Esta
estrada está tendo moita circulación e máis que terá no futuro... Evidentemente esta zona está en
alza total por Vilasouto e o encoro que este ano se fixo navegable sin
motor.

Fotografía Secundino Lorenzo. Agosto 2023.
Aquí xusto quedou o asfaltado, eu diría, é fácil
velo, que rematou na fonte, seica foi tanto a calidade que meteron ata
este punto que non chegou para seguir...Esto seica foi ó que se dixo...
Si algún día se fai que empecen na
fonte da Bica xa que estos metros que meteron non teñen o grosor
reglamentario e unha capiña moi fina de asfalto para saír do paso, fora
do presupuestado evidentemente.
Queda pendente polo tanto o tramo
entre A Fonte da Bica e o final do pueblo. O asfaltado plantárono neste
lugar precisamente. Resulta dificil de entender,..
Si vedes o proxecto con calma,
tendes dous mapas do proxecto que explican o que pasou nada máis velos, veredes que hai
tres errores que a día de hoxe xa deberan estar resoltos.
Observamos que non se cumpliu o
presupuestado como podedes comprobar directamente consultando o proxecto
completo. Quedaron 150 m ao final e os 80 m. do
ramal do Barreal...

Os datos da contrata do traballo téndelos neste link.
A partida estaba pagada polo
Goberno de España, e quedou contratada, gañou o contrato, a
empresa Sunne Galicia S.L. en 78.650 euros para facer os tramos de Goó ,
Martín, Calvos e Vilasouto. Tiñan tres meses para facelo e foi cerrada a
operación o 03/08/2022. Debera estar feita en decembro de 2022.Concello
de O Incio puxo un
O Concello de O Incio puxo unha
parte moi pequena.
Neste documento está todo o
proxecto dos tramos feitos tanto en Goó, Martín, Clvos e Vilasouto,
medidas, precios, tipo de materiais de composición exacta de asfaltado,
lugares a facer en ramais, etc. Si queredes inspecionar o presupuesto
pulsar neste links, ao final tendes mapas dos traballos a facer, etc.
Ver este PDF.
Neste proxecto de cento e pico
páxinas, exactamente 137, boto de menos o mapa exacto do que
había que facer en Vilasouto, cousa que está clarísima nos outros casos. O final non se sabe si a estrada vai ata Noceda ou remata
xusto ó final de Calvos. Aparte descoñecemos por qué non se fixeron os 80
m. do Barreal cun ancho de 3 m.
Esto habería que explicalo e non a nosoutros sinon tamén os de Vilasouto.

Por exemplo este é un dos mapas de traballo, hai
outros no PDF. Neste caso marca os ramais que había que facer coas
medidas exactas en Calvos. Estos si se fixeron, pero a maiores fíxose o
de A Nogueira que non estaba previsto.
Esta claro no proxecto o error que hai nos ramais.
As coordenadas utm non teñen dúbidas, así como o ancho dos ramais. O
rego asfáltico e a súa calidade están noutro apartado do PDF ademais
perfectamente definido.

Este era o outro ramal que non se fixo, neste caso en
Vilasouto 80 metros, no Barreal, en Vilasouto, cun ancho de 3m.
Seguiremos atentos ao remate do asfaltado desta
estrada.

Así quedou o arranxo da estrada de Vilasouto a
Calvos.
Tiñan que dar un cursiño para entendelo.
Escrito feito o 20 agosto de 2023.
NOTA FINAL: dende esta páxina web
reivindicamos que as estradas que nos afectan estén en condicións, hoxe
agosto de 2023 a subida da serra dende Rubián ata Calvos, e dende Noceda
ata Calvos está penosa. Sexa de quen sexa a culpa, esto hai que
solucionalo XA. Son estradas, sobre todo á que sube a serra, con
moitísima circulación, ademais con camións moi cargados, por esa estrada
baixa toda a madeira que se corta na zona e ten uns baches
impresentables. Que si o
Concello de Bóveda, que si o concello de O Incio, que si a Diputación de Lugo. Hai que
arranxalas XA. Cada un que faga o seu...Así non teremos futuro.
Así non teremos futuro.
¡¡¡Hai que poñerse as pilas, os concellos e a
Diputación de Lugo!!!.