Pois poidera ser...Algún
día saberemos o final desta historia...
O día 17 de maio de 2016
caeu un bólido, de materia cósmica, entre Arbo e Crecente, polo menos así
ó
determina a traxectoria calculada por investigadores do
Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade
de Santiago. As súas conclusións están basadas en que na
tarde do día 17 de maio de 2016 varios testigos, do Baixo
Miño, afirmaron que viran un bólido, e tamén oíron ruídos,
e que os restos é moi probable que caeran nas localidades de
Arbo e As Neves.
Tamén indican que, da investigación
que levaron a cabo, o bólido desplazouse dende unha
altura de 95 km. ata unha de 26 km o longo da fronteira
entre España e Porugal e durante tres segundos. Así aparece
nun estudio presentado recentemente en Texas na "48 th
lunar an Palnetary Science Conference", investigación
levada a cabo polos investigadores José Ángel Docobo, Pedro
Pablo Campo, Josep María Trigo-Rodríguez y José María
Madiedo. O parecer existe unha fotografía, sacada por un
veciño da zona, da explosión final do bólido.

Fotografia sacada polo veciño da
zona.
Os bólidos prodúcense cando pedras
cósmicas de certo tamaño (meteoroides) que están describindo
órbitas en torno ao Sol penetran na nosa atmosfera. Debido á
gran velocidade coa que o fan e ao rozamento coas capas
baixas da atmosfera dan lugar ao fenómeno luminoso
observado, pero só cando o brillo que producen é superior ao
do planeta Venus (magnitude -4) reciben o nome de
bólidos; se non, son simplemente meteoros.
Esta é a referencia que
fai a Voz de Galicia:
Links da Voz de Galicia

Outras Referencias do evento: