¡¡BASTA XA!! Basta xa de tanta barbarie coa nosa natureza : encoro do Umia ( sin razón....), centos de minicentrais que desfán os mellores ríos que temos, 24 grandes encoros previstos nun plan hidrolóxico que máis ben semella un plan de Fenosa, Iberdrola e Endesa para cubrir de mortos a nosa incrible Galicia. Basta xa de meter parques eólicos nas nosas mellores serras e os nosos mellores montes. Non quedan ben, esnafran a nosa terra, son horribles, esquilman a nosa fauna, moitos non teñen sentido, as empresas privadas ben o ouro galego, a Xunta a deixar facer...a Consellería de Medio ambiente non existe..o caos...eso é o Medio Ambiente Galego hoxe, en marzo do 2001. Basta xa de non mirar pola nosa natureza. Basta xa da especulación pura e simple, basta xa de encher os bolsillos sin máis, por que sí, todo é legal ata a maior aberración, todo rodeado dunha palabrería engañosa: desarrollo sostenible, enerxía limpa, renovable, productora de postos de traballo, toda unha parafernalia engañosa e falsa... Uns panfletos de impactos ambientais infames e impresentables, eu diría de Xuzgado de Garda...(hai un en Ourense, parque eólico na Ribeira Sacra, que dí o estudio de impacto, que os aeroxeneradores non se ven dende a colexiata de Xunqueira...os galegos somos parvos, tontos e moito máis...A xente pasa......Moitas empresas, cheas de ex-Conselleiros, políticos, etc. están a facer o agosto......a cambio da nosa natureza....¡ non hai direito!!!. ¡¡¡ Non podemos permitir cunha mafia, xa que son mafiosos auténticos...desfagan a nosa natureza...!!. Temos que denunciar. Basta xa !. Temos a mellor terra posible, temos os mellores ríos, algúns xa irrecuperables, temos os mellores montes ( algúns cheos de aspas ruidosas, feas, impresentables, innecesarias,. pidamos os nosos gobernantes que nona deixen estropear por catro cadelas. ¡ Por una Galicia viva ! Basta. Xa está ben. Este é o meu tributo fotográfico a unha Galicia da que estou enamorado e que uns cantos "políticos incompetentes que soio miran o seu bolsillo " están deixando estragar. Progreso sí pero destrozo non. O progreso e totalmente compatible coa natureza, pero non como se está a facer en Galicia, estamos gobernados por xente sin demasiados escrúpulos, e así vamos mal, muy mal... |