| |
Neste anexo danse definicións sobre como deben ser as escalas para peixes, cunha serie de datos técnicos dignas dunha tesis doctoral de inxeniería.
![]() |
Escala de Ponte Bora no río Lérez en
Pontevedra. As escalas na Provincia de Ourense non se coñecen. Esperemos que Medio Ambiente, nova Consellería da Xunta se preocupe un pouco máis, inda que teño as miñas dúbidas. ( A foto está escaneada na portada do libriño editado pola Xunta de Galicia sobre o regulamento da Pesca Fluvial). |
Nota : reproduzco integramente o texto xa que é moi interesante.
Definicións e conceptos básicos.
Os dispositivos de franqueo de artesas ou depósitos sucesivos constan dunha serie de vasos intercomunicados por vertedeiros, cos que se trata de subdividi-lo salto total en saltos máis pequenos, salvables polos peixes, con zonas intermedias de descanso. O primeiro vaso ou artesa atópase a nevel do río augas abaixo da presa e o último na cota do encoro.
O dispositivo de franqueo debe permiti-lo paso dun número razonable de individuos das distintas clases de idade da poboación e non só dos máis fortes e resistentes.
Ademais, debe procurarse que o retraso na migración sexa o menor posible, mesmo tendo en consideración o posible cansancio acumulado polo franqueo doutras obras situadas augas abaixo.
A situación das entradas debe ser tal que sexan facilmente atopadas polos peixes, polo que o dispositivo se situará na parte máis augas arriba do pé da presa ou naquelas zonas onde a corrente é maior e polo tanto tamén o é a chamada. A saída augas arriba debe ser fácil e ràpida e en ningún caso desembocará na canle de derivación ou nas inmediacións desta, sendo preceptiva unha situación o máis afastada posible da boca de toma de canle, preferentemente na marxe contraria.
Velocidades.
É indispensable crear velocidades elevadas na entrada do paso situada augas abaixo, tendo en consideración a especie ou especies piscícolas que van utilizalo.
Pódese adoptar como velocidade mínima na citada entrada a de 1m/s; a velocidade óptima para salmónidos vén sendo de arredor de 2 m/s a 2,4 m/s, o que corresponde a un salto de 0,2 a 0,3 m. na entrada. En calquera caso débese evita-la aparición dun resalto hidráulico e débese prever unha fosa ó pé da escala cunha profundidade mínima de 1 m e unha superficie de 3 m2, cunha relación lonxitude/anchura maior ou igual a 2, de xeito que os peixes poidan repousar sen dificultade ata que decidan toma-lo paso, tendo en consideración a posible acumulación de peixes.
Caudal.
O caudal que circula polo dispositivo de franqueo debe ser proporcional ó que circula polo feito do río; de xeito xeral de arredor do 1 o 5% deste. Sen embargo a chamada do paso será tanto mellor canto maior sexa a porcentaxe de caudal que circule por el. A situación no paso tamén condiciona o caudal, e deberá ser maior cando peor sexa a situación do paso da obra.
Caudal de incremento da chamada.
Posto que canto meirande é o caudal, meirande será o dispositivo de franqueo, co censecuente incremento dos custos, pode engadirse na base da escala un dispositivo de inxección de caudal que aumente a chamada; deste xeito, pode diminuirse o caudal que circula pola escala propiamente dita. Este caudal adicional debe ser inxectado a baiza presión no tramo inferior do paso ou mesmo no primeiro vaso; pódese inxectar lateralmente ou polo fondo, sendo preferible a primeira opción para facilita-la conservación das preceptivas reixas que eviten a entrada de peixes neste segundo dispositivo, onde quedarian atrapados. Estas reixas deberán ter unha separación entre platinas de 3 cm. para salmóns e de 2 cm. para troitas. A velocidade da auga inxectada debe ser suficentemente débil, menos de 03 a 0,4 m/s, e deberase contar dun depósito que asegure unha disipación de enerxía sufiente e un repartimento o máis homoxéneo posible da auga de achega. As dimensións deste depósito serán tales que se consiga unha disipación por unidade de volumen de 1000 a 1500 w/m3, tal e como máis adiante se detalla para o deseño dos vasos.
Desnivel entre vasos.
O paso dos migradores será tanto máis fácil canto menor sexa a diferencia de nivel entre os depósitos; débense ter en consideración as distintas especies existentes e os desniveis máximos e óptimos para cada unha de elas. Deste xeito, o desnivel será de 0,3 a 0,4 m para o salmón, de 0,3 m para a troita e de 0,15 a 0,25 para os ciprínidos. Tomarase como desnivel de deseño o correspondente á especie menos capacitada para o salto que se quere franquee o dispositivo.
Dimensións dos depósitos vasos ou artesas.
A dificultade de paos dos migradores aunmenta coa turbulencia e a aireación dos depósitos. Un indicador do nivel de turbulencia nos depósitos é a potencia disipada por unidad de volumen. Este criterio permite determina-lo volumen mínimo dun depósito se se fixan o salto e o caudal ou, pola contra, o caudal debe pasar se o salto e o volumen do depósito estén fixados. A potencia disipada obtense da expresión P= (a.g.Q.h)/V . Sendo P a potencia disipada en w/m3 , a o peso específico de auga ( 1000 kg/m3) , g a acelación debida a gravidade ( 9,81 m/s2), Q o caudal en m3/s , h o desnivel entre depósitos en m e V o volumen do vaso en m3.
Nos pasos de salmónidos tomarase como límite 200 w/m3 no caso de especies con menor capacidade de natación a potencia disipada non poderá exceder de 150 w/m3.
A lonxitude dos depósitos será como mínimo igual ou maior ca 3 veces a lonxitude de meirande peixe que poida pasar. Na práctica, a meirande parte dos pasos para grandes migradoress adoptan lonxitudes comprendidas entre 2,5 e 3,5 m.
A profundidade dos depósitos será como mínimo de 1 m para os grandes salmónidos o de 0,6 m para as troitas.
A anchura mínima dos vertedeiros entre vasos será de 0,3 a 0.4 m para os grandes salmónidos e de 0,2 m para as troitas.
Protección das obras de salto.
Pódese protexe-la saída augas arriba para evita-la entrada de troncos ou obxectos boiantes. Para isto, podese xira-la citada saída 90º con respecto ó eixe do río ou instalar reixas grosas ( separación entre platinas de 25 a 30 cm ) ou pantallas de mampostería ou formigón. A situación destas reixas e a súa sección serán tales que a velocidade da auga sexa inferior a 0,3 ou 0,4 m/s co fin de evita-lo seu ateigamento demasiado ráoida polos obxectos boiantes.
Cambios de dirección.
No caso de ser necesario varia-la dirección da escala, o cambio farase nun depósito de descanso de maiores dimensións cós depósitos normais. Eliminaranse os ángulos redondeando as esquinas exteriores deste depósito.
Axuste dun paso de artesas ou depósitos.
O axuste consiste na determinación do número de depósitos e na elección do xeito de comunicación entre eles; todo isto en función da especie ou especies que deben franquealo, da altura do obstáculo, do caudal e do espacio disponible.
1) Determínase o desnivel máximo entre depósitos.
2) Calcúlase o número de saltos (N) e ode depósitos (n-1).
3) Fíxase o caudal de paso.
4) Dimensiónase os depósitos en función da potencia disipada máxima disponible.
5) Dimensiónase os vertedeiros.
6) Estúdiase a localización do dispositivo de franqueo.
7) Estúdiase ae dimensiónase, de se-lo caso, o dispositivo de incremento de chamada.
8) No caso de ter que reprega-la escala, preverae que nos cambios de dirección ( viraxe a 180º por exemplo) se sitúe un depósito intermedio. Os ángulos rectos serán eliminados redondeando as esquinas.
9) Comprobarase o funcionamento do paso con augas altas e baixas, limitando, se é preciso, o caudal que entra na escala.
10) Estudiarase a necesidade de colocar elementos de proteccion contra avenidas, de xeito que non se obture o paso.